ecoética

ecoética

(< 1 eco- + ética)

s f [FILOS]

Rama da filosofía que se interesa polos efectos da conduta humana (benigna ou destrutiva) sobre a natureza, e que considera que estes dependen en grao significativo da conciencia, os valores, as pautas culturais, a educación e incluso a sensibilidade das persoas, porque considera imposible protexer e conservar o mundo natural de xeito eficaz se se ignoran os valores e principios normativos que motivan e rexen o comportamento humano. Tamén se coñece como ética ambiental.