"Cis" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1012.
-
FILOSOFOS
Filósofo e estadista. Barón de Verulam e vizconde de Saint Albans. Estudiou leis en Cambridge e exerceu diversos cargos políticos baixo o reinado de Xaime I, avogado ordinario da coroa (1604), fiscal xeral (1613), lord chanceler. No 1621, acusado de concusión, afastouse da vida política. Foi un dos primeiros en tomar consciencia da significación histórica das ciencias e de como estas tiñan que transformar non só a Filosofía senón tamén a vida dos homes. Para Bacon o saber debía permitirlle ao home o dominio da natureza. Esencialmente, a súa filosofía está baseada na substitución da lóxica dedutiva medieval, que el cualificou de estéril, por un novo método experimental e indutivo. A súa obra principal, o Novum organum scientiarum ou Indicacións relativas á interpretación da natureza (1620), xunto con De dignitate et augmentis scientiarum (O avance do coñecemento, 1623), principia o ambicioso proxecto dunha síntese global do coñecemento humano, que se nomearía Instauratio...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Trasladouse a Londres con dezaseis anos e máis tarde a Berlín onde coñeceu o realismo de George Grosz, Otto Dix e Max Beckmann. Regresou a Londres e comezou a pintar cara a 1929-1930, durante algún tempo en compañía de Graham Sutherland. Destruíu boa parte da súa obra anterior a 1944. En 1949 fixo a súa primeira exposición individual. A Bienal de Venecia amosou a súa obra en dúas ocasións, nos anos 1954 e 1993. Expresionista, aplicou unha técnica abstracta para as súas visións angustiosas de alucinación e destrución, con personaxes medio desfeitos, feridos e a miúdo berrando. Esta violencia temática contrasta coa suavidade da súa paleta. Considéraselle un dos pintores máis sobranceiros do s XX, un clásico da pintura contemporánea. É obxecto constante de exposicións restrospectivas e antolóxicas. Entre as súas obras destaca o retrato de Inocencio X (recreación da obra de Velázquez).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo, fundador e primeiro presidente da Royal Astronomical Society. Reformou o almanaque náutico, determinou a densidade da Terra, revisou os catálogos de estrelas e estudiou os fenómenos luminosos producidos na superficie da Lúa durante as eclipses totais de Sol, coñecidos como grans de rosario ou de Baily.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Mestre de música e director de bandas militares. Dirixiu o coro, a banda e a orquestra do Centro Galego de Montevideo, e organizou a programación musical da cidade nalgunhas temporadas. Desempeñou o cargo de director do Orfeón da Casa de Galicia (1917). Foi quen mellor difundiu a obra do seu irmán Xosé Baldomir, estreándolle a famosa balada Meus amores e a zarzuela Santos e Meigas. Rematou a súa carreira musical como pianista polos locais nos que se proxectaban películas de cine mudo, formando dúo co violinista Mariano Sábat.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Embriólogo, irmán de Arthur James Balfour. As súas obras Development of the elasmobranch fishes (Desenvolvemento dos peixes elasmobranquios, 1878) e, sobre todo, Comparative embryology (Embrioloxía comparada, 1880-1881), constitúen unha das contribucións máis valiosas á embrioloxía do seu tempo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e político portugués. Creou en 1973 o semanario Expresso, do que foi director ata 1980. Foi un dos fundadores do Partido Popular Democrático, chamado posteriormente Partido Social-Demócrata. Xefe de goberno (1981-1983) trala morte de Sá Carneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Comediógrafo e poeta barroco. É o autor do tratado Teatro de los teatros de los pasados y presentes siglos, traballo publicado fragmentariamente no 1901, no que defende a comedia dos ataques dos xesuítas. No 1722 editáronse as súas Obras líricas, influídas por Góngora, e os seus textos dramáticos (A pedra filosofal, derivada de La vida es sueño, El esclavo en grillos de oro e o auto sacramental El gran químico del mundo) nos que procurou imitar o estilo de Calderón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Francisco Asenjo Barbieri.
