"Eza" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 269.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de descabezar.
-
-
Cortar a cabeza.
-
Cortar a parte superior dalgunha cousa.
-
-
-
de despezar.
-
Aplícase ao animal representado en partes.
-
-
-
Acción de despezar.
-
-
Disposición dos perpiaños nun paramento e das doelas nun arco ou nunha bóveda.
-
Cortes dos perpiaños por onde se xuntan uns con outros.
-
-
-
Plano ou conxunto de planos en que están representadas todas as pezas que forman parte dun conxunto ou dunha máquina.
-
despezamento telescópico
Despezamento en que a representación se fai empregando a perspectiva e dispoñendo as pezas de maneira que os lugares que ocupan sobre o plano, sexan a prolongación coaxial do lugar onde están montadas.
-
-
-
-
Desfacer algo total ou parcialmente.
-
-
Desmontar unha cousa total ou parcialmente separando as distintas pezas que a compoñen.
-
Dividir un muro, un arco ou unha bóveda nas diversas pezas que o compoñen para montalo ou desmontalo.
-
-
Cortar en anacos unha res ou calquera animal que se utiliza para o consumo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é digno de desprezo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen despreza.
-
-
Tratar a alguén ou algo con desprezo ou amosar unha actitude de desprezo.
-
Non dar importancia ou non ter en conta algo ou alguén.
-
Rexeitar alguén algo que se lle ofrece por consideralo de pouco valor ou utilidade ou por calquera outro motivo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que denota desprezo.
-
-
Habilidade ou capacidade dunha persoa para realizar moi ben algo que parece difícil.
-
Destreza que no currículo escolar se refire aos coñecementos e hábitos precisos para que o alumno obteña o éxito necesario ao longo da súa vida académica e sexa capaz de facer fronte ás situacións que se lle van presentando na súa vida corrente. Deben adquirirse nos primeiros anos de escolarización e tradicionalmente considéranse destrezas básicas a lectura, a escrita e o cálculo aritmético.
-
Destreza comunicativa que segundo o esquema básico da comunicación oral inclúe, no medio oral-auditivo, a expresión oral (segunda fase da codificación) e a comprensión oral-auditiva (segunda fase da descodificación oral). Se estas destrezas se proxectan sobre o medio visual ou escrito inclúe a comprensión lectora e a expresión escrita. Estas catro destrezas comunicativas clasifícanse, á súa vez, en destrezas activas ou de produción, e destrezas pasivas, receptivas, ou de recoñecemento.
-
-
RIOS
Río afluente do Ulla pola esquerda. Nace na vertente noroccidental da serra do Testeiro, na parroquia de Zobra (concello de Lalín). O seu curso, que se adapta á tectónica fracturada da comarca, deixa ao O a serra do Candán e adopta unha dirección S-N, coa que penetra na parroquia de Vilatuxe e que mantén para servirlles de límite aos concellos de Lalín (parroquias de Vilatuxe, Barcia, Anseán, Cristimil, Prado, Noceda e Anso) e Silleda (parroquias de Parada, Laro, Oleiros, Cortegada, Taboada e Vilar). Neste treito, na parroquia de Prado, recibe o seu principal afluente, o Asneiros. Entre as parroquias de Losón (Lalín) e Vilar (Silleda) vira cara ao NO para continuar co trazado da demarcación dos concellos de Silleda (Ponte e Saídres) e Vila de Cruces (San Pedro de Losón). Ao chegar ao deslinde das parroquias de Fontao e Saídres muda de novo a súa dirección, esta vez cara ao O, e continúa polo límite municipal de Silleda e Vila de Cruces, que mantén ata a súa desembocadura, respectivamente...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Arciprestado da diocese de Lugo que abrangue todas as parroquias do concello de Lalín (agás as de Alemparte, Castro de Cabras, Moimenta e Parada) e as de Fontao, San Pedro de Losón e Toiriz, do concello de Vila de Cruces.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe galega que trae como armas, en campo de azul, un castelo de prata. Algúns levan, en campo de ouro, unha faixa de goles acompañada de catro medios paos de azul, dous no alto e dous no baixo. Outros ostentan, en campo de prata, un losanxe de goles, cargado dun castelo de ouro e cantonado de catro flores de lis de azul. Outra variante trae, en campo de goles, un castelo de prata, acompañado de catro flores de lis de ouro, dúas a cada lado; bordo do mesmo metal, coa lenda en letras de sable: “Solo virtutis monumenta manent”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín mensual do instituto de ensino medio e profesional de Lalín que apareceu en maio de 1956. Cesou a súa edición en 1960. Contou coa colaboración de Ramón Mª Aller Ulloa, Xosé Martínez López, Salvador Madriñán e Manuel Riveiro, entre outros. Trátase dunha publicación que tiña como obxectivos o fomento das actividades artísticas, deportivas e políticas dos habitantes das vilas na que se distribuía, entre as que figuran Lalín, Rodeiro, Agolada, As Cruces e Silleda. Mantivo tamén unha estreita relación coa Sociedad de Hijos del Partido de Lalín de Bos Aires.
