aire
(< lat aere)
-
s
m
[FÍS/QUÍM]
-
Mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco ten, a 0°C e a 760 mm de presión, con variacións mínimas, a seguinte composición en volume: nitróxeno 78,084%, osíxeno 20,946%, argon 0,934%, dióxido de carbono 0,033%, outros gases raros 0,002%. Os coñecementos esenciais sobre a natureza do aire son debidos a Lavoisier, quen demostrou cos seus experimentos (1774) que está formado por nitróxeno e osíxeno. A primeira determinación cuantitativa correcta da proporción de osíxeno no aire foi efectuada a finais do s XVIII por un químico catalán, Antoni Martí i Franquès, que atopou que a composición volumétrica do aire atmosférico era de 79 partes de nitróxeno e 21 de osíxeno (aire vital, na época), rectificando así os valores aceptados por outros investigadores: Lavoisier, Priestley, Scheele, Senebier e Cavendish. A presencia, no aire, de substancias inertes distintas do nitróxeno fora indicada por unha experiencia de Cavendish (1785) e foi establecida dun modo preciso por Rayleigh (1892). Isto levou ao descubrimento do argon, feito por William Ramsay (1894), e seguidamente ao dos outros gases nobres, presentes no aire en moi pequenas cantidades. Ademais das compoñentes fixas devanditas, e deixando tamén de lado o vapor de auga, o aire das capas máis baixas da atmosfera contén normalmente, en cantidades pequenas e moi variables, un gran número doutros gases ou vapores, considerados como impuros, principalmente ozono, auga osixenada, óxido de nitróxeno, amoníaco, óxido de carbono, hidróxeno, hidrocarburos e compostos de xofre. Por outra parte, tamén hai normalmente microorganismos e sólidos en forma de po. Malia ser o aire unha mestura de composición non absolutamente fixa, debido á súa importancia práctica, as súas propiedades físicas foron determinadas con moito tento. As propiedades do aire como illante eléctrico varían moito segundo a densidade e a temperatura. Dende o punto de vista químico contan sobre todo no aire as dúas compoñentes principais. Non obstante, atendendo á súa relativa inercia química, o papel do nitróxeno é sobre todo de moderador do osíxeno, polo que se pode dicir que as propiedades químicas do aire son as do osíxeno, coa intensidade que corresponde á súa presión parcial na mestura. É unicamente o osíxeno o que intervén quimicamente na respiración das plantas e dos animais. Cómpre non esquecer a importancia biolóxica do nitróxeno e do dióxido de carbono (fixación do nitróxeno por microorganismos, fotosíntese das plantas verdes), nin tampouco a importancia da presenza de vapor de auga. As aplicacións industriais do aire poden clasificarse en cinco grupos: como comburente; as aplicacións pneumáticas, é dicir, en forma de aire comprimido; a utilización, por destilación fraccionada do aire líquido, en tanto que fonte inesgotable e gratuíta das súas principais compoñentes (nitróxeno e osíxeno) e tamén dos gases raros; a utilización na industria química como oxidante, e o emprego, en forma líquida, como refrixerante. O aire natural non é puro case nunca: adoita acoller diversas substancias contaminantes. A polución do aire por efecto do po, do fume, dos gases e similares pode ser ocasionada por causas naturais (erupcións volcánicas, incendios forestais, dispersión de pole e bacterias, po proveniente do espacio exterior, etc) ou ben a consecuencia da actividade humana. As fontes máis importantes de polución son a combustión de carbón e hidrocarburos, a incineración de refugallo, os procesos industriais, o uso de praguicidas agrícolas e outros, que poden enviar ao aire produtos sólidos -pós, fumes, cemento-, en parte formando aerosois; gases -principalmente dióxido de carbono e de xofre, monóxido de carbono, óxido nítrico, ácido sulfúrico-, e líquidos, xeralmente en estado de vapor. A polución do aire é moi importante nas grandes aglomeracións urbanas, a situación topográfica das cales facilita o estancamento do aire, por unha inversión de temperaturas, e a polución dun día acumúlase á do anterior. Os efectos económicos da polución do aire son importantes. Á parte das perdas por enfermidade, cómpre ter en conta a diminución das colleitas, o baixo rendemento de explotacións agropecuarias, a corrosión das estruturas metálicas e outros efectos que comportan perdas considerables.
-
Nome xenérico dado antigamente aos gases. Así, o aire desfloxisticado ou aire vital era o osíxeno; o aire fixo, o dióxido de carbono; o aire inflamable, o hidróxeno; o aire floxisticado, o nitróxeno; o aire inflamable das marismas, o metano.
-
-
s
m
O aire como medio, por oposición á terra e á auga.
Ex: O avión voa polo aire.
-
s
m
Aire en movemento, vento, especialmente de pouca intensidade.
Ex: Leva un xersei que vai algo de aire!
Sinónimos: brisa. -
s
m
-
Apariencia, aspecto que posúe algo ou alguén con respecto a outro elemento ou persoa.
Ex: A túa irmá Paula ten un aire coa túa avoa.
-
Actitude expresiva dunha calidade persoal ou emoción.
