"Diego" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 108.

  • PERSOEIRO

    Escultor andaluz. De influencia italiana, traballou na catedral de Granada e fixo parte do retablo de Ogíjares. En Sevilla interveu na antesala capitular da catedral, e fixo Julio César e Hércules (1574) da Alameda, así como o deseño da fonte de Mercurio (1576), nos xardíns do Alcázar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chileno. Ministro de Interior e Asuntos Exteriores, perseguiu os liberais, inmobilizou os militares e respectou o poder eclesiástico e o dos terratenentes. Ditador constitucional desde 1835, a guerra contra Perú e Bolivia (1836) provocou un motín militar en Quillota (Valparaíso) en 1837 e foi fusilado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e explorador. Loitou para Filipe IV en Hondarribia (1638) e durante a Guerra dos Segadores nas costas de Catalunya (1641-1642). Realizou varias expedicións na península de California (1648-1651) e foi gobernador de Chile (1656-1660). Escribiu obras inéditas e Reparo a los errores de la navegación española (1634).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cosmógrafo e navegante. En 1618, xunto cos irmáns Nodal, explorou o estreito de Magallanes e o cabo de Hornos do que determinou a latitude. Co seu nome, Diego Ramírez, desígnanse un grupo de illas ao S de Tierra del Fuego, descubertas durante a expedición. Escribiu Reconocimiento de los estrechos de Magallanes y de San Vicente y algunas cosas curiosas de navegación (1621).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. As súas obras caracterizáronse por un estilo gótico revestido de decoración plateresca. En 1527 comezou a colexiata de Valladolid, derrubada por Juan Bautista de Herrera para erguer a catedral, e en Sevilla realizou a fachada e o vestíbulo do concello (1527) e as sancristías da capela dos Alabastros e da capela dos Cálices da catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e muralista mexicano. Coñecido como Diego Rivera, residiu en Europa onde se interesou pola arte de vangarda. Identificado cos ideais revolucionarios da súa patria, volveu a México en 1922 onde, con D. A. Siqueiros, estudou a arte antiga dos maias e dos aztecas. A través dos frescos monumentais exaltou a súa historia mexicana desde os precolombinos ata a Revolución Mexicana cun realismo vigoroso e popular de cores vivas. Destacan os murais da Escuela Nacional Preparatoria (1922) e a Secretaria de Educación Pública (1923-1928 en México, da Escuela de Agricultura de Chapingo (1927), do Institute of Arts de Detroit (1932) e o do Rockefeller Center de Nova York (1933). Traballou tamén nos murais do Palacio de Bellas Artes e no Palacio Nacional de México. Cultivou tamén a pintura de cabalete. Casou con F. Khalo. Publicou con A. Breton Manifeste pour l’Art Révolutionnaire (1938).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diego Rivera y Barrientos Acosta y Rodríguez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Velázquez, iniciouse no mundo artístico nos obradoiros sevillanos de Francisco de Herrera o Vello e Francisco Pacheco, sogro seu desde 1618. Na súa etapa sevillana (1617-1623) achegouse ao tenebrismo, influído por Caravaggio, e abordou a temática do bodegón (La vieja friendo huevos, 1619; El aguador de Sevilla, 1620), o retrato (Góngora, 1622) e as escenas relixiosas (Cristo en casa de Marta e María, 1618; La Adoración de los Magos, 1619), que se caracterizaron ademais de pola tendencia á representación obxectiva, pola modelaxe rotunda e o uso dunha gama cromática limitada. Tamén foi frecuente a representación de modelos extraídos da rúa ou da súa familia como protagonistas dos seus cadros. Desde 1623, coa axuda do seu sogro, trasladouse a Madrid, onde pasou a ocupar importantes cargos artísticos e administrativos na corte de Filipe IV. Foi nomeado pintor do rei, pero ademais dos retratos cortesáns (Filipe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mestre de obras e escultor. De estilo barroco, a súa primeira obra foi o retablo para a confraría do Rosario para a igrexa de San Domingos, que está perdido. En 1663 comezou a traballar con retablos para Mateo de Prado, para quen fixo os colaterais do de Santa María de Conxo (1664-1665) e outras obras. En 1669 fíxose cargo das obras do convento de Conxo onde rematou o claustro (1674) e a reforma da escaleira (1690). Finalizou a igrexa