Chabas, Paul
Chabas, Paul
Pintor francés. A súa obra, dun grande erotismo, centrouse en escenas de lagos crepusculares onde se bañan mozos. Dos seus cadros destacan Crepúsculo (1905), Primeiro baño (1907), O espírito das augas (1923) e os retratos de Robert Mitchell (1893) e Daniel Lesner (1896). A partir de 1890 expuxo no Salon da Société d’Artistes Français e no 1900 obtivo unha Medalla de Ouro. En 1921 foi elixido membro do Institut de France, e entre 1925 e 1935 foi presidente da Société d’Artistes Français.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Nantes -
Deceso
Lugar : París