"COE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 127.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión da resistencia ao desgaste dos áridos, manifestado pola perda de peso (en porcentaxe sobre o peso inicial) que sofren os fragmentos de pedra debido ao choque que se produce entre eles e as paredes do recipiente de ensaio.
-
PERSOEIRO
Escultor. Axudou a Delau na realización en París de Triomphe de la République (O triunfo da República, 1879-1899). Entre as súas obras destacan as figuras da fachada do Victoria and Albert Museum (1908) e o bronce de Sir Joshua Reynolds para a Royal Academy (1931). Foi membro da Royal Academy dende 1913.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Principio polo que as empresas deben fusionar os beneficios da súa produtividade coa minimización dos refugallos e a prevención da contaminación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método que se empregaba para o estudo das estruturas intracraniais por medio do radar. Este termo introduciuno Leskell en 1956.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rexistro gráfico nunha pantalla de raios catódicos da imaxe que se obtén por ecoencefalografía.
-
-
Especie con poboacións que poden levar a cabo un intercambio xenético sen perda de vigor nin da fertilidade dos híbridos resultantes.
-
Conxunto de ecotipos que presentan maior facilidade para o intercambio xenético entre si con outros conxuntos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da filosofía que se interesa polos efectos da conduta humana (benigna ou destrutiva) sobre a natureza, e que considera que estes dependen en grao significativo da conciencia, os valores, as pautas culturais, a educación e incluso a sensibilidade das persoas, porque considera imposible protexer e conservar o mundo natural de xeito eficaz se se ignoran os valores e principios normativos que motivan e rexen o comportamento humano. Tamén se coñece como ética ambiental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recoñecemento que outorga a Unión Europea aos produtos que respectan ao medio. Tense en conta tanto o seu ciclo de vida (produción, utilización e residuos que produce), como que o seu uso sexa seguro e apto para o consumo.
-
PERSOEIRO
Teólogo. En 1947 ingresou na Compañía de Xesús e no segundo ano do noviciado trasladouse a El Salvador. Estudiou humanidades na Universidad Católica de Quito (Ecuador), na que se licenciou en Filosofía (1955). Entre 1958 e 1962 estudiou teoloxía en Innsbruck (Austria) con Karl Rahner. Doutorouse en Filosofía na Universidad Complutense de Madrid (1965). En 1967 comezou a súa actividade docente na Universidad Centroamericana (UCA) de San Salvador, da que foi director do departamento de filosofía (1972) e reitor dende 1979. Representante destacado da Teoloxía da Liberación, involucrouse na política interna do país, sumido nunha guerra civil: denunciou os abusos da oligarquía opresora e explotadora e dunha clase política servil, pero tamén denunciou os métodos da guerrilla, á que acusaba de non representar o pobo salvadoreño, como proclamaban os seus dirixentes, e defender unicamente intereses partidistas. Dende o reitorado pretendeu converter a UCA nun instrumento de liberación popular comprometido...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador portugués activo no reinado de don Denís, pertencente á escola lírica galego-portuguesa. Dos dous personaxes homónimos que figuran nos libros de liñaxes con este nome (Estevan Perez Coelho e o seu fillo Estevan Esteves Coelho), o trobador debe identificarse co primeiro por razóns cronolóxicas. Estevan Perez Coelho (identificado no Livro de Linhagens do Conde D. Pedro como Estevan Coelho de Riba de Homem) debeu nacer no inicio do último terzo do s XIII, aínda que a súa primeira referencia documental data de 1308. Coma seu pai, Pero Anes Coelho (vasalo do infante don Denís desde 1278), e o seu avó (o tamén trobador Johan Soarez Coelho), debeu ocupar cargos de relevancia na corte real. En 1336 aínda estaba casado con Maria Mendes (fundadora en 1345 do Convento do Corpus Christi en Vila Nova da Gaia). Relacionado cos mosteiros de Grijó, Mancelos e Canedo, debeu morrer pouco antes de 1339. Da súa actividade poética (primeiro cuarto do s XIV), os apógrafos italianos (B e V) só conservan...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político. Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1899). Deputado polo Partido Radical en Ourense nas eleccións de 1931, foi nomeado alcalde da cidade, cargo do que dimitiu ao día seguinte para ser designado presidente da deputación provincial. Durante a República foi o primeiro presidente da Caixa de Aforrros de Ourense e presidiu a Federación Agraria Provincial de Ourense. Ao estalar a Guerra Civil estivo confinado oito meses na prisión de Ourense e sufriu unha forte sanción económica e incautación de bens.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica ideada polo doutor Ignasi Barraquer para a intervención de cataratas, que consiste na extracción do cristalino por aspiración mediante un instrumento que se denomina erisífaco.
-
PUNTA
Punta do litoral da parroquia de Cambre, situada no concello de Malpica de Bergantiños.
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do litoral sudoccidental da parroquia de Aguiño, concello de Ribeira, situada fronte ao Cabo Falcoeiro, que constitúe o extremo SO da península do Barbanza.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa encargada da cría e adestramento dos falcóns de caza.
-
-
Caza con falcóns ou outras aves de presa.
-
Arte e técnica de criar e adestrar falcóns e outras aves de presa para a caza.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ficobilina de cor vermella que absorbe o máximo de luz entre os 570 e os 580 nm. Este pigmento é o responsable da coloración avermellada das bacterias que o conteñen.
-
PERSOEIRO
Historiador da arte. Conservador (1938-1940) e director (1940) do Musée du Louvre e secretario xeral de Belas Artes en Francia (1941-1944). Escribiu Littérature et peinture en France du XVIIee au XXee siècle (1963), Naissance, vie et mort des styles (1966) e L’artiste et son oeuvre (1972).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. De formación autodidacta, inicialmente a súa obra orientouse na crítica do Franquismo, polo que foi detido en diversas ocasións. Posteriormente, a súa crítica dirixiuse ao terrorismo de ETA polo que recibiu ameazas e o ataque a algunha das súas obras. Cultivou un esquematismo xeométrico con temas propios do realismo social. Entre as súas obras destacan Los cubos de la memoria, no porto de Llanes, e El bosque pintado, no Oma-Kortezubi (Bizkaia). En 2001 recibiu a Medalla ao Mérito no Traballo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que non pode ser obxecto de coerción.