"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • Teatro de loita política que nace en Rusia co gallo de espallar a ideoloxía bolchevique entre o proletariado. Malia a escaseza de medios materiais, destacou pola súa liberdade expresiva dentro dos límites regulamentados polo Comité Central do Partido Comunista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tornar agre, de sabor semellante ao do limón ou vinagre.

    2. Ter sabor acedo ou agre unha cousa.

    3. olverse agre, adquirir un sabor acedo.

    4. Enfastiar ou incitar a un animal, polo xeral ás abellas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de compañías e grupos de teatro creada en Vigo en 1978 co obxectivo de desenvolver proxectos que garantiran condicións de estabilidade na produción, distribución e exhibición teatral, así como reforzar a continuidade na organización da Mostra de Teatro Galego e das Xornadas de Teatro, de ámbito ibérico. Nela participaron agrupacións como A Farándula, Escoitade, Teatro Popular Keyzan, Máscara 17, Saudade, Teatro Popular Galego (despois Artello), Alén e Xiada, se ben cedo xurdiron diferencias entre elas e o movemento rematou por se disolver en 1980. Entre as iniciativas que desenvolveron cómpre salientar un proxecto de Teatro Estable Galego e unha proposta de Escola de Teatro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Ao principio defendeu a política dos galicanos e dos xansenistas no parlamento de París, onde foi avogado xeral (1690), procurador xeral (1700) e chanceler (1717-1718; 1720-1722; 1737-1750), desautorizando dende 1720 os seus antigos correlixionarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político castelán, marqués da Vega de Armijo e vizconde de Bobadilla. Foi Secretario das Cortes constituíntes xurdidas da Revolución de 1854. Deputado por Córdoba (1855), afiliouse á Unión Liberal de O’Donnell. Foi Gobernador de Madrid (1858-1860), vicepresidente das Cortes (1861), Ministro de Fomento (1861) e de Gobernación, embaixador en Francia, Ministro de Estado nos gobernos de Sagasta e vicepresidente do Consello Liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • José Sáenz de Aguirre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, comediógrafo e novelista francés. Escribiu o drama en alexandrinos Le Père Lebonnard (1889) e a novela Maurin des Maures (1908).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Axencia Internacional de Enerxía Atómica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués do que non posuímos ningún documento que testemuñe a súa orixe ou condición. Para uns críticos sería un burgués ou un vilán, mentres que para outros formaría parte da nobreza. A súa actividade poética céntrase na segunda metade do século XIII ou nos comezos do XIV. A súa posible relación con Vasco Perez Pardal apunta a unha estadía de Airas Veaz na corte de Afonso X na década de 1260. O Cancioneiro da Biblioteca Nacional e a Tavola Colocciana atribúenlle catro cantigas: tres de amor e unha de escarnio. Pola súa banda, o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana só recolle baixo a rúbrica atributiva do trobador as tres composicións de amor, (transmitidas tamén polo anterior cancioneiro). Unha das cantigas de amor recollidas nos apógrafos italianos, “A dona que eu vi por meu”, aparece tamén no Cancioneiro da Ajuda, xunto con outras once composicións, formando un conxunto homoxéneo que a crítica atribúe a Fernan Gonçalves de Seavra. No escarnio...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exposición dun medio á acción física ou química do aire. É unha práctica común nas plantas potabilizadoras de auga.

      1. Exposición á acción química do aire.

      2. Impregnación de aire.

      3. Saturación dun líquido con aire.

    2. Acción e efecto de facer penetrar nos poros do solo o aire preciso para a súa fertilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de airear.

    2. Dise do lugar onde o aire circula libremente.

    3. Vento que dura pouco tempo.

    4. Golpe forte de aire.

    5. Enfermidade ou influxo maligno que afecta sobre todo aos nenos polo contacto con certos animais, especialmente os réptiles, persoas e lugares como cemiterios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aditivo que mesturado co cemento ou formigón provoca a formación de pequenas burbullas na masa, aproximadamente de 1 mm de diámetro, circunstancia que os fai máis resistente ás xeadas, tanto antes como despois de secar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Someter á acción do aire.

    2. Saír dun lugar pechado para tomar o aire.

    3. Renovar o aire.

    4. Comentar algo para poñelo en coñecemento da xente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Planta da familia das aizoáceas.

    2. Familia de herbáceas da superorde das cariofílidas á que pertence o xénero Carpobrotus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de aminoalcohois quentando mesturas dun aldehido aromático e dun aminoácido que conteña un grupo amina primario ou secundario.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ferir con lanza.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ter fame, devecer pola comida.

    2. Desexar algo ardentemente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou o que fai ostentación das súas calidades, vangloriándose delas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer alarde ou ostentación dunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO