Modesto R. Figueiredo, Certame Nacional Galego de Narracións Breves
Modesto R. Figueiredo, Certame Nacional Galego de Narracións Breves
[LIT]
Certame literario de narracións breves creado en 1976 polo Padroado Pedrón de Ouro en memoria do que fora presidente da Fundación Pedrón de Ouro, Modesto Rodríguez Figueiredo. O seu obxectivo é promover a literatura narrativa en lingua galega, ademais de homenaxear ao patricio pontevedrés. Algúns dos gañadores deste certame foron Tucho Calvo, Rosa Aneiros, Víctor Fernández Freixanes, Miro Villar e Xoán Ignacio Taibo.