"CIT" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 410.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro borgoñón, onde naceu a orde do Císter, situado preto de Dijon, na diocese de Chalon-sur-Saône. Creouno Roberto, abade de Molesme, como reacción contra a riqueza, o luxo social e a complicación da vida e da liturxia de Cluny. Xuridicamente, fundouse o 21 de marzo de 1098; pero, despois de edificada a primeira igrexa en 1099, os monxes comezaron a colonizar os bosques e os ermos, que foran unha doazón de Rainald de Beaune. O mosteiro efectuou vinte e oito fundacións directas, tres delas na Península Ibérica. As catro primeiras ocuparon un lugar privilexiado: La Ferté (1113), Pontigny (1114), Clairvaux (1115) e Morimond (1115). Realizada a poxa da abadía en 1791 e morto o derradeiro abade, F. Trouvé (1797), restaurárona a finais do s XIX os cistercienses da estreita observancia ou trapenses.
-
ILLAS
Illa do Mar Mediterráneo, en Grecia, pertencente ao nomós da Ática, ao S do Peloponeso (262 km2; 3.469 h [1981]). A súa economía baséase na agricultura, principalmente no cultivo de viña e oliveiras. Os núcleos de poboación máis importantes son Citera e Pótamos. Politicamente, foi un punto estratéxico e serviu de ponte na expansión dos cretenses cara a Laconia e de avanzada na expansión doria. Adquirida polos fenicios no s X a C, someteuna Esparta e permaneceu no seu poder dende mediados do s VII ata o s V a C, cando a conquistou o ateniense Nicias no 424 a C. Nesta illa construíuse un gran santuario en honor da deusa Afrodita, pois, segundo a mitoloxía, naceu nas súas augas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na banda máis próxima, en contraposición co que está na banda máis afastada ou ulterior. Os romanos empregaron esta palabra para delimitar áreas xeográficas; deste xeito, deron a denominación de citerior á Galia Cisalpina e á Hispania situada ao leste do Ebro. Ex: As lexións romanas avanzaban con paso firme polos camiños poeirentos da Hispania Citerior.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que editou a multinacional Citroën en 1979. Subtitulábase “Periódico de información del persoal de Citroën”. Incluía as seccións “Anuncios breves” e “Suxerencias”. Ilustrada en cor, informaba sobre temas relacionados coa empresa e cos intereses dos traballadores: actos, novidades, servicios, novos coches, vendas, concursos de debuxo e deportes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria norteamericana, propiedade no 100% de Citicorp. Fundada en 1812 por Samuel Osgood, recibiu o nome de City Bank of New York. Despois de diversas reestruturacións adoptou a denominación de First National City Bank of New York. En 1969 tomou o nome de First National City Corporation e en 1976 o de Citibank NA. En 1979 instalouse en España e en 1983 adquiriu o Banco de Levante que reconverteu en Citibank España.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nucleótido formado pola unión dunha molécula de citidina cun grupo fosfato mediante enlaces de alta enerxía na posición 5’ da ribosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nucleósido constituído por citosina e ribosa. A forma máis frecuente en que se atopa no organismo é en combinación con grupos fosfato, formando parte dos ácidos nucleicos. Así, hai monofosfato de citidina (CMP), difosfato de citidina (CDP) e trifosfato de citidina (CTP), que conteñen un, dous e tres fosfatos, respectivamente, unidos por enlaces de alta enerxía na posición 5’ da ribosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
codeso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica norteamericana realizada en 1941. Foi dirixida por Orson Welles e interpretada polo propio Welles, Joseph Cotten, Dorothy Comingors e Everet Sloane. A película desenvólvese arredor dunha palabra que pronuncia o protagonista do filme antes de morrer: Rosebud. Un xornalista intentará resolver o misterio deste termo investigando na vida deste magnate da comunicación. Nesta película xógase con recursos técnicos como o flash-back, o plano secuencia e distintas formas narrativas procedentes da literatura moderna.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega nos procesos de composición co significado de ‘célula’. Ex: citocinese, citoplasma. OBS: Tamén se emprega como sufixo coa forma -cito. Ex: leucocito, trombocito.
-
GALICIA
Entallador. En 1798 reedificou a capela maior de Santa María de Bascuas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de separación e segmentación do citoplasma que ten lugar na última fase da mitose.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á citocinese.
-
-
Heteroproteido presente en todos os organismos aerobios, que posúe un grupo prostético porfirínico con ferro e que é susceptible de intervir en sistemas redox mediante as variacións reversibles do estado de oxidación deste ión metálico. Actúa fisioloxicamente en procesos de oxidación-redución que teñen lugar no interior da célula. A concentración de citocromo nas células, onde se acumulan basicamente nas mitocondrias, está relacionada coa súa actividade respiratoria. Hai tres tipos de citocromos: o citocromo a, o citocromo b e o citocromo c, que se diferencian polos substituíntes do grupo hemo. Serven para o transporte de electróns nas cadeas respiratorias e a súa enerxía emprégase para a síntese de compostos de elevada enerxía de enlace, como o ATP.
-
Enzima hemoproteínico que, no último elo da cadea respiratoria, fai de ponte na transferencia de electróns dende os citocromos c ata o osíxeno molecular.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diagnose baseada no estudo das diversas formas celulares normais e patolóxicas atopadas nun líquido orgánico, nunha lesión, etc.
-
-
Relativo ou pertencente á citodiagnose.
-
Determinación dunha enfermidade por medio do estudio celular dun tecido, dunha secreción ou doutra mostra orgánica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
División do protoplasto que ten lugar, polo xeral, despois da división do núcleo celular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rede de fibras, formadas por microtúbulos (25 nm de diámetro), filamentos de actina (8 nm de diámetro) e filamentos intermediarios (10 nm de diámetro), que se atopan nas células e que proporcionan soporte para os orgánulos e estrutura para a membrana celular. Ao mesmo tempo, facilita o movemento celular.
-
-
Relativo ou pertencente ás citofagáceas.
-
Bacteria da familia das citofagáceas.
-
Familia de bacterias mixobacteriais, integrada por bacterias baciliformes máis ou menos en forma de punta, escorregadizas, Gram-negativas, que non producen corpos frutíferos nin quistes. Son organismos especializados na descomposición de polisacáridos complexos como a celulosa ou a quitina. Viven en ambientes ricos en materia orgánica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento medieval da familia do laúde, moi semellante á mandolina, de catro ou cinco cordas que se puntean con plectro.