"ILi" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1725.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Intermediario na fabricación de colorantes, de produtos farmacéuticos e perfumes, e na biosíntese do triptofano. Obtense tratando a ftalimida cunha solución alcalina de hipobromito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Simpatía polos seres humanos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Condición dun acto xurídico afectado por un vicio ou defecto legal que, aínda que non é suficiente para producir a súa ineficacia ou nulidade absoluta, permite, a petición dunha das partes interesadas que os tribunais ou a administración declaren a súa ineficacia. No dereito administrativo son anulables todos os actos que incorren en calquera infracción do ordenamento xurídico, mesmo a desviación de poder.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de apetecible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de aplicable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fluosilicato de calcio e potasio hidratado, de fórmula KFCa4Si8O20 · 8H2 O, do grupo dos fosilicatos. Os cristais, do sistema tetragonal, son de forma piramidal, prismática, tabular ou cuboide. É fráxil, de exfoliación perfecta, de dureza 4,5-5 e peso específico 2,33-2,37; transparente ou translúcido, incoloro ou de cor branca, rosada ou verde clara. Atópase nas cavidades das rochas basálticas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recompilación de poemas transmitidos baixo o nome de Virxilio. A denominación aparece por vez primeira na edición da escolma feita por I. I. Scaliger (1573). A paternidade virxiliana da recompilación foi recoñecida pola Antigüidade e o Medievo. Poucos cren hoxe na autenticidade de todo o libro: sen dúbida só son virxilianos uns cantos epígrafes (2, 4, 5, 8 e 11); a maioría de textos restantes deberon ser escritos entre os ss I e II d C.
-
PERSOEIRO
Escultor xenovés. Traballou con Giovanni Aprili e Pier Angelo della Francesca nas obras de restauración do Convento de San Lourenzo de Trasouto en Santiago de Compostela, promovidas pola duquesa de Medina de las Torres a finais do s XIX. Realizou o retablo maior do convento en mármore de Carrara, así como as estatuas orantes dos marqueses de Ayamonte: Francisco de Zúñiga Guzmán e Leonor Manrique Castro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escultor xenovés. Traballou con Antonio Aprili e Pier Angelo della Francesca nas obras de restauración do Convento de San Lourenzo de Trasouto en Santiago de Compostela, promovidas pola duquesa de Medina de las Torres a finais do s XIX.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de Latina, no Lacio, Italia (55.355 h [1996]). Creada no 1936, foi destruída durante a Segunda Guerra Mundial.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ausencia de zume gástrico (aclorhidria) ou escasa presenza de ácido clorhídrico (hipoclorhidria) que produce trastornos na dixestión e diarreas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estipulación establecida por Caio Aquilio Galo segundo a cal as partes contratantes realizaban un anovamento (anovatio) que substituía, por medio dunha obrigación verbal, tanto as relacións obrigatorias existentes entre as partes como calquera outra relación que estas se propuxeran alterar.
-
-
Fición legal pola que se autoriza aos posuidores de boa fe, usufrutuarios e outras persoas que teñan algún dereito ou interese sobre unha cousa que recibira dano ou prexuízo algún pola actuación doutra persoa, a poder reclamar xudicialmente coma se fosen propietarios.
-
Fórmula creada por Caio Aquilio Galo que permitía instituír herdeiros aos netos que nacesen despois da morte do testador.
-
Fórmula creada por Caio Aquilio Galo, contemporáneo de Cicerón, empregada para extinguir, por medio da aceptación, o débito transformado en obrigación verbal.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lei votada en Roma a instancias do tribuno Lucio Aquilio (s III a C) que inicia o regulamento do sistema de indemnización dos danos ocasionados tanto ás cousas animadas -escravos, animais- como ás inanimadas dun particular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Portaestandarte do exército romano que levaba a insignia nunha lexión, esta adoitaba conter a representación dunha aguia, animal sacro de Xúpiter, como símbolo da autoridade imperial, así como a sigla SPQR (Senatus Populusque Romanorum, O Senado e o Pobo dos Romanos) como expresión de onde proviña o poder que ao estamento militar se lle confería, e a quen había servir.
-
-
Pertencente á aguia ou semellante a ela.
-
Que presenta forma aguzada, semellante ao pico dunha ave.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo procedente do latín Aquilinus ‘que ten a natureza da aguia’. Este é un dos nomes que expresan a admiración polas calidades que teñen certos animais; non en balde, a aguia era o animal sagrado de Xúpiter. Non obstante , podería tratarse tamén nalgún caso da adxectivación do nome de Aquiles, equivalendo a “da familia de Aquiles”. É probable que deste nome derive o topónimo Aguiño, posto que xa na Idade Media aparece documentada a forma Aguiiño. Santo Aquilino (s VII), bispo de Evreux (Francia) e patrón da abadía de Cluny, ten varias celebracións: o 4 de xaneiro, o 29 de xaneiro, o 4 de febreiro, o 16 de maio, o 17 de maio e o 19 de outubro. A forma familiar de Aquilina é Cuqui.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Síndrome caracterizada por unha serie de anomalías neuroectodérmicas herdadas que afectan especialmente ao esqueleto, provocando unha lonxitude esaxerada dos dedos das mans e dos pés. Tamén se denomina síndrome de Marfan.
-
PERSOEIRO
Historiador. Director de estudios no École des hautes études en Sciences Sociales de París (1978-1984), traballou sobre a historia das mentalidades e as prácticas sociais. Publicou, entre outras obras, Histoire des populations françaises et de leurs attitudes devant la vie depuis le XVIIIe s (Historia das poboacións francesas e das súas actitudes ante a vida dende o s XVIII, 1948) e L’Home devant la mort (O home diante da morte, 1977).
VER O DETALLE DO TERMO