Precedo Lafuente, Manuel Jesús

Precedo Lafuente, Manuel Jesús

Relixioso. Licenciado en Teoloxía e Ciencias Bíblicas, foi cóengo e deán da catedral de Santiago de Compostela e profesor do Instituto Teolóxico e de ensino secundario. Foi secretario da Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela, secretario xeral da Xunta Central do Ano Santo compostelán (1965, 1971 e 1975), provigairo xeral do arcebispado de Santiago de Compostela (1973) e censor e xuíz prosinodal do mesmo.

Escribiu El Apóstol Santiago, apellidado el Mayor, Guía del Peregrino (1965), Santiago el Mayor, patrón de España: vida y culto (1985), Catedral de Santiago de Compostela (1993), Santiago Apóstolo: vida, peregrinaciones, catedral compostelana (1999) e O pensamento relixioso do profesor Alfredo Brañas (2003).

Deán honorario das catedrais de Santiago de Compostela e Braga, recibiu a medalla de prata da cidade de Santiago de Compostela, da que foi nomeado fillo adoptivo, e o Premio Pérez Lugín da Asociación de la Prensa da Coruña (1971).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Anceis, Cambre

  • Falecemento