-
ENTRADA LARGA
Comarca natural e administrativa do centro da Comunidade Autónoma de Galicia, que comprende as concas do río homónimo e a do Arnego, delimitadas por un conxunto de pequenos sistemas montañosos que a rodean polo L (serras do Farelo e do Faro), S (montes do Testeiro) e O (serra do Candán), e polo río Ulla, colector deses dous ríos, ao N. Abrangue unha superficie de 1.026,06 km2, nos que acolle 49.697 h (1996) distribuídos entre os concellos de Agolada (147,5 km2; 4.915 h), Dozón (74,18 km2; 2.538 h), Lalín (326,62 km2; 20.515 h), Rodeiro (154,8 km2; 4.578 h), Silleda (167,84 km2; 9.572 h) e Vila de Cruces (154,87 km2; 7.624 h). Limita ao N coas comarcas de Arzúa e de Terra de Melide, ao L coa Ulloa e Chantada, ao S co Carballiño e ao O con Tabeirós-Terra de Montes e con Santiago. A cabeceira comarcal é a vila de Lalín, favorecida polo seu emprazamento central no conxunto da comarca e por ser nó das comunicacións...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo. Ingresou na orde dominicana e foi profesor de teoloxía na Universidad de Salamanca (1477-1486). Foi bispo de Zamora (1494), Jaén (1497) e Palencia (1500). Sucedeu a Torquemada no cargo de inquisidor xeral, primeiro de Castela (1497) e logo de Aragón (1498-1507). En 1504 foi nomeado arcebispo de Sevilla e morreu antes de tomar posesión da mitra de Toledo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pazo de Varela de Limia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou paz de Terrer Acordo asinado en Deza, preto de Soria, e en Terrer, preto de Calatayud, os días 13 e 14 de maio de 1361, entre Pedro I de Castela e Pedro IV de Aragón, que intentaba poñer fin á Guerra dos Dous Pedros. Acordaron a restitución das prazas ocupadas, a liberación dos prisioneiros e a remisión ao legado do preito sobre Alacant e Almazán.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación trimestral en galego aparecida en Silleda en 1994 e subtitulada “Revista informativa sobre a Comarca de Deza”. Editada pola Asociación de Hostelería de Lalín, cesou a súa edición en 1999. Coordinada por Manuel Núñez, contaba coa colaboración de Daniel González, Xan Liñares, Anxo Oro, Xosé Luna, Mónica Balo e Carmen Lastres, entre outros. Incluía información sobre aspectos económicos, deportivos, sociais e de infraestruturas dos concellos que integran a comarca: Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces. Ademais, engadía artigos sobre a historia, a música, a arquitectura e o medio natural da comarca. Cómpre subliñar, tamén, as referencias a mostras de pintura e escultura. No apartado “Aula literaria”, incluía poesías, pequenos textos literarios e artigos sobre xornais ou publicacións antigas destes concellos, ou mesmo referencias a autores galegos, como Manuel García Barros Ken Keirades.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista e historiador da arte. Escribiu, entre outras obras, La théorie et la pratique du jardinage (A teoría e a práctica da xardinería, 1709) e Abrégé de la vie des plus fameux peintres (Resumo da vida dos máis famosos pintores, 1745-1752). O seu fillo Antoine-Nicholas Dezallier D’Argenville (?-1796) escribiu, entre outras obras, Voyage pittoresque de Paris (Viaxe pintoresca por París, 1757) e Vies des fameux architectes, depuis la Renaissence des arts, avec la description de leurs ouvrages (Vida de famosos arquitectos, despois do renacemento das artes, coa descrición das súas obras, 1787).
VER O DETALLE DO TERMO