Chelsea

Chelsea

Barrio de Londres, Inglaterra, situado ao SO da cidade, na marxe esquerda do Támesis. Xunto con Kensington constitúe un dos 32 condados do Gran Londres (Kensington and Chelsea), cunha poboación de 159.039 h (1996). Foi tradicionalmente un lugar residencial para artistas e escritores. A manufactura da porcelana de Chelsea, fundada en 1743, contou coa protección do monarca e produciu obras influenciadas por Meissen e Sévres. En 1770 trasladouse a Derby e desapareceu en 1784. A súa marca eran as letras CB cunha áncora vermella ou dourada.

Palabras veciñas

Chelo | Chelon | Chelonia | Chelsea | Cheltenham | Chelva | Chemical Abstracts