Modesto, san ? - Xerusalén 634

Modesto, san ? - Xerusalén 634

Patriarca de Xerusalén. Foi abade de San Teodoro de Palestina e sucedeu a san Zacarías como patriarca de Xerusalén. Escribiu unhas homilías e un panexírico sobre a Asunción. A súa festividade celébrase o 16 de decembro.