Corbera de la Ribera

Corbera de la Ribera

Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana, na comarca de La Ribera Baixa. Esténdese dende a serra de Corbera ata a marxe dereita do río Júcar (3.148 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura, principalmente o cultivo de cereais, laranxas e leguminosas. Tamén é importante a avicultura e a apicultura. A vila está situada na parte baixa do castelo de Corbera, que se alza enriba dunha rocha. De orixe islámica, foi un lugar de convivencia mixta de mouros e cristiáns. Na igrexa parroquial de San Vicente venérase a imaxe da Mare de Déu del Castell, de estilo gótico.