"Chen" (Contén)

Mostrando 10 resultados de 90.

  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e pintor. Foi unha das figuras máis relevantes da fotografía do século XX pola súa ampla traxectoria e a defensa da fotografía como manifestación artística. Emigrado a EE UU (1881), adoptou o nome de Edward e comezou na fotografía (1895). Formado en París, onde foi membro do Linked Ring (1901) e cofundador do grupo Photo-Secession (1902). Abriu en Nova York a galería 291 con Stieglitz (1905), defendendo un estilo pictorialista ata a Primeira Guerra Mundial. Xefe de fotografía en Vanity Fair e Vogue (1923), retratou aos persoeiros daquel tempo, encamiñando a súa técnica cara á foto directa e o Novo Realismo. Retirado da fotografía comercial (1938), foi director de fotografía do MOMA (1947) e organizou mostras fotográficas tan relevantes como The Family of Man (1955).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Biblista e teólogo alemán. En Santa Catarina do Sinaí descubriu o Codex Sinaiticus do s IV, que editou en 1862, xunto con outros códices da Biblia e dos apócrifos. Publicou sete edicións críticas do Novo Testamento grego (1841-1972).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicólogo. Foi a figura máis destacada no establecemento da psicoloxía experimental en EE UU. Publicou Experimental Psychology (1901-1905) e A Textbook of Psychology (1910).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Burgomestre de Múnic (1960-1972) e membro do Bundestag en representación do SPD (1972-1991), que presidiu (1987-1990), foi ministro de Construción (1972-1981) e de Xustiza (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Considerado un dos grandes poetas épicos, plasmou os ideais do cabaleiro en Parzival (1200-1210). Tamén é autor de Willehalm (1210?) e do poema lírico Titurel, os dous inacabados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola lingüística de Hamburgo (Alemaña), promovida por Meringer, Schuchardt e Meyer-Lübke, que propuña estudar xunto coas palabras os obxectos que estas designan. Este movemento constitúe o punto de unión entre a lingüística e a etnoloxía e dá primacía á semántica fronte á fonética, ao contrario que os neogramáticos. Sarmiento e Jovellanos foron os seus precursores en España.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e calígrafo chinés. Foi un dos Catro Mestres da dinastía Yuan. A súa pintura especializouse nas paisaxes, sobre todo nas escenas de pescadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Jiangsu, China, situada a 40 km da costa (296.831 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico chinés, naturalizado estadounidense. Realizou investigacións en física teórica, partículas elementais e interaccións, algunhas en colaboración de Tsung- Dao Lee. En 1957 recibiu, xunto Tsung Dao Lee, o Premio Nobel de Física, pola demostración de que a lei da conservación da pariedade non é valida nas interaccións débiles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Emperador chinés da dinastía qing (1723-1735). De nome Yinchen, apoderouse violentamente do poder e centralizou a administración.

    VER O DETALLE DO TERMO