-
PERSOEIRO
Político e pedagogo. Cursou estudios de Filosofía e Letras e incorporouse á ILE (Institución Libre de Enseñanza). Durante a Segunda República ocupou diversos cargos nas Cortes. Apoiou as teses de Azaña para laicizar o ensino e militou no Partido Radical-Socialista. En 1933 foi nomeado ministro de Instrución Pública e ingresou no partido Izquierda Republicana. Ao rematar a Guerra Civil exiliouse en México.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e profesor de piano inglés. Compuxo pezas para piano, cantatas e oratorios. Entre as súas obras destacan The ancient mariner (1867) e The Eve of St Agnes (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintor. Traballou nas pinturas do retablo da Igrexa de San Miguel e levou a cabo a restauración do Cristo da parroquia de Cordeiro (Pontevedra).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Empresario. Con anterioridade á súa chegada á Coruña (1792), consagrouse ao comercio polo espazo dunha década na cidade de Donostia, asociado co seu curmán J. Bautista D’Abadié. O nome de Barrié, xa establecido en Galicia dende 1792, exemplifica a burguesía de orixe foránea que se estaba a instalar na Coruña neses anos. Nun comezo dedicouse, preferentemente, a introducir cereal estranxeiro no mercado local, participando mesmo no negocio dos bacallaos terranovenses. Este comercio, en época de penuria económica, deulle importantes beneficios. Pero tamén compaxinou este traballo con outras moitas actividades como: o corso marítimo, o comercio con América, a condución de negros a América, etc. Á parte desta dedicación comercial tamén se implicou en empresas fabriles (dende 1803 dirixiu a fábrica de sombreiros da Coruña), ampliando así o seu volume de negocios. Xa nos primeiros anos da súa estancia na Coruña destacou no grupo dos grandes do comercio local e tomou parte activa nas deliberacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Tomou parte nos movementos independentistas e participou na Asamblea Constituínte de 1823. Foi presidente das Provincias Unidas de Centroamérica (1829-1830) e presidente da Asamblea de Guatemala en 1837. A partir de 1848 dirixiu o xornal El álbum republicano. En 1849 houbo de fuxir de Guatemala e refuxiose en Honduras.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre. Realizou estudos de Filosofía e Letras. Cultivou a literatura de tipo costumista. Recreou temas populares da cultura galega tratados con humor. Publicou as seguintes obras: Andanzas de Xan Cativo (1972), Viaxeiro da risa (1973), Os ovos da pita choca (1975), Os cabalos da troula (1992) e O rato de frei Corchea (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta, ensaísta e periodista portugués. Colaborou en La Renaixença e en La Veu de Catalunya. É autor dos ensaios A crise (1894) e Intereses nacionais (1897).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aldeá de Frixia e muller de Filemón, protagonistas ambos dun dos mitos das Metamorfoses de Ovidio. Acolleron a Zeus e a Hermes e, como recompensa, os arredores da súa cabana foron transformados nun templo e puideron morrer xuntos, transformándose Filemón nunha aciñeira e Baucis nun tileiro. Ambos simbolizan a hospitalidade e o amor da parella.
-
PERSOEIRO
Arquitecto castelán. Representante do momento de transición do Herrerianismo ao Barroco. No ano 1633 substituíu a Pedro Sánchez na construción de San Isidro el Real, que se comezara a edificar no 1622. A súa obra máxima é a igrexa de San Juan Bautista de Toledo, comezada no 1628.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Debuxante e retratista. Foi pintor da corte dende o ano 1767 e director da Academia de San Fernando de Madrid no ano 1788. Dun rococó brillante, evolucionou cara a un clasicismo académico, e foi o máis persoal dos pintores do círculo de Mengs. Dedicouse sobre todo á pintura mural.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariño e meteorólogo irlandés. Foi director do depósito hidrográfico no ano 1829 e no 1846 acadou o rango de almirante. Dedicouse ao estudo dos ventos e en 1806 deu a coñecer a escala que leva o seu nome, adoptada en 1926 polo Comité Meteorolóxico Internacional.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo. Escribiu, con John Fletcher, unha cincuentena de pezas, que van desde a traxedia á comedia de enredo, da que son considerados, en Inglaterra, os fundadores: Four plays in one (Catro xogos nun, 1608), The knight of the burning pestle (O cabaleiro da man ardente, 1611?) e The scornful lady (A muller desdeñosa, 1616). A súa popularidade foi equiparable á de Shakespeare, polo menos no s XVIII.
VER O DETALLE DO TERMO