aireado -da
aireado -da
(< airear)
-
p reg
de airear.
-
adx
Dise do lugar onde o aire circula libremente.
Ex: Abre ben as fiestras para que a casa fique ben aireada.
-
s
f
[METEOR]
Vento que dura pouco tempo.
Ex: Esta pequena aireada axuda a sufocar a calor.
-
s
f
[METEOR]
Golpe forte de aire.
Ex: Veu unha aireada e levou todos os papeis.
Sinónimos: ventada. Confrontacións: refacho. -
s
f
[ETN/PAT]
Enfermidade ou influxo maligno que afecta sobre todo aos nenos polo contacto con certos animais, especialmente os réptiles, persoas e lugares como cemiterios.
Sinónimos: aire, aire.