"Gad" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 472.

    1. Golpe dado na barriga ao caer.

    2. Conxunto de animais que nacen dun mesmo parto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Baviera, Alemaña, nos contrafortes dos Alpes de Salzburgo (8.169 h [1980]). En 1933 Adolf Hitler fixo construír alí unha residencia de descanso que adquiriu sona mundial ao acoller as negociacións de 1938 con Halifax, Schuschnigg e Neville Chamberlain.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Golpe dado cunha bestrega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á folla composta que ten o pecíolo bifurcado en dous segmentos, que levan, cada un deles, dous folíolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á moeda, medalla, besante, rodela, etc, que leva dous bustos de perfil, un tapando gran parte do outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Auga que contén lixivia. É un costume popular empregar auga fervida con cinsa no canto da lixivia. Faise para quitar as manchas producidas por graxa ou materias colorantes. Para iso, colócanse as prendas de roupa nun cesto alto e relativamente grande, procurando que as pezas, aínda sen acabar de secar, queden ben asentadas e estendidas. Por riba delas ponse unha saba dobrada de xeito que as tape por completo. Bótase entón a borralla ou cinsa e logo auga fervendo, tendo tino de repartila ben para que ao filtrarse chegue a toda a roupa, e déixase así ata o día seguinte, en que se lavará de novo. Nalgunhas partes a cinsa bótase na caldeira coa auga, para que ferva con ela.

