Eurípides

Eurípides

Dramaturgo grego. Estudiou filosofía con Anaxágoras e foi o creador dun novo estilo de facer traxedias que non tivo moito éxito na súa época, pero si posteriormente. Entre as innovacións que introduciu cómpre mencionar a análise das paixóns amorosas dos personaxes femininos, o uso dos prólogos, o cambio da forma tradicional do coro ou a preocupación polo vestiario e a escenificación. Foi autor de máis de noventa traxedias, das que só se conservan dezasete. Destacan, entre elas, Alcestes (438 a C), Medea (431 a C), Hipólito (428 a C), Os heráclidas (427 a C), Andrómaca (426 a C), Hécuba (424 a C), As suplicantes (422 a C), Ion (418 a C), As troianas (415 a C), Ifixenia en Táuride (414 a C), Electra (413 a C), Helena (412 a C) e Orestes (408). En Galicia, Eurípides é un autor de referencia na obra de Manuel Lourenzo, autor da adaptación e da versión para o galego de textos como Hipólito (1973) ou Electra (1994).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Salamina

  • Deceso

    Lugar : Pella, Macedonia