dos xesuítas (1670-1673). En 1673 realizou a coroación do cadeirado do coro baixo da igrexa de San Martiño Pinario, onde destaca o dinamismo, a plasticidade, os efectos de claroscuro e a abundante decoración barroca. En 1674 comezou a construción do convento das mercedarias cuxa igrexa se consagrou en 1689. Destaca tamén a capela do Rosario de Santa Baia de Arealonga (Vilagarcía de Arousa). Ademais realizou varias reformas no colexio de Fonseca, onde se encargou de reedificar a capela, ampliar o claustro e construír o remate da fachada, e fixo diversas vivendas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Secretario do cardeal Gaspar de Borja e de Velasco, foi ministro en Baviera. Como historiador publicou a inacabada Corona gótica, castellana y austríaca (1648). Das súas obras destacan Empresas políticas o Idea de un príncipe político-cristiano representada en cien empresas (1640) e La República literaria (1655), tratado de crítica en forma de soño alegórico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada na costa O da ría da Coruña, na parroquia de Oza (A Coruña).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de California, EE UU (1.223.400 h [2000]). É un porto de pesca e comercial situado na costa do Pacífico, na baía homónima, preto da fronteira mexicana. Centro de ensino superior, ten a University of California en San Diego, fundada en 1912; a University of San Diego, en 1949; e a San Diego State University, en 1897. Antiga capital de California, foi fundada en 1769 por frei J. Serra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do extremo oriental de Tierra del Fuego, Arxentina, situada no Atlántico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Colaborador de diversas publicacións madrileñas, tras a Guerra Civil Española estivo preso na illa de San Simón. Ao ser liberado colaborou en La Noche e Faro de Vigo. Da súa obra, en que reproduce o seu interese polo Madrid dos Austrias e dos primeiros Borbóns, destacan Cuando el motín de las capas (1918, Premio María del Pilar Rovera), El confesor de la Reina (1920) e El azotado (1925).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. É autor das novelas sentimentais Tratado de amores de Arnaldo y Lucenda (1491) e Cárcel de amor (1492), que tivo numerosas edicións durante os ss XVI e XVII e que, escrita en parte de xeito epistolar, influíu na creación de La Celestina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sinesio García Fernández.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Nobre, primeiro conde de Gondomar, fillo de García Sarmiento de Soutomaior. Foi gobernador de Baiona, cabaleiro da orde de Calatrava (1593), corrixidor de Toro (1597), contador maior do reino (1600), corrixidor de Valladolid (1602-1605), membro do Consello de Portugal (1609), embaixador en Londres (1613-1617 e 1620-1622), conselleiro de Estado (1623) e gobernador e capitán xeneral do Reino de Galicia (1625). En 1623 obtivo a recuperación do voto en Cortes do Reino de Galicia. Humanista, bibliófilo e mecenas, restaurou e ampliou a torre e o pazo de Gondomar e protexeu os irmáns García de Nodal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso, fillo dos marqueses de Valladares. Foi inquisidor xeral (1669-1695), auditor do Tribunal de La Rota en Roma, vigairo na corte de Sicilia, bispo de Oviedo e Plasencia, e membro do goberno durante a minoría de idade de Carlos II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e escultor, fillo de Gil de Siloé. Formouse en Burgos co seu pai e con Bartolomé Ordóñez, con que fixo o retablo da capela Caraccioli de San Giovanni in Carbonara, en Nápoles. En Burgos realizou para a catedral os sepulcros de Luis de Acuña (1519) e Diego de Santander, e a Escalera Dorada (1519-1523). En Granada (1528) rematou a igrexa de San Jerónimo e continuou, en estilo renacenista, as obras da catedral, fixo a Puerta del Perdón e as estatuas orantes dos Reis Católicos na Capilla Real. Interveu como arquitecto no Colegio de los Irlandeses de Salamanca, traballou nas catedrais de Málaga (1540) e Guadix (1541), e construíu as igrexas de Montefrío (1543) e Iznalloz (1549). Realizou tamén o sepulcro de Alonso Fonseca na igrexa de Santa Úrsula de Salamanca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Traballou na construción do cadeirado do coro da catedral de Ourense (1580) xunto a Juan de Angés.

    VER O DETALLE DO TERMO