"Cher" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 150.
-
PERSOEIRO
Químico e médico alemán. Investigou as porfirinas e a súa síntese, os colorantes da bile e as follas, descubriu a hematina do sangue e conseguiu a síntese da hemoglobina (1929). En 1930 recibiu o Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre a estrutura da hemoglobina e a clorofila.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto alemán. Autor de numerosas igrexas e conventos en Baviera. Das súas obras sobresae a igrexa da abadía beneditina de Ottobeuren (1737-1766), mostra do rococó xermánico.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo alemán. Profesor na Universidade de Jena, considerou a historia como un proceso do espírito e anticipou a reforma no sentido subxectivo da lóxica hegeliana que despois desenvolveron B. Spaventa e G. Gentile. Das súas obras destacan System der Logik und Metaphysik (1852) e Geschichte der neueren Philosophie (Historia da filosofía moderna, 1854-1877).
VER O DETALLE DO TERMO -
ENTRADA LARGA
Procedemento químico de análise de trazas de auga. Este método baséase no feito que o óxido de xofre(IV) non reduce o iodo nunha solución de metanol e piridina, segundo unha reacción estequiométrica, senón é en presenza de auga. A reacción é a seguinte:
FORMULA
H2O+I2+SO2+3C5H5N+CH3OH → 2C5H5NHI+C5H5NSO4HCH3
VER O DETALLE DO TERMO
De aquí vén a posibilidade de calcular a cantidade de auga dunha mestura pola cantidade de iodo reducido. O punto final da valoración indícao a primeira gota de iodo libre en exceso, e pódese determinar visualmente ou ben por medición eléctrica. -
PERSOEIRO
Escritor e crítico literario. Escribiu monografías sobre Kleist, Nietzsche e Heine, e traduciu a Goethe, Kipling e Villon. Autor de antoloxías poéticas e de dramas, escribiu Otázy literárni psychologie (Cuestións de psicoloxía literaria, 1917), Duše a slovo (A alma e a palabra, 1929) e Slovo a svět (A palabra e o mundo, 1937).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Gran mestre de xadrez, coñecido polo hipocorístico Bobby Fisher . En 1958, con 15 anos de idade, gañou o campionato estadounidense. En 1972 proclamouse campión mundial. A súa negativa a defender o título en 1974 fronte ao Soviético A. Karpov, obrigou a Federación Internacional de Xadrez a desposuílo do mesmo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Barítono. Debutou en Berlín en 1948 con Don Carlo, de G. Verdi. De gran técnica interpretativa, foi un destacado intérprete de lied e tamén dirixiu orquestras. No seu repertorio operístico destacan obras de G. Verdi, W. A. Mozart, R. Wagner e A. Berg.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Foneticista dinamarqués. Criticou os conceptos de forma e substancia de Louis Trolle Hjelmslev e contribuíu ao coñecemento internacional da estrutura lingüística do dinamarqués a través de edicións de monografías e antoloxías. Destacan as súas obras Trends in Phonological Theory: A Historical Introdution (1975) e 25 Years’ Phonological Comments (1979). Membro honorífico da Linguistic Society of America (1963) e doutor honoris causa das universidades de Lund e Århus (1978).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso mediante o que se obtén un combustible sintético por hidroxenación do gas de auga, mestura de monóxido de carbono e de hidróxeno, que resulta de tratar o coque con vapor de auga a temperaturas elevadas. Cómpre tratar a mestura con catalizadores de óxidos metálicos. A primeira fracción necesita, para que se poida utilizar, un proceso de reformación e a adición de antidetonantes. A fracción dun punto de ebulición máis alto é moi apropiada para os motores diesel.
