"Hel" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 558.
-
VER O DETALLE DO TERMO
abbevillense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbas da familia das papaveráceas ao que pertence a ceruda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de pseudoescorpións. A especie C. cancroides acada os 4 mm, presenta unha cor parda e vive en tocóns húmidos e no medio dos mofos.
-
RIOS
Río do Magreb, Alxeria. Nace no Djebel Amour, percorre as mesetas co nome de Qued Touil, atravesa o Atlas Tellien e xira en ángulo recto cara ao O. Desemboca no Mediterráneo ao N de Mestghanem, logo dun percorrido de 725 km.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da wilāya homónima, Alxeria (103.998 h [1990]). É o centro comercial e agrario do val de Cheliff. Fundada polos franceses no 1843 sobre o antigo Castellum Tingitanum romano, conserva restos da basílica cristiá máis antiga do N de África.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Wilāya de Alxeria (4.205 km2; 684.192 h [1987]). A capital é Ech Cheliff.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Eduardo Martín González.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (2.534 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura (oliveiras e cítricos). Antiga poboación mourisca, sufriu unha gran decadencia trala expulsión dos mouriscos no s XVII
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Voivodat de Polonia (3.866 km2; 249.400 h [estim 1998]). A capital é Chelm.
-
CAPITAIS
Capital do condado de Essex, Inglaterra, ao NL de Londres (58.159 h [1981]). A súa economía baséase na industria, principalmente na fabricación de material eléctrico. Destaca polas importantes carreiras de cabalos que se celebran anualmente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Paraxe natural situada á beira do río Mandeo compartida polos concellos de Coirós e Paderne. Unha ruta de a pé percorre o curso do río, onde tamén se pode practicar a pesca deportiva. Declarouse Ben de Interese Cultural en 1972.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes da familia dos muxílidos ao que pertence o muxe negro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de quelónidos mariños ao que pertence o sapoconcho verde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Barrio de Londres, Inglaterra, situado ao SO da cidade, na marxe esquerda do Támesis. Xunto con Kensington constitúe un dos 32 condados do Gran Londres (Kensington and Chelsea), cunha poboación de 159.039 h (1996). Foi tradicionalmente un lugar residencial para artistas e escritores. A manufactura da porcelana de Chelsea, fundada en 1743, contou coa protección do monarca e produciu obras influenciadas por Meissen e Sévres. En 1770 trasladouse a Derby e desapareceu en 1784. A súa marca eran as letras CB cunha áncora vermella ou dourada.
-
CIDADES
Cidade do condado de Gloucestershire, en Inglaterra, situada nos contrafortes do Cotswold Hills (106.692 h [estim 1995]). A reloxería é unha das actividades máis importantes da súa economía, xunto co turismo, debido aos balnearios de aguas termais que posúe. Celébranse anualmente festivais de literatura e música contemporánea inglesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da Comunitat Valenciana (2.211 h [1996]), drenado polo río Turia e polo seu afluente o Tuéjar. Forma un val nos contrafortes da serra de Javalambre. A súa economía baséase na agricultura (cereais, patacas e oliveiras) e na gandería (lanar e caprina). No seu termo localizáronse restos dun acueduto romano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político francés. Militante nas filas do saint- simoniano e chegou a dirixir o órgano de expresión Le Globe (1831). Librecambista, foi designado por Napoleón III para a redacción do tratado comercial de 1860 con Gran Bretaña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Poeta e xornalista. Colaborou nos xornais El Progreso, El País, La República, El Avisador, La Crónica e na publicación satírica-burlesca El Esquilón, onde escribía baixo o pseudónimo de Frei Zacarías. No Álbum de la Caridad aparece o seu poema “A miña irmán”.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora francesa. Cofundadora da revista Poétique (1969), a súa obra reflicte a problemática da loita feminista. Da súa produción destacan as novelas Dedans (Dentro, Premio Médicis 1969), La (1976) e Ananké (1979).
VER O DETALLE DO TERMO