"FUE" (Contén)

Mostrando 15 resultados de 95.

  • Empresa fundada en 1877 que se dedica ao envasado de auga natural, tanto con gas coma sen gas, que se caracteriza pola súa baixa mineralización e a súa composición bicarbonatada-sódica. Comercializa as marcas Agua de Mondariz e Fuente del Val, declaradas de utilidade pública en 1877 e 1897, respectivamente. Pertence ao grupo Vichy Catalán desde 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mestre de capela. Traballou na catedral de Lugo desde 1943 a finais da década de 1960. Doutor en Filosofía e Teoloxía, pola Universidad Pontificia de Comillas, especializouse en música con Nemesio Otaño ou Xosé Ignacio Prieto e reorganizou a Schola Cantorum do seminario, onde impartiu o ensino musical. Da súa produción destacan oito lieders sobre textos de Rosalía de Castro, premiados en Pontevedra no I Festival da Canción Galega (1960); dentro da música sacra Ecce Panis, Tu es Petrus, Estrella del Mar, Señor Sacramentado e Misa Peregrini; no aspecto profano compuxo Rapsodia abulense, Esta gaitiña que eu toco e moitas pezas polifónicas que están baseadas en melodías galegas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor, autor e director. Coñecido como Nancho Novo, desenvolveu unha ampla actividade teatral como intérprete (Defendiendo al cavernícola), director e autor de varias obras (Cyborg, blues por un perro muerto ou Maloficio). Cantante e guitarrista do grupo Los Castigados sin Postre, co que publicou o disco Confieso que he bebido (1996), comezou a súa andaina cinematográfica no filme El juego más divertido (1988) e tivo o seu primeiro papel protagonista en La ardilla roja (1992). Tamén cómpre salientar a súa participación nos filmes La flor de mi secreto (1995), Tierra (1996), A noiva de media noite (1997), Fisterra (1998), Los amantes del Círculo Polar (1998), Tierra de fuego (2000), O lapis do carpinteiro (2002) ou Astronautas (2004). Recibiu o premio ao actor revelación da Unión de Actores de Madrid (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Foi deputado provincial en Ourense e tivo sona de culto e defensor dos ideais católicos. Fundou o semanario La Nacionalidad, xunto con Venancio Moreno Pablos e Urbano Ferreiroa Millán. Realizou unha serie de monografías sobre os filósofos do s XIX, publicadas no semanario Soluciones Católicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Licenciado en Teoloxía e Ciencias Bíblicas, foi cóengo e deán da catedral de Santiago de Compostela e profesor do Instituto Teolóxico e de ensino secundario. Foi secretario da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela, secretario xeral da Xunta Central do Ano Santo compostelán (1965, 1971 e 1975), provigairo xeral do arcebispado de Santiago de Compostela (1973) e censor e xuíz prosinodal do mesmo.
    Escribiu El Apóstol Santiago, apellidado el Mayor, Guía del Peregrino (1965), Santiago el Mayor, patrón de España: vida y culto (1985), Catedral de Santiago de Compostela (1993), Santiago Apóstolo: vida, peregrinaciones, catedral compostelana (1999) e O pensamento relixioso do profesor Alfredo Brañas (2003).
    Deán honorario das catedrais de Santiago de Compostela e Braga, recibiu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Eclesiástico e administrador. Inquisidor en Sevilla e oidor en Granada, en 1524 foi nomeado bispo de Santo Domingo e presidente da audiencia de Nueva España en 1527. Regresou a España e foi bispo de Tui (1538-1540), León (1539-1542) e Cuenca (1542-1547) e presidente da Chacelaría de Valladolid.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Atleta. Especialista en triatlón, foi campión de España (2001, 2002 e 2004), campión de Europa (2002), campión do mundo (2002), subcampión do mundo (2003 e 2004) e diploma olímpico (2000). Recibiu a Medalla de Galicia (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista. Estudou medicina e odontoloxía pero axiña pasou a colaborar co Servicio Nacional de Pesca y Caza. Foi colaborador do CSIC. Fíxose moi popular grazas á realización de películas como Alas y garras e El maravilloso mundo de los pájaros, e programas documentais para a televisión, como El hombre y la tierra (1979), sobre a vida dos animais. Participou na creación de tres enciclopedias e publicou o libro Mis Amigos los Animales (1971). Na súa memoria a súa familia creou a Fundación Félix Rodríguez de la Fuente en 2005.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Dramaturgo. Autor dunha ampla produción e con variados estilos, gran parte da súa obra foi traducida ao inglés, francés, alemán, italiano ou portugués. Das súas obras destacan El invierno frío (1940), baseada nunha lenda galega; El jardín secreto (1940), de temática política; El rescate (1953), La fuga en la jaula (1953), El hombre que mató a nadie (1953), Invierno Frío (1954), La vida azul (1954), La muerte da un paso atrás (1962), de carácter relixioso; Un Fantasma con jipijapa (1967) e El hijo de bronce (1967).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado ao SL da capital provincial (1.774 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago do extremo meridional de América, separado do continente polo estreito de Magallanes (73.000 km2). Comprende a illa grande de Tierra del Fuego e unha serie de illotes máis ao S (Navarino, Hoste, Santa Inés, Desolación, Los Estados). Dividido entre Arxentina e Chile, a banda oriental da illa grande pertence a Arxentina e constitúe unha provincia (21.263 km2; 100.313 h [1999]). A banda occidental pertence a Chile (49.208 km2; uns 6.000 h). Os centros máis importantes son Ushuaia (57.334 h [1999]), capital da provincia arxentina da Tierra del Fuego, e Porvenir no territorio chileno. A poboación vive da caza de focas e da pesca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi secretario xeral de Unión General de Trabajadores (1978-1988), concelleiro (1988-1991) e deputado provincial (1998-1991) en Ourense. Foi deputado no Parlamento de Galicia e senador (1989-1993) por Ourense co PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Xan Vieito, emprega unhas tonalidades cromáticas cálidas en ocasións e frías e mornas noutras, nunhas obras que se sitúan entre a figuración e a abstracción. Destacan Foliada (2005) e Ocaso (2005).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e gravador de nome artístico Xan Vieito, realizou a súa primeira exposición individual no mosteiro de Poio (1998). Dende entón ten participado en numerosas exposicións individuales e colectivas galegas e portuguesas, destacando a súa participación como artista estranxeiro invitado en Goisarte, Gois, Portugal (2001 e 2005). As súas viaxes fora da península ibérica o levan a expoñer en Québec, Canadá (2001) e Bolsano, Italia (2007). Socio fundador de GALUART (Asociación Galaico Lusa de Artistas Plásticos e Visuais), tamén é membro da Asociación española de médicos escritores e artistas. Entre os seus premios destaca a medalla do 5ème Salon International de Nantes, Francia (2005). Na súa obra explora o mundo onírico e da infancia, utilizando gradacións de cores cálidas e figuras humanas entre a figuración e a abstracción. Da súa obra destacan Almas sin rumbo (2009) e Universo 1 (2009).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Ciudad Real, Castela-A Mancha (2.628 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO