destreza

destreza

(

  1. s f

    Habilidade ou capacidade dunha persoa para realizar moi ben algo que parece difícil.

    Ex: Ten unha destreza especial para tocar o piano. Fai as tarefas da casa con moita destreza.

    Confrontacións: maña, pericia.
  2. destreza básica [PEDAG]

    Destreza que no currículo escolar se refire aos coñecementos e hábitos precisos para que o alumno obteña o éxito necesario ao longo da súa vida académica e sexa capaz de facer fronte ás situacións que se lle van presentando na súa vida corrente. Deben adquirirse nos primeiros anos de escolarización e tradicionalmente considéranse destrezas básicas a lectura, a escrita e o cálculo aritmético.

  3. destreza comunicativa/lingüística [LING]

    Destreza comunicativa que segundo o esquema básico da comunicación oral inclúe, no medio oral-auditivo, a expresión oral (segunda fase da codificación) e a comprensión oral-auditiva (segunda fase da descodificación oral). Se estas destrezas se proxectan sobre o medio visual ou escrito inclúe a comprensión lectora e a expresión escrita. Estas catro destrezas comunicativas clasifícanse, á súa vez, en destrezas activas ou de produción, e destrezas pasivas, receptivas, ou de recoñecemento.