-
PERSOEIRO
Produtor e realizador cinematográfico estadounidense. Especializado en debuxos animados, foi o creador das figuras de Popeye e Betty Boop.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico estadounidense. Fillo de Max Fleischer, iniciouse como documentalista e continuou cunha prolífera e desigual filmografía, na que destacan 20.000 Leagues Under the Sea (20.000 leguas de viaxe submarina, 1954), The Vikings (Viquingos, 1958), Barrabba (1962), The Jazz Singer (O cantante de Jazz, 1980), Conan the Destroyer (Conan o destrutor, 1984) e Million Dolar Mistery (O misterio do millón de dólares, 1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo inglés. Escribiu moitas pezas dramáticas en colaboración con Francis Beaumont para a compañía The King’s Men. Colaborou tamén con Philip Massinger (The Little French Lawger, 1619; The Spanish Curate, 1662), con William Shakespeare (con seguridade en King Henry VIII e en The Two Kinsmen) e con outros autores. Escribiu en solitario The Faithful Shepherdess (1609), Bonduca (1614), The Loyal Subject (1618), ou The Pilgrim (1621).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador inglés. Licenciado na University of Oxford, foi profesor de historia na University of York (1969-2001). Centrou os seus estudios na tardoantigüidade e na alta Idade Media. Colaborador de, entre outras publicacións, Historical Review, Bulletin of Hispanic Studies e Times Literary Supplement. Das súas obras destacan The episcopate in the kingdom of León in the twelfth century (1978) St. Jame’s Catapult: The life and times of Diego Gelmírez of Santiago de Compostela (1984) e The conversion of Europe. From Paganism to Christianity 371-1386 (1997). Foi membro da Royal Historical Society de Londres e galardoado en 1989 co Wofson Literary Award for History e en 1990 co Los Angeles Book Prize for History.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Enfermidade hereditaria que afecta principalmente ao sexo feminino, que se produce por unha acumulación de cerebrósidos nas células histiocitarias do bazo, o fígado, os ganglios linfáticos e a medula do óso.
-
PERSOEIRO
Político alemán. Membro do Partido Liberal Demócrata, que presidiu entre 1971-1985, foi ministro de Interior (1969-1974) e de Asuntos Exteriores (1974-1992), cargo desde o que se encargou do proceso de reunificación alemana. En 1990 foille concedido o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
CANTÓNS
Cantón de Luxemburgo, ao SL do país, no Gutland (211 km2; 51.960 h [2001]). A capital é Grevenmacher (21.664 h [2001]). Atravesado na parte oriental polo Mosela, que fai de límite con Alemaña, no seu val cultívase a viña.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra, compositor e pianista de jazz estadounidense. En 1932 formou a primeira grande orquestra, na que colaboraron músicos de sona como L. Armstrong e R. Eldridge. A metade da década de 1930 traballou como compositor para outros directores.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Edward Herbert.
-
REPUBLICAS
República Federal de Rusia (14.100 km2; 433.500 h [estim 1999]). A súa capital é Čherkessk (120.000 h [1997]). Os karachais establecéronse no territorio da actual república cara ao s XIII, fronte o avance dos mongois. Anexionados militarmente polo Imperio Ruso en 1828, os enfrontamentos contra o goberno dos tsares prolongáronse durante o s XIX, mentres que a represión rusa provocou a fuxida de grandes grupos de poboación cara ao Imperio Otomano nas décadas de 1860 e 1870. Os cherkeses que buscaron a axuda dos tsares rusos contra os tártaros e as tribos turcas, foron sometidos definitivamante despois da conquista da rexión do Cáucaso polos rusos, cara a 1864. A rexión foi incluída inicialmente na República dos Pobos das Montañas (1921), pero en 1922 constituíuse na rexión autónoma de Karachai-Cherkes. Dividida de novo en 1924 entre a rexión autónoma de Karachai e a área nacional Cherkes, en 1943, durante o goberno de Stalin uníronse ambos territorios. Autoproclamada república...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Geisa, Hessen 1602 - Roma 1680) Erudito e científico xesuíta. Fixo o primeiro mapa impreso das principais correntes mariñas e foi o primeiro en examinar o sangue a través do microscopio. A súa Ars magna sciendi (Amsterdan 1669) é unha adaptación da Art de Ramon Llull.