"EAC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 135.

  • CONDADOS

    Condado de Irlanda, situado en Munster (2.756 km2; 165.042 h [1996]). A capital é Luimneach.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de reaccións non enzimáticas que teñen lugar en aminoácidos e azucres redutores. Prodúcese por quentamento ou durante un almacenamento prolongado, e ten un dobre interese no ámbito da tecnoloxía alimentaria xa que é unha das causas da deterioración de moitos alimentos e é un proceso provocado para obter unha aparencia e un sabor característicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba que serve para detectar a tuberculose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Reacción de arilación dunha olefina por acción dun sal de diazonio, en presenza de cobre II como catalizador, segundo a ecuación:

    FORMULA

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Reacción de redución de aldehidos e cetonas a alcohois primarios ou secundarios pola acción dun alcóxido de aluminio, a miúdo o isopropóxido, segundo a reacción:

    FORMULA

    A reacción inversa é coñecida como oxidación de Oppenauer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de adición en que os compostos con grupos metilenos activos poden combinarse con compostos carbonílicos (aldehidos, cetonas, ésteres) ou nitrilos a, b-insaturados e conducir a produtos de adición no dobre enlace (adición conxugada).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONDADOS

    Condado de Irlanda, situado no Ulster (1.295 km2; 51.313 h [1996]). A súa capital é Muineachán (6.047 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Solución acuosa alcalina de tetraiodomercuriato (II) de potasio, K2(HgI4), empregada para o recoñecemento e a determinación por colorimetría do ión amonio e do amoníaco, co que dá unha coloración amarela ou un precipitado escuro, segundo a concentración.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás ninfeáceas.

    2. Planta da familia das ninfeáceas.

    3. Familia de plantas acuáticas ou palustres, que presentan follas peltadas ou cordiformes, flores trimétricas ou polimétricas, grosas e solitarias, e froitos xeralmente baciformes. Habitan en augas doces.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Inicio dunha transformación de fase, solidificación ou recristalización a partir dun núcleo. A nucleación pode ser homoxénea ou heteroxénea, segundo que o núcleo sexa constituído ou non por átomos da mesma fase que hai que transformar.

    2. Fase de formación, nun medio ben definido, de microorganismos que dan lugar a centros de desenvolvemento de nova estrutura tanto física como química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción que consiste nunha rubién e nunha inflamación da conxuntiva, observable particularmente nos enfermos tuberculosos e tíficos, cando se lles instilan as toxinas da súa enfermidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás oleáceas.

    2. Planta da familia das oleáceas.

    3. Familia de plantas leñosas, da orde das escrofularias, que presentan follas opostas, simples ou compostas, flores regulares, normalmente tetrámeras, orixinariamente hermafroditas, con dous estames e co xineceo súpero bicarpelar, e de froitos moi diversos. Son propias das rexións tropicais e temperadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que presenta páleas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Exame cualitativo, en desuso, das proteínas do líquido cefalorraquídeo que se basea na maior ou menor mestura que se produce cando 1 cm3 de solución de fenol entra en contacto cunha gota de líquido cefalorraquídeo que contén proteínas, especialmente globulinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba diagnóstica da mononucleose infecciosa baseada na aglutinación dos eritrocitos do carneiro polas aglutininas heterólogas presentes no soro do paciente. OBS: Tamén se denomina proba de Paul-Bunnell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Canadá que nace nas Montañas Rochosas, únese co río Athabasca e xuntos forman o río Slave, que desauga no lago Great Slave. Ten unha lonxitude de 1.690 km.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor inglés. Autor de The Four Ages of Poetry (1821), imitada polo seu amigo P. B. Shelley en Defense of Poetry (1821), afondou na poesía con Melincourt (1817). Da súa extensa obra destaca a produción novelesca, onde se xuntan épocas e estilos diferentes, desde o humor de Sir Proteus: a Satirical Ballad (1814) ou a sátira poética de Headlong Hall (1816), ata o romanticismo de Maid Marian (1822).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción que se emprega para detectar o indicán nos ouriños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Operación en que se modifica deliberadamente a curva de resposta dun sistema de rexistro de son ou de transmisión radiofónica en FM, co fin de conseguir certas vantaxes, como a redución de ruídos, mellor repartición da enerxía e redución da distorsión dos agudos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Premio de fotografía concedido pola Deputación da Coruña, con carácter anual, desde 1997, na honra do fotógrafo Luís Ksado e pola súa contribución á fotografía galega. Foron galardoados con este premio Xosé Abad, Xulio Villarino, Peter Marlow, Vari Caramés ou Fernando F. Páez.

    VER O DETALLE DO TERMO