    2. Lavado da roupa con auga que contén lixivia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparecido en agosto do ano 1973, na cidade de Ferrol. O consello de redacción estaba integrado por Manuel Ojea Otero, Germán Otero Saavedra, Yáñez Martínez, Manuel Crespo Rivas, Xosé F. Querol Lombardero e Francisco Castro Damián. No que se refire aos colaboradores, pódense citar, entre outros, a Antonio Fernández Rodríguez, Manuel Iglesias Corral, Anxo Paz Gómez, Ramón Carballal Pernas e Xosé Seoane Iglesias. A temática deste boletín abranguía dende as leis de indias, pasando polo dereito matrimonial ou polo xuízo de faltas, ata as reflexións sobre determinados artigos do Código Civil. Os diferentes traballos que compuñan esta publicación estaban firmados polos maxistrados da audiencia territorial da Coruña e por avogados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación de carácter profesional que xurdiu na Coruña en xuño de 1966 e que cesou en marzo de 1979. Saíu como continuador do Boletín Corporativo e seguiu a súa numeración. Tiña como colaboradores a Ricardo Díaz Fraga, Xosé Pérez Ardá, Xoán Manuel Liaño Flores e Pedro Pueyo Novo, entre outros. No sumario podíanse atopar seccións como “Política del derecho”, “Sección doctrinal”, “Sección legislativa”, “Práctica del derecho”, “Sección de jurisprudencia”, “Vida cultural del colegio”, “Avisos, ruegos y comunicados” ou “Mutualidad”. No número 11, con data de xaneiro de 1967, incluíase unha folla solta na que se anunciaba a constitución da Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación presidida por Manuel Iglesias Corral. Prometía dar cumprida conta desta información no seguinte número.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación aparecida arredor de 1960 en Pontevedra, dirixida por Álvaro Peleteiro e que contaba coas colaboracións de José Casal, Ernesto Baltar, Nemesio Barxa e Domingo Estarque, entre outros. Incluía as seccións “Editorial”, “Resoluciones judiciales”, “Reportaje”, “Vida corporativa” e “Biblioteca”, amais de diversos artigos relacionados co mundo do Dereito en Galicia; entre eles, “Conclusións do I Congreso de Dereito galego” (nº 27-1973) e “O esprito comunitario do galego ao traveso das súas institucións xurídicas” (nº 28-1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xurdiu na Coruña en maio de 1988 e o último número rexistrado é de 1991. Dentro do sumario incluíanse seccións como “Licencia fiscal”, “Noticias del colegio”, “Seguridad ciudadana”, “Audiencia provincial” e “Tribunal Superior de Justicia de Galicia”. No editorial do primeiro número, titulado “Nueva etapa”, podíase ler que se trataba dunha reaparición marcada por un novo estilo informativo, á marxe do labor que realiza outra revista ligada ao propio Colexio e titulada Foro Gallego.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e botánico indio. Estudiou en Calcuta e en Cambridge. Exerceu como profesor de Física no Presidency College de Calcuta (1885-1915). En 1895 comezou a estender os experimentos de Hertz ao dominio das ondas de radio moi curtas, para constatar a natureza idéntica das ondas electromagnéticas e das radiacións luminosas. Realizou estudios sobre fisioloxía vexetal con aparellos deseñados por el mesmo e comparou os procesos vitais dos animais e das plantas. Cando se retirou, fundou e dirixiu (1917-1937) o Bose Research Institute.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Masa compacta formada polo conxunto de ovos dalgúns peixes e crustáceos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cesuras baixo a advocación de san Mamede.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural da Fonsagrada. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Bragada e Braga. As súas armas levan, en campo de azul, un boi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos bois ou a outros animais que presentan as patas cunha cor distinta á do resto do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Licenciado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. Membro fundador e presidente da asociación pedagóxica Nova Escola Galega (1986-1988). Desempeñou as funcións de director de edicións en Edicións Xerais de Galicia (1990-1993) e de director xeral dende 1994. Membro da xunta directiva da Federación de Gremios de Editores de España e do relatorio de lingua do Consello da Cultura Galega. É director da Revista Galega de Educación e colaborador en distintas publicacións (Faro de Vigo, La Región, etc). Participou no consello de redacción dos suplementos de educación “A Pizarra” (Faro de Vigo) e “Na escola” (La Región e Atlántico Diario). Publicou varios libros de carácter pedagóxico e para primeiros lectores, entre os que destaca Dona Carme (1989).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. Militante da Confederación Nacional del Trabajo (CNT). Asentouse en Vigo en 1923 e, ao pouco de chegar, viuse implicado no conflito da construción e no estoupido dunha bomba na Casa do Pobo, feito polo que ingresou no cárcere. Durante a Segunda República traballou xunto aos boteiros do porto e no artellamento do Sindicato del Transporte Marítimo. Colaborou no voceiro da Confederación Rexional Galega (CRG), Solidaridad Obrera, e no xornal madrileño CNT. Escribiu Derivaciones y consecuencias del locaut pesquero de Vigo (1933), relato da folga dos mariñeiros da flota de altura, acontecida no segundo semestre de 1932.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e narrador. Realizou estudios de Maxisterio na Escola Normal de Compostela e exerceu como mestre do Pósito de Pescadores da súa localidade natal. Malia non chegar a publicar ningún libro, deu a coñecer algúns poemas na prensa da época da man de Faustino Rey Romero, quen incluíu unha escolma da súa poesía na revista bonaerense Lar (1952). En África cofundou xunto con Rafael Dieste e Xesús Romero Suárez a revista Charamuscas (Abril, 1923), onde deron a coñecer poemas e narracións da súa autoría. Publicou os relatos “Recordos da campaña” e “Sanctus!”, amais do poema “Rianxo”, en El Ideal Gallego (14.11.1920). No volume Poesía e Prosa (1984) recóllense, entre outros, os poemarios Arumes de Beiramar, Caraveleira das horas sentidas: libro da cantiga descoñecida e Responsos líricos no día e na noite.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de persoas que fan un mesmo traballo.

    2. Unidade de diversas organizacións estruturadas máis ou menos militarmente.

      1. Grande unidade elemental táctica, a máis pequena daquelas onde se combinan a acción das armas e os servicios de cara ao combate. Pode ser independente (paracaidistas, artillería) ou constituír unha división ao lado doutras. É comandada por un xeneral de brigada.

      2. Grao do corpo de suboficiais do exército español, superior ao de sarxento primeiro e inferior ao de subtenente.

      3. Na mariña de guerra española, unidade de organización equivalente á compañía do exército de terra. Formada por diversos rangos, está comandada por un oficial.

      4. brigada de choque

        Antiga unidade equivalente á brigada normal pero con máis potencia de fogo e con forzas especialmente adestradas para o combate.

    VER O DETALLE DO TERMO