Ex: Ten uns aires de superioridade que bota para atrás.
-
-
[ETN/PAT]
Enfermidade que se contrae polo contacto con certos animais, especialmente os réptiles, persoas e mesmo lugares como os cemiterios, segundo a medicina popular galega. A debilidade, adelgazamento, inapetencia e raquitismo son algúns dos seus síntomas, que se manifestan especialmente nos nenos. A terapia adoita ser un ritual cheo de simbolismos onde o curandeiro desempeña o papel máis importante.
Ex: O Xoán colleu un aire do sapo que pisou.
-
s
m
Estado de debilidade causado nunha persoa polo mal de ollo.
Ex: Aquel malestar que tiña non estaba producido por unha enfermidade normal senón que era do aire.
-
s
m
[MÚS]
-
Tempo musical.
-
Melodía, tema, canción.
-
-
[ETN/AGR]
-
aire do pinche
Burato situado no pinche do hórreo por onde entra a luz.
-
aires/ventos
Ocos situado nas paredes laterais do hórreo que lle serven de ventilación e axudan a secar os produtos que hai dentro, como espigas ou mazarocas.
-
aire do pinche
-
[TECNOL]
Aire que, tratado nun aparello ou instalación de acondicionamento do aire, presenta as condicións higroscópicas, térmicas e de depuración axeitadas para crear e manter nun local ou habitáculo un ambiente de características predeterminadas.
-
[FISIOL]
olume de reserva inspiratoria.
-
[TECNOL]
Aire sometido, xeralmente mediante un compresor, a unha presión superior á atmosférica. O incremento de enerxía que posúe o aire cando está comprimido é aproveitable, ao se expandir, para obter un traballo mecánico ou producir unha corrente de aire. O aire comprimido é fácil e económico de acumular e de transportar e, polo tanto, pode ser usado a distancias considerables da fonte da que provén (compresor, acumulador ou botella). Ten a vantaxe, diante dos outros axentes de transmisión de enerxía (auga, vapor, electricidade e outros), de que a atmosfera asimila facilmente a enerxía excedente e non hai que recuperar o aire de saída. A aplicación, a grande escala, da enerxía do aire comprimido non foi introducida ata a segunda metade do s XIX, cando foi utilizada como fluído motor das locomotoras e perforadoras na construción dos túneles de Mont-Cenis (1861-1871) e Sankt Gotthard (1872-1882) nos Alpes. A construción de compresores movidos por vapor permitiu, arredor do período de 1885-1890, a creación de grandes centrais de aire comprimido (Birmingham, París, Edimburgo, Dresden) que o distribuían por rede de tubos ás diversas fábricas da localidade. Máis tarde, os pequenos compresores, accionados con motores eléctricos ou endotérmicos, permitiron a rápida difusión do uso do aire comprimido. O aire comprimido utilízase nunha gran variedade de procesos fundamentais na industria. Así, vehicula materiais nos procesos de manutención pneumática; é o medio de impulsión de cartuchos para o transporte de correspondencia e de obxectos pequenos; é o fluído motor das ferramentas e dos motores pneumáticos, dos circuítos de comando e de control e dos elevadores pneumáticos; crea balóns de aire para o soporte de vehículos e a suxeición dos aerodeslizadores; proporciona ventilación forzada ás minas e a outros espacios pechados; axita líquidos por burbullación, etc. O aire comprimido tamén se utiliza en certos acumuladores de enerxía (acumulador de aire comprimido). Os motores de aire comprimido teñen poucas pezas móbiles, son lixeiros, autorrefrixerantes e non producen chispeos. A súa lixeireza fainos tamén moi útiles para accionaren aparellos nas cadeas de montaxe.
-
[TRANSP]
Nos motores de reacción, parte do aire aspirado, consumido na combustión.
-
[FISIOL]
olume máximo que se pode expulsar despois dunha expiración normal; o valor medio no home é de 1.500 cm 3 .
-
[TRANSP]
Nos motores de reacción, parte do aire aspirado que reduce a temperatura da combustión na entrada da turbina.
-
[FISIOL]
Aire que queda nas vías respiratorias, é dicir, na cavidade naso-farínxea, na tráquea e nos bronquios. Non se pon en contacto co epitelio do pulmón nin intervén nos intercambios gasosos.
-
Aire que, por falta de ventilación nas galerías dunha mina, empobreceu en osíxeno e cargouse de dióxido de carbono e doutros gases.
-
[METEOR]
Aire cunha humidade relativa moi elevada, que se condensa doadamente.
-
[QUÍM/IND]
Aire que, como resultado dunha serie de compresións, expansións e enfriamentos, pasou ao estado líquido. O aire líquido está a unha temperatura de -190°C e é conservado e transportado en vasos de Dewar. A súa fabricación industrial foi iniciada no ano 1898 en Alemaña por Karl Linde. No aparello de Linde, o aire é comprimido, arrefecido e expansionado ciclicamente ata chegar a unha temperatura moi baixa, de xeito que, ao ser expansionado ata a presión atmosférica é capaz de baixar a súa temperatura de ebulición (-190°C). O aparello de Linde foi perfeccionado por Claude (1906) ao facer que unha parte do aire comprimido se expansionase producindo traballo, co cal arrefece aínda máis, obtense maior produción e recupérase enerxía. A principal aplicación do aire líquido é a obtención de osíxeno e subsidiariamente de gases nobres e de nitróxeno, por destilación fraccionada. Ademais, utilízase como refrixerante.
