"IBE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 465.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xuntanza convocada polo Partido Socialista Obrero Español (PSOE) na primavera de 1974 co obxectivo de establecer un foro de diálogo e colaboración entre todos os partidos de carácter socialista que xurdiron en España trala Guerra Civil. O proxecto contou co apoio da Internacional Socialista. Accederon a participar o Partido Socialista Galego (PSG), o Moviment Socialista de Catalunya, o Partit Socialista del País Valencià e a Unión Sindical Obrera. Tralas dúas primeiras sesións, celebradas en París en xuño de 1974 e en Münstereifel (Renania do Norte-Westfalia) en setembro dese ano, o PSOE, que era o único membro da Internacional Socialista, asumiu o compromiso de recoñecer a existencia dos outros grupos. Nas primeiras reunións debateuse a posibilidade de constituír unha federación permanente de todos os partidos socialistas españois; sen embargo, tralo XIII congreso do PSOE, celebrado en Suresnes en outono de 1974, os novos líderes do partido decidiron adoptar unha nova estratexia e abandonaron...
-
PERSOEIRO
Político e economista. Formouse no Instituto Superior de Economia e na Universidade de Bristol. Membro do Partido Socialista (PS) dende 1975, foi o seu secretario xeral (1986-1988) e presidente da Unión dos Partidos Socialistas e Socialdemócratas da Comunidade Europea (1987). Ocupou diversos cargos nos gobernos provisionais no eido das finanzas e da planificación económica (1975-1976). Deputado entre 1976 e 1991, foi ministro de Facenda (1978-1979) e gobernador do Banco de Portugal (1985-1986). Presidiu a iniciativa Lisboa 94, Capital Européia da Cultura. Escribiu Coerência e rigor. Actualmente, é o vicepresidente do Banco Central Europeo.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca de La Ribera Baixa. Esténdese dende a serra de Corbera ata a marxe dereita do río Júcar (3.148 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura, principalmente o cultivo de cereais, laranxas e leguminosas. Tamén é importante a avicultura e a apicultura. A vila está situada na parte baixa do castelo de Corbera, que se alza enriba dunha rocha. De orixe islámica, foi un lugar de convivencia mixta de mouros e cristiáns. Na igrexa parroquial de San Vicente venérase a imaxe da Mare de Déu del Castell, de estilo gótico.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta brasileiro. Simbolista primeiro e vangardista despois, escribiu os poemarios Província (1933), Cancioneiro do Ausente (1943) e Entre Mar e Río (1952). Tamén publicou prosa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fabrica e vende cribos, continuador moitas veces dunha caste de itinerantes na que colaboran a muller e os fillos, aínda que a súa fabricación é un traballo na súa orixe autenticamente feminino.
-
GALICIA
Poeta. Técnico e realizador de TVE, pertenceu ao grupo Brais Pinto e fundou o Cine-Clube en Vigo. Director do centro rexional de RTVE en Galicia. Colaborou na prensa con múltiples artigos sobre cine e realizou programas de televisión sobre persoeiros galegos. Publicou Acoitelado na espera (Premio Unity Galega de Nova York, 1960) e Indo para máis perto (1979), que inclúe Doente na espranza (Premio do Centro Gallego de Bos Aires, 1962), ademais dalgúns relatos e poemas en castelán.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Órgano que presentan algunhas arañas diante das fileiras e que ten un papel importante na manipulación dos fíos de seda que saen delas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario anarquista, publicado dende mediados de 1911 ata febreiro de 1913, primeiro na Coruña e logo en Ferrol. Foi o voceiro do grupo anarquista 13 de Octubre, composto, entre outros, polos coruñeses Xoán No e Enrique Taboada e polo ferrolán Xosé López Bouza, que tamén asumiron a edición de folletos de autores ácratas por medio da Biblioteca La Internacional.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reunión de xefes de estado e de goberno de 21 países de fala castelá e portuguesa de América e Europa, constituída como un mecanismo político de coordinación no que se tratan temas específicos de interese común dende a solidariedade, a cooperación e o diálogo. No ano 2001 os países membros eran: Arxentina, Bolivia, Brasil, Colombia, Costa Rica, Cuba, Chile, Ecuador, El Salvador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguay, Perú, Portugal, República Dominicana, Uruguay e Venezuela. A primeira reunión tivo lugar en Guadalajara (México) en 1991, despois celebráronse en Madrid (1992), San Salvador de Baía (Brasil, 1993), Cartagena de Indias (Colombia, 1994), San Carlos de Bariloche (Arxentina, 1995), Santiago e Viña del Mar (Chile, 1996), Isla Margarita (Venezuela, 1997), Porto (1998), La Habana (1999), Panamá (2000) e Lima (2001).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente a un cuodlibeto.
-
-
-
Na escolástica, cuestión non fixada previamente polo mestre, senón suscitada polos oíntes.
-
Cuestión a dilucidar.
-
-
Forma musical, medieval e renacentista, na que interveñen elementos heteroxéneos literarios e musicais que forman un conxunto polifónico agradable.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade que se emprega para medir relacións de potencias e que equivale á décima parte do bel. Úsase tamén para expresar relacións de tensións e correntes. Para as potencias o número de dB é 10×log(P2/P1); para tensións é 20×log(V2/V1); e para correntes é 20×log(I2/I1). A miúdo, tómase un valor arbitrario de referencia ao que se lle fai corresponder o valor 0 dB. En acústica, a intensidade sonora de referencia é I0=10-16W/cm2, que corresponde a unha presión acústica de p0=2×10-5N/m2. En electrónica, e especialmente nas telecomunicacións, é habitual tomar como referencia a potencia de 1 mW sobre unha resistencia de 600 Ω. Tamén se denomina decibelio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparato, graduado en decibeis, que se emprega para medir relacións de potencia en circuítos de comunicación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
decibel.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de deliberar.
-
-
de deliberar.
-
Que é feito adrede como produto dunha deliberación.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que delibera.
-
-
Tratar un asunto entre varias persoas para chegar a un acordo común.
-
Reflexionar alguén sobre algo antes de tomar unha decisión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Figura retórica de pensamento que consiste na valoración das vantaxes e desvantaxes dunha decisión en curso, desde unha perspectiva racional. A súa fórmula habitual é o finximento dunha vacilación por parte do orador, que decidiu previamente a opción pola que vai optar.
-
-
Relativo ou pertencente á deliberación.
-
Que delibera.
-
Aplícase a calquera unidade gramatical coa que o suxeito da enunciación se pregunta “qué debe facer ante máis dunha posibilidade”. Distínguense así as oracións deliberativas (Marcharei ou quedarei?) e, no latín, a utilización do subxuntivo deliberativo na interrogación (quid faciam? Que facer?).
-