"Erte" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 135.

      1. Cambiar a orde, posición ou disposición de algo quedando de xeito contrario ao que estaba.

      2. Dar a volta a algo de maneira que a parte de arriba quede para abaixo.

    1. Converterse algo no contrario do que era.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. Residiu en París (1925-1936), onde entrou en contacto con Montparnasse e outros moitos artistas. Ademais de traballar para diversas revistas internacionais de prensa en París e Nova York, iniciou a Robert Capa, Cartier-Bresson e Brassai na fotografía poética urbana. Creador da serie Distorsións (1933), expuxo a súa obra no MOMA de Nova York e na Biblioteca Nacional de París.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. A súa obra, marcada polas súas experiencias persoais nos campos de concentración de Auschwitz e Buchenwald, céntrase no holocausto e nos cambios políticos orixinados trala finalización da Segunda Guerra Mundial. Despois de loitar contra a censura no seu país, sobresaíu como un dos máis destacados narradores húngaros do s XX. Dos seus libros cómpre salientar Sen destino (1975), O fracaso (1988), Un instante de silencio no paredón (1998) e Kaddish polo fillo non nacido (2001). Recibiu o Premio do Libro de Leipzig (1997) e o Premio Nobel de Literatura (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Michael Curtiz, entre os filmes que dirixiu destacan The Charge of the Light Brigade (1936), The Adventures of Robin Hood (1938), Casablanca (1943) ou The Comancheros (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Personaxe mitolóxico, fillo de Arcisio e de Calcomedusa. Casou con Anticlea, coa que tivo a Ulises e Ctímene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica terapéutica en que se utilizan raios láser. O seu uso máis estendido está na prevención e no tratamento do desprendemento de retina en enfermos diabéticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Fundou (1981) xunto con Gust de Meyer o grupo Soft Verdit co que realizou os seus primeiros traballos baseados na experimentación, como Close cover (1983) e A visiting card (1984). O seu estilo caracterízase polo emprego das técnicas minimalistas cun acusado sentido romántico. Da súa discografía destacan Maximizing the audience, Strategie de la rupture (1991), And bring you back (1998), Jérémiades (1995) e Der heisse brei (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e narrador. Membro das Redes Escarlata, participou na obra colectiva Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata (2003) e publicou O lobo da xente (Premio Narrativas Quentes, 2003), ademais de coordinar a revista literaria Espasmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Produción cinematográfica dirixida por Juan Antonio Bardem e protagonizada por Alberto Closas e Lucía Bosé en 1955. Unha morte accidental e a posterior fuga dos homicidas sérvenlle ao director para afrontar o tema da dubidosa condición humana das persoas, que neste caso só se ve perturbada polo sentimento de culpabilidade presente na conciencia dos protagonistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome que recibían os nemertinos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cartógrafo e cosmógrafo. Foi cartógrafo oficial da corte de Filipe II desde 1575. Publicou un atlas en 1570 que serviu de base a outros cartógrafos a partir de 1580 e ao longo do s XVII. Foi o primeiro cartógrafo que debuxou un mapa da Península Ibérica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Atleta. Especialista en lanzamento de disco, foi o primeiro deportista en gañar a medalla de ouro en catro xogos olímpicos consecutivos (Melbourne 1956, Roma 1960, Toquio 1964 e México 1968). Ademais, bateu catro veces a marca do mundo nesas finais olímpicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está situado ao longo ou ao lado da columna vertebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada en Guitiriz. Construíuse en estilo gótico, ten unha soa nave rectangular e ábsida case cadrada, con cuberta de lousa. O arco triunfal é apuntado. A primitiva cuberta da nave era un artesoado que se ocultou polo teito de madeira. A ábsida cóbrese cunha bóveda nervada sexpartita. No interior destacan os capiteis das columnas, decorados con motivos vexetais, harpías e cabezas humanas. No exterior, os muros, de cantaría, reforzáronse con contrafortes. A fachada principal é do s XVIII e ten porta arquitrabada e espadana dun van con remates neoclásicos. No lado sur consérvase unha das portas da construción orixinal cun arco de medio punto lixeiramente apuntado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Traballou como reporteiro de prensa, radio e televisión (1973-1994), primeiro no xornal Pueblo e despois cubrindo os conflitos armados internacionais en TVE. Da súa obra narrativa, que combina a novela histórica e de aventuras co xénero negro, destacan El húsar (1986), El maestro de esgrima (1988), El club Dumas (1993), Territorio comanche (1994), crónica da guerra de Bosnia; La piel del tambor (1995) e Cabo Trafalgar (2004). A finais de 1996 comezou a colección Las aventuras del capitán Alatriste. Recibiu o Premio Jean Monnet de Literatura Europea (1997) e foi elixido membro da Real Academia Española (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Deseñador gráfico. Formouse na Escuela EINA de Barcelona e en 1992 creou Permuy Asociados SA. O seu traballo esténdese aos campos da identidade corporativa, o deseño de marcas e logotipos, o deseño de publicacións e o deseño editorial, empresarial e institucional. Destacan, entre outras, os traballos realizados para o Xacobeo 99, o Consorcio de Santiago de Compostela, a Fundación Eugenio Granell, o Centro Dramático Galego e Galicia Terra Única. Participou, entre outras, nas mostras Barcelona 92, la creativitat gráfica a l’esport olímpic (1989), Galicia: tradición y diseño (1991) e Signos del Siglo. 100 años de Diseño Gráfico en España (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pau longo e moi resistente.

    2. ara simbólica que levaba o pertegueiro maior das catedrais a finais da Idade Media, como símbolo de autoridade.

    3. ara longa, flexible e resistente, que se utiliza en atletismo na proba de salto con pértega.

    4. Cada unha das pezas curvas e laterais do carro onde van os buracos dos estadullos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado coa pértega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • preguiceiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Modisto. Establecido en Barcelona, abriu a súa propia casa de modas en 1942 e posteriormente en Madrid (1946) e noutros lugares de España. Especializouse na alta costura desde a década de 1960. As súas creacións caracterízanse por unha gran fantasía e orixinalidade. Foi nomeado Comendador de la Real Orden de Isabel la Católica (1969) e recibiu a Medalla de Oro de la Universidad Complutense de Madrid (1993), Medalla del Fomento de Artes Decorativas (1994) e Medalla de Oro al Mérito en las Bellas Artes (1999). En 2004 celebrouse unha exposición antolóxica da súa obra no Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía.

    VER O DETALLE DO TERMO