-
[FISIOL]
olume de aire que queda nos pulmóns despois de realizar unha expiración máxima; tamén se denomina volume residual.
-
[FISIOL]
olume de aire que entra e sae dos pulmóns nunha repiración normal, non forzada.
-
[METEOR]
Aire que contén toda a cantidade de vapor de auga que pode conter coa súa temperatura.
-
[METEOR]
Aire que, cando a súa temperatura é moi superior á do punto de xeada, se comporta fisicamente como seco, aínda que conteña vapor de auga.
-
[FISIOL]
olume de aire de reserva que queda despois de realizar unha expiración normal e que se pode expulsar cunha expiración forzada.
-
Termo anticuado, conservado na linguaxe popular, para indicar unha turbulencia térmica ou dinámica.
-
[METEOR]
-
masa de aire
Grande extensión de aire que cobre unha área mínima de centenares de miles de km 2 na cal as propiedades físicas do aire, temperatura e humidade principalmente, varían pouco en sentido horizontal. As carácterísticas da masa de aire dependen da superficie (terrestre) sobre a que se sitúan, denominadas áreas mananciais. Os contactos entre distintas masas de aire dan lugar á aparición de frontes. As masas de aire clasifícanse pola súa temperatura e zona de orixe (podendo ser ártica, polar, tropical ou ecuatorial) e segundo o seu grao de humidade, marítimas ou continentais. As principais masas de aire que se alternan nas situacións atmosféricas que afectan a Galicia son a tropical marítima e a polar marítima.
-
masa de aire antártico
Masa de aire que se forma sobre a Antártida, de características semellantes ás do aire ártico, aínda que cunha temperatura e cunha húmidade máis baixas ca as deste.
-
masa de aire ártico
Masa de aire que se forma sobre o océano Ártico e os mares e estreitos circundantes. No inverno a masa é extremamente fría e relativamente seca; no verán dá unha temperatura de arredor dos 0°C e é moi húmida.
-
masa de aire ecuatorial
Masa de aire moi cálido e húmido caracterizada por unha forte ascendencia vertical que provoca intensas chuvias. Orixínase no cinto ecuatorial, limitado tanto ao norte como ao sur por unhas liñas que oscilan entre os paralelos 10° e 20° en ambos hemisferios.
-
masa de aire polar continental
Masa de aire extremadamente frío e seco, caracterizada por unha temperatura moi baixa a rentes do chan, que crece coa altura ata uns 1.000 ou 1.500 m. Orixínase no inverno sobre as masas continentais de América do Norte e de Asia ata o paralelo 40°N aproximadamente e, no verán, a rexión fonte redúcese ata traspasar o paralelo 50°N.
-
masa de aire polar marítimo
Masa de aire frío e relativamente húmido, formada nas altas latitudes dos océanos Atlántico e Pacífico, tanto no hemisferio boreal como no hemisferio austral.
-
masa de aire tropical continental
Masa de aire cálido e seco, orixinada no inverno sobre a parte de África situada ao norte da latitude 10°N e que no verán se estende por Europa central, Arabia e incluso chega a Asia central; a rexión sur-occidental de América do Norte tamén forma parte da súa fonte durante o verán.
-
masa de aire tropical marítimo
Masa de aire cálido e húmido que se forma sobre os anticiclóns permanentes do Atlántico e do Pacífico.
-
masa de aire
Frases feitas
-
Cambiar/mudar de aires. Trasladarse a outro lugar temporal ou definitivamente. Ex: Para deixar a súa adicción á droga tivo que cambiar de aires e buscar novos amigos.
-
Collelas /pescalas/pillalas no aire. Comprender facilmente. Ex: Non se lle escapa ningunha, sempre as colle no aire.
-
Darlle un aire. Ter un ataque de parálise.
-
Darse aires. Ser moi fachendoso. Ex: Aínda que é un ninguén, dáse aires de nobre a acapara todas as portadas das revistas.
-
De bo aire. Que está de bo humor.
-
De mal aire. Que está de mal humor.
-
Estar no aire. Estar pendente de resolución ou estar nunha situación insegura. Ex: A visita do alcalde á nosa parroquia aínda está no aire. A aceptación deste produto no mercado está no aire.
-
Ficar/quedar no aire. Que está á espera de resposta. Ex: A pregunta do mestre quedou no aire para quen a quixera responder.
-
Golpe de aire. Aire en movemento, vento.
-
Matalas no aire. Ser noi rápido e agudo nas respostas. Ex: É un cativo moi espelido sempre as mata no aire.
-
Nun aire. De seguida, agora mesmo. Ex: A solución a ese problema matemático doucha eu nun aire.
-
Ó aire libre. Nun espazo libre e aberto.
-
Ter un aire. Ter un parecido, unha semellanza.
-
Tomar o aire. Saír a dar unha volta.