"Cabe" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 151.
-
-
Instrumento idiófono de percusión indirecta que consiste nunha esfera de diversos materiais baleirada e furada, que leva dentro unha ou varias boliñas e cando se sacode soa.
-
Formación típica que posúen no extremo da cola as serpes pertencentes aos xéneros Crotalus e Sistrurus. Consta dun conxunto de aneis córneos sucesivos en forma de cofia e metidos uns dentro doutros. A musculatura participa tamén na constitución do cascabel: os músculos dorsais e ventrais dos últimos segmentos da cola están modificados e as súas contraccións dan lugar a un movemento vibratorio que afecta a estes aneis, que emiten un son característico máis ou menos forte, semellante ao dun cascabel.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao falcón e ao gabián que levan cascabeis ou campaíñas nas patas.
-
-
Que ten pouco siso.
-
Que ten bo humor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
cascabullo.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación editada en Monforte de Lemos dende febreiro ata abril do ano 1902, e que saíu dúas veces á semana. Subtitulada “Periódico Literario”, acolleu as seccións “Noticias generales”, “Sección local”, “Anuncios”, “Reflexiones”, “Calendaresco”, “Aberraciones” e “Croniquilla”. Colaboraron nela A. Lores, Eumenio Rodríguez, José R. Lence, Victoriano R. Gómez e José Castedo. No eido literario, ocasionalmente publicaba o apartado “Curiosidades etimológicas”, onde se analizaban tratamentos ou topónimos. Editou tamén a letra do himno anarquista, a tradución de textos da obra Pensées (Pensamentos), de Blas Pascal, poemas relixiosos e o soneto “Un retrato”, de Camilo Serrano.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Calquera cousa que é difícil de entender ou de resolver.
-
Adiviña ou calquera pasatempo que require da intelixencia e do enxeño para resolvelo.
-
Xogo que consiste en colocar pezas nunha orde e nunha posición determinadas para formar un debuxo ou unha figura.
-
-
-
de descabezar.
-
Que ten falta de tino ou xuízo.
-
Aplícase a calquera figura coa parte superior seccionada, como unha árbore coa copa plana ou unha cabria co vértice cortado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de descabezar.
-
-
Cortar a cabeza.
-
Cortar a parte superior dalgunha cousa.
-
-
GALICIA
Político e empresario. Licenciado en Veterinaria pola Universidad de León, foi presidente do Sindicato da Gandería durante a ditadura franquista e xerente de GAPER e de Sociedades Agrarias de Transformación. Presidente do comité local de Alianza Popular (AP) desde 1981, foi deputado pola Coruña no I Parlamento galego (1981-1985) e deputado por Coalición Popular no Congreso na III lexislatura (1986-1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerreiro xudeu, cuarto fillo do sacerdote Matatías. Conta a tradición que na Batalla de Betzavaría (162 a C), ao N de Betsur, para liberar o seu pobo meteuse debaixo dun elefante, que creu ser a cabalgadura do Rei Antíoco Aupátor, e cravoulle a espada; o animal morreu pero, ao caer enriba del, esmagouno.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ferida producida a unha cabalería polo rozamento do cabestro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de encabestrar.
-
-
Poñer o cabestro ás bestas.
-
Enlearse as bestas no cabestro.
-
-
-
Conxunto de palabras, moitas veces de carácter formulístico, con que se comezan as cartas, os testamentos, as vendas, os libros ou calquera outro tipo de escrito.
-
Elemento que se destaca na cabeceira dunha ficha ou rexistro bibliográfico, que permite ordenalo dentro dun ficheiro ou dun catálogo e facilitar a súa recuperación.
-
Sistema utilizado pola facenda pública para a recadación de impostos e contribucións. Consistía en outorgarlles aos concellos ou aos gremios a facultade de recadar por si mesmos os impostos e contribucións correspondentes ao distrito ou ao gremio mediante o pagamento dun cupo fixo sinalado polo órgano fiscal. Introducido pola dinastía dos Austrias, xeneralizouse na Coroa de Castela a mediados da década de 1530 e uns anos máis tarde en Galicia. Con este sistema, a monarquía aseguraba a recepción dunhas rendas fixas anuais. Aplicábase ás principais cargas fiscais rexias da época, alcabalas e servicios, e a finais do s XVI ao novo imposto dos millóns. O campesiñado foi o principal afectado pois, aínda que a presión fiscal non aumentou en exceso, as crises agrarias incidiron sobre a súa debilitada economía e creáronlle graves dificultades para soportar esta fiscalidade; ademais, o feito de que a fidalguía estivese frecuentemente exenta destas cargas, fixo que a súa cota tivese que ser sufragada...
-
-
-
-
Poñer ao principio dunha carta, dun libro, dun escrito ou de calquera tipo de documento unha palabra ou grupo de palabras, moitas veces de tipo formulístico, que funcionan como preámbulo.
-
Construír o encabezamento dun escrito.
-
-
-
Estar ou figurar á cabeza ou ao comezo de algo.
-
Dirixir ou gobernar algo.
-
-
Remendar algo, especialmente os calcetíns ou as medias de la cando rompen polo encabezo.
-
-
Deter a fermentación dun mosto mediante a adición de alcohol vínico nunha proporción do 10 ao 17%, para que permanezan os azucres naturais da uva. Obtéñense así viños doces de entre 13 e 14° de gradación alcohólica.
-
Aumentar a graduación dun viño engadíndolle alcohol, augardente ou outro viño con máis graos.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mendo que se pon no piqueiro de escarpíns, calcetíns ou medias de la.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Guisar ou adubar con escabeche.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especialidade culinaria que se fai cun adubo de aceite, vinagre, sal, loureiro e outros ingredientes (allo, pementa negra, viño, cravo, tomiño, cebola e pemento doce), co que se preparan en semiconserva peixes e outras viandas, como o coello, a perdiz e o paspallás. O escabeche pode estar previamente cociñado ou non. É axeitado para preparar conservas comerciais, especialmente de moluscos, como o mexillón. OBS: Utilízase normalmente na expresión en escabeche.
-
-
-
Cortar o cabelo.
-
Cortar o pelo ou a la aos animais.
-
-
Quitar a casca ás castañas.
-
Caer o pelo por enfermidade ou por muda.
-
Separarse a casca das castañas.
-