Romay Junqueras, Diego de
Mestre de obras e escultor. De estilo barroco, a súa primeira obra foi o retablo para a confraría do Rosario para a igrexa de San Domingos, que está perdido. En 1663 comezou a traballar con retablos para Mateo de Prado, para quen fixo os colaterais do de Santa María de Conxo (1664-1665) e outras obras. En 1669 fíxose cargo das obras do convento de Conxo onde rematou o claustro (1674) e a reforma da escaleira (1690). Finalizou a igrexa dos xesuítas (1670-1673). En 1673 realizou a coroación do cadeirado do coro baixo da igrexa de San Martiño Pinario, onde destaca o dinamismo, a plasticidade, os efectos de claroscuro e a abundante decoración barroca. En 1674 comezou a construción do convento das mercedarias cuxa igrexa se consagrou en 1689. Destaca tamén a capela do Rosario de Santa Baia de Arealonga (Vilagarcía de Arousa). Ademais realizou varias reformas no colexio de Fonseca, onde se encargou de reedificar a capela, ampliar o claustro e construír o remate da fachada, e fixo diversas vivendas como a casa das Pomas da Rúa Nova (1687-1689), a casa de Gómez de Riobóo (1687), a casa-palacio Riobóo e Seijas (1690?) e o palacio dos condes de Gimonde (1690?).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela -
Deceso