Steichen, Eduard Jean
Fotógrafo e pintor. Foi unha das figuras máis relevantes da fotografía do século XX pola súa ampla traxectoria e a defensa da fotografía como manifestación artística. Emigrado a EE UU (1881), adoptou o nome de Edward e comezou na fotografía (1895). Formado en París, onde foi membro do Linked Ring (1901) e cofundador do grupo Photo-Secession (1902). Abriu en Nova York a galería 291 con Stieglitz (1905), defendendo un estilo pictorialista ata a Primeira Guerra Mundial. Xefe de fotografía en Vanity Fair e Vogue (1923), retratou aos persoeiros daquel tempo, encamiñando a súa técnica cara á foto directa e o Novo Realismo. Retirado da fotografía comercial (1938), foi director de fotografía do MOMA (1947) e organizou mostras fotográficas tan relevantes como The Family of Man (1955).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Luxemburgo -
Deceso
Lugar : West Redding, Connecticut