brisa

brisa

(< antigo *borisa < latboreas ou fr bise?)

s f [METEOR]

ento de periodicidade diaria, de velocidade comprendida entre 5 e 9 m/s, orixinado no litoral polo quecemento diferencial da superficie da terra respecto da do mar (provocado polo contraste entre as calores específicas e o volume dunha e doutra masa) e, no interior, polo quecemento diferencial entre a montaña e o val (provocado pola altitude e a orientación das vertentes). De día (brisa diúrna), sopra de mar a terra (brisa de mar, de fóra ou marea) e, de noite (brisa nocturna), de terra a mar (brisa de terra) ou da montaña ao val (brisa de montaña).

Sinónimos

Palabras veciñas

briozoo | Briquet, John Isaac | briqueta | brisa | brisado -da | Brisán | brisar