"Eiré" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 119.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Belesar (Vilalba). A edificación principal ten planta en forma de L, con dúas alturas e cuberta de lousa. A ela únense varias construcións, entre as que destaca a capela. Tamén conserva cruceiro, hórreo e un patio amurallado, así como os escudos de armas barrocos e unha inscrición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
meirao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
meirao.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Certame literario de narracións breves creado en 1976 polo Padroado Pedrón de Ouro en memoria do que fora presidente da Fundación Pedrón de Ouro, Modesto Rodríguez Figueiredo. O seu obxectivo é promover a literatura narrativa en lingua galega, ademais de homenaxear ao patricio pontevedrés. Algúns dos gañadores deste certame foron Tucho Calvo, Rosa Aneiros, Víctor Fernández Freixanes, Miro Villar e Xoán Ignacio Taibo.
-
PERSOEIRO
Neurólogo e político portugués. Estudou medicina na Universidade de Coimbra, onde se doutorou en 1899. En 1902 pasou a exercer como profesor na facultade de Medicina da mesma universidade. En 1911 trasladouse á de Lisboa para ocupar a cátedra de Neuroloxía; en 1929 ostentou o cargo de director do centro. Introduciu e desenvolveu a anxiografía cerebral, método de diagnóstico de gran valor para a detección de enfermidades intracraniais que permite ver os vasos sanguíneos do cerebro ao inxectarlles substancias opacas aos raios X. En 1936 realizou con A. Lima unha lobotomía, primeira intervención cirúrxica no cerebro para tratar unha enfermidade mental. Compaxinou o seu labor científico coa carreira política; foi deputado (1903-1917), embaixador de Portugal en España (1917), ministro de Asuntos Exteriores (1918) e presidente da delegación portuguesa da Conferencia de Paz de París (1918). Publicou máis de 300 traballos científicos e estudos sobre figuras das letras e das artes plásticas entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Negreira ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Negreira.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Ortigueira ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Ortigueira.
-
-
-
Que ou quen fai palleiros.
-
palleirán.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Instrumento musical de percusión que consiste nun aro de madeira, de 25 a 30 cm de diámetro, revestido nun dos lados con pel de ovella e que nos bordos leva colocados, nunhas rañuras, en grupos de dous, uns discos de latón, denominados ferreñas, nunha cantidade que oscila entre os 7 e os 14 pares. As fendas do aro e colocadas en dous planos paralelos á membrana, poden presentarse alternas ou ben situadas perpendicularmente. Tócase movéndoo cunha man e golpeándoo contra a outra.
-
-
Persoa que toca a pandeireta.
-
Persoa que vende ou fai pandeiretas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa fundada en Vigo en 1895 por Paulino Freire. Comezou dedicándose á construción de barcos con cascos de madeira de deseño propio, provistos de equipos propulsores e auxiliares con patente propia. Co tempo especializáronse na construción de barcos con casco de aceiro de ata 160 m de eslora e na reparación e renovación de todo tipo de embarcacións, principalmente pesqueiros e remolcadores, pero tamén frigoríficos, portacolectores e buques de apoio e vixilancia.
-
PERSOEIRO
Trobador occitano. De familia nobre e activo na corte de Xaime I de Aragón entre 1205 e 1272, destacou pola elaboración de cantigas satíricas de tema político, amoroso, relixioso e moral. A súa produción, da que se conservan 96 pezas, deriva dos violentos acontecementos que viviu Occitania naquela época, como as cruzadas contra os albixenses, e da súa propia reflexión sobre as cuestións espirituais e relixiosas do momento. Noutras composicións amosou o seu pesar polo triunfo da maldade sobre a virtude e a elegancia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador occitano. De orixe burguesa, desenvolveu a súa actividade na corte de Afonso VIII de Castela e nas cortes provenzais entre 1150 e 1200. Consérvanse 21 cantigas de tema amoroso e moral-relixioso, que, polo seu estilo, situábano na tradición do trobar clus, iniciada por Marcabrú. Coñecido na literatura renacentista italiana, o seu nome aparece como referencia en diversos textos de Dante e Petrarca.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Trobador occitano. Activo entre 1183 e 1204, estivo nas cortes de Ramón V de Tolosa, Barral dos Baus, Afonso II Aragón e pode que tamén na de Afonso VIII de Galicia e León. Viaxou por Palestina, Italia, Hungría e Malta. Posuíu unha personalidade poética chea de enxeño e de agudeza, hábil na caricatrura e na parodia. Del consérvanse 45 cantigas, trece con música, de estilo sinxelo e claro que o achegan ao trobar leu.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Astrónomo e arqueólogo francés. Foi o primeiro en confeccionar un mapa da Lúa e en observar, á luz do día, o planeta Mercurio. Estudou tamén a circulación do sangue no corpo e contribuíu a establecer un catálogo de plantas exóticas de Francia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que fai ou vende peneiras.
-
lagarteiro peneireiro.
-
Ave rapaz de 31-35 cm de lonxitude, e 74-90 cm de envergadura, ás longas e apuntadas, cola curta, estreita con forma de forquita co dorso e a cabeza de cor gris azulada e as ás de cor gris pola parte superior e negras nas puntas. As partes inferiores son brancas co peito agrisado e os ollos vermellos. Aliméntase de pequenas aves, insectos, ras, lagartas e pequenos mamíferos. En Galicia a súa presenza é rara, mentres que no resto da Península Ibérica se reproduce na metade occidental, ata Ponferrada.
-
-
PERSOEIRO
Empresario francés. Establecido en París (1822), dedicouse ao cambio de moeda. En 1835 asociouse con James de Rothschild para construír e explotar a liña férrea París-Saint- -Germain-en-Laye, pero máis tarde fundou unha banca propia (1852), que foi malograda en 1868.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Teólogo e relixioso franciscano. Doutor en Teoloxía e diplomado en pedagoxía, foi profesor no Instituto Teolóxico Compostelano. Fundador e director do Centro Cultural de Xoán XXIII, en Santiago de Compostela, en 1983 nomeárono arcebispo de Tánxer. Colaborou en Encrucillada e Liceo Franciscano e en diversas obras colectivas da que destaca La Iglesia en Galicia (1974) e La misión franciscana de Marruecos: ayer y hoy (1996), e escribiu El pecado y hombre actual (1972) e La iglesia en Galicia: el ayer-el hoy (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Fornelos (O Bolo). O seu cumio acada os 904 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que está cheo de po.