aireado -da

aireado -da

(< airear)

  1. p reg

    de airear.

  2. adx

    Dise do lugar onde o aire circula libremente.

    Ex: Abre ben as fiestras para que a casa fique ben aireada.

  3. s f [METEOR]

    Vento que dura pouco tempo.

    Ex: Esta pequena aireada axuda a sufocar a calor.

  4. s f [METEOR]

    Golpe forte de aire.

    Ex: Veu unha aireada e levou todos os papeis.

    Sinónimos: ventada. Confrontacións: refacho.
  5. s f [ETN/PAT]

    Enfermidade ou influxo maligno que afecta sobre todo aos nenos polo contacto con certos animais, especialmente os réptiles, persoas e lugares como cemiterios.

    Sinónimos: aire, aire.

Palabras veciñas

aire-aire | aire-terra | aireación | aireado -da | aireante | airear | Aires da miña terra