Kertész, Imre

Kertész, Imre

Escritor. A súa obra, marcada polas súas experiencias persoais nos campos de concentración de Auschwitz e Buchenwald, céntrase no holocausto e nos cambios políticos orixinados trala finalización da Segunda Guerra Mundial. Despois de loitar contra a censura no seu país, sobresaíu como un dos máis destacados narradores húngaros do s XX. Dos seus libros cómpre salientar Sen destino (1975), O fracaso (1988), Un instante de silencio no paredón (1998) e Kaddish polo fillo non nacido (2001). Recibiu o Premio do Libro de Leipzig (1997) e o Premio Nobel de Literatura (2002).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Budapest