"EUR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 354.

  • Dríade, esposa de Orfeo. Segundo a lenda virxiliana, cando fuxía de Aristeo, que a tentaba violar, foi mordida por unha serpe. Como consecuencia do veleno, non tardou en falecer, e Orfeo, desesperado pola súa perda, descendeu aos infernos na súa procura. Logo de conmover as divindades infernais cos seus cantos, puido recuperala e levala consigo, coa condición de non tentar mirala antes do amencer. Pero cando xa estaban a piques de abandonar o inferno, o esposo namorado non foi quen de resistir a tentación, e virouse para ollala. De súpeto, unha forza estraña arrastrou de novo a Eurídice aos infernos e Orfeo tivo que volver só á Terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ser vivo que ten poucas esixencias alimentarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo mariño que ten a capacidade de adaptarse a unha ampla marxe de salinidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar ateniense. Comandante da flota que se enfrontou aos habitantes de Corcira (427 a C) e líder da expedición contra Tanagra (426 a C), dirixiu xunto con Pitodoro, Sófocles e Demóstenes a flota ateniense contra Sicilia. Dirixiu tamén as tropas atenienses que axudaron a Nicios no sitio de Siracusa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que pode soportar variacións considerables nos factores físicos e químicos do medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo grego. Estudiou filosofía con Anaxágoras e foi o creador dun novo estilo de facer traxedias que non tivo moito éxito na súa época, pero si posteriormente. Entre as innovacións que introduciu cómpre mencionar a análise das paixóns amorosas dos personaxes femininos, o uso dos prólogos, o cambio da forma tradicional do coro ou a preocupación polo vestiario e a escenificación. Foi autor de máis de noventa traxedias, das que só se conservan dezasete. Destacan, entre elas, Alcestes (438 a C), Medea (431 a C), Hipólito (428 a C), Os heráclidas (427 a C), Andrómaca (426 a C), Hécuba (424 a C), As suplicantes (422 a C), Ion (418 a C), As troianas (415 a C), Ifixenia en Táuride (414 a C), Electra (413 a C), Helena (412 a C) e Orestes (408). En Galicia, Eurípides é un autor de referencia na obra de Manuel Lourenzo, autor da adaptación e da versión para o galego de textos...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Canle desaugadoira.

    2. Foso de auga que rodeaba o circo romano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao organismo que tolera unha ampla marxe de temperaturas no medio onde vive.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Harmonía nas partes dunha obra artística.

    2. Pulso regular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento artístico a medio camiño entre a ximnasia e a danza creado por Emile Jaques-Dalcroze. Esta desenvolveu un método no que estableceu novas relacións entre música e movemento, e creou unha especie de solfexo corporal que tivo especial importancia na promoción da expresión rítmica e no desenvolvemento das artes escénicas, xa que permitiu incorporar o corpo e o movemento como novos elementos significantes nunha creación teatral moi dependente da palabra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á euritmia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unidade monetaria única da Unión Económica e Monetaria Europea. Adoptouse este nome na reunión do Consello Europeo, celebrada en Madrid en decembro de 1995, e a súa entrada en vigor, que constituía a última fase da Unión Económica e Monetaria contida no Tratado de Maastricht, tivo lugar o 1 de xaneiro de 1999. Para amortecer os efectos negativos derivados de economías desiguais, a Unión Europea fixou uns criterios de converxencia que establecían uns límites en canto á inflación, débeda e déficit público, tipo de interese e estabilidade monetaria, comúns a todos os estados membros e levados a cabo, segundo declarou en 1998 a Comisión Europea, por once dos quince estados (Alemaña, Austria, Bélxica, España, Finlandia, Francia, Holanda, Irlanda, Italia, Luxemburgo e Portugal). Mentres que Grecia incumplía algúns, e houbo de elaborar un novo calendario de ingreso, Dinamarca, o Reino Unido e Suecia decidiron pospoñer a súa incorporación á moeda única. A entrada en vigor do euro comportou a desaparición...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma prefixada que se emprega na formación de palabras co significado de ‘relativo ou pertencente á Unión Europea’.

    2. Forma prefixada que se emprega na formación de palabras co significado de ‘europeo’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Campionato europeo de seleccións nacionais de baloncesto, que se celebra nos anos impares. Comezouse a disputar en 1935. A cuarta edición celebrouse en 1946, trala paréntese obrigada pola Segunda Guerra Mundial. Ao ano seguinte (1947) xogouse a quinta edición, para recuperar a secuencia normal de dous anos en 1949. Os equipos bálticos gañaron as primeiras edicións (Letonia, en 1935 e Lituania, en 1937 e 1939). A Unión Soviética encabeza o palmarés deste torneo, con catorce títulos, aos que lles hai que engadir tres subcampionatos e catro medallas de bronce. O dominio dos soviéticos, que monopolizaron a medalla de ouro entre 1957 e 1971, cesou antes da disolución da URSS en 1991, pois conseguiron o último triunfo en 1985; dende aquela os seus herdeiros, Rusia e Lituania, só conseguiron senllos subcampionatos (1993 e 1995, respectivamente), ademais do obtido polo equipo soviético en 1987, para desaparecer do podio tralo bronce ruso en 1997. Iugoslavia, segunda no medalleiro con oito triunfos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Obrigación emitida por estados ou grandes empresas internacionais, fóra da xurisdición de calquera autoridade nacional, coa intervención dun sindicato internacional de bancos e subscrita en gran parte polos investidores, cunha moeda nacional distinta á da denominación do empréstito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parlamento Europeo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao eurocentrismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia que considera a Europa como protagonista da historia e centro da civilización, utilizando as manifestacións culturais europeas como parámetros para medir o grao de civilización ou barbarie das demais culturas. Tomouse como base para xustificar a invasión europea dos países colonizados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Modalidade especial de cheque, emitido por un banco integrado nunha rede europea, que lle permite ao titular dunha conta corrente xiralo en divisa e cobralo en calquera dos bancos da rede, asumindo o banco a garantía do pagamento por unha cantidade máxima fixada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente xurdida a mediados da década dos sesenta do s XX entre os partidos comunistas da Europa mediterránea. Defendía a necesidade dunha nova estratexia de instauración do comunismo, adaptada ao capitalismo avanzado, na que o predominio da clase media non permitise aplicar os esquemas clásicos do marxismo, a loita de clases e a toma revolucionaria do poder. Renunciaba á ditadura do proletariado, aceptaba o pluralismo democrático, o pacto con outras forzas progresistas e a independencia respecto á URSS. Difundírono sobre todo Enrico Berlinguer e Santiago Carrillo.

    VER O DETALLE DO TERMO