Fischer, método de
Fischer, método de
Procedemento químico de análise de trazas de auga. Este método baséase no feito que o óxido de xofre(IV) non reduce o iodo nunha solución de metanol e piridina, segundo unha reacción estequiométrica, senón é en presenza de auga. A reacción é a seguinte:
FORMULA
H2O+I2+SO2+3C5H5N+CH3OH → 2C5H5NHI+C5H5NSO4HCH3
De aquí vén a posibilidade de calcular a cantidade de auga dunha mestura pola cantidade de iodo reducido. O punto final da valoración indícao a primeira gota de iodo libre en exceso, e pódese determinar visualmente ou ben por medición eléctrica.