Ciudad del Cabe, La

Ciudad del Cabe, La

Publicación editada en Monforte de Lemos dende febreiro ata abril do ano 1902, e que saíu dúas veces á semana. Subtitulada “Periódico Literario”, acolleu as seccións “Noticias generales”, “Sección local”, “Anuncios”, “Reflexiones”, “Calendaresco”, “Aberraciones” e “Croniquilla”. Colaboraron nela A. Lores, Eumenio Rodríguez, José R. Lence, Victoriano R. Gómez e José Castedo. No eido literario, ocasionalmente publicaba o apartado “Curiosidades etimológicas”, onde se analizaban tratamentos ou topónimos. Editou tamén a letra do himno anarquista, a tradución de textos da obra Pensées (Pensamentos), de Blas Pascal, poemas relixiosos e o soneto “Un retrato”, de Camilo Serrano.