"INH" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 119.

  • Provincia de Vietnam (7.689 km2; 1.719.100 h [estim 1993]). A súa capital é Vinh Loi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome portugués do río Miño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Portugal, formada polos distritos de Viana do Castelo e Braga (4.925 km2; 1.081.641 h [2001]). De relevo montañoso, continuación do Macizo Galaico, posúe unha estreita chaira litoral drenada polo río Miño que fai límite con Galicia, Lima e Cávado. A súa economía é basicamente agrícola e gandeira, ademais de contar cunha industria alimentaria e da madeira. O seu principal centro e capital é Braga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Empresario editorial alemán. Combatente do Africa Korps durante a Segunda Guerra Mundial, foi encarcerado nunha prisión de Kansas ata 1946. De regreso a Alemaña, dirixiu a edición de libros relixiosos e da Biblia, negocio que herdara do seu bisavó Carl Bertelsmann. Converteu o grupo editorial nunha multinacional da comunicación implantada en máis de 40 países e creou a Fundación Bertelsmann, coa que promove iniciativas culturais e sociais. Autor do libro O triunfo do factor humano (2000), recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades (1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e escritor. Licenciado en Teoloxía, Filosofía e Filoloxía, e titulado en alemán, árabe, inglés e italiano, ordenouse en 1970 e foi mestre da Pontificia Università de Roma (1972-1974), no Centro de Estudos Eclesiásticos de Santiago de Compostela e na Escola Diocesana de Teoloxía. Foi membro fundador da revista Encrucillada, de AGAL e da súa revista, Agália, e membro do consello de redacción de Estudios Mindonienses. Participou na tradución ao galego do Novo Testamento e publicou os libros de investigación Directrices para a reintegración lingüística galego-portuguesa (1979), Método prático de língua galego-portuguesa (1983) e Carvalho Calero e a súa obra (1993, Premio Carvalho Calero de Investigación Lingüístico-Literaria 1991); ademais é autor de Oxalá voltassem tempos idos! (1994, Premio Carballo Calero de Narrativa Curta 1992), en que introduce o personaxe de Felipe de Amancia, creado por Álvaro Cunqueiro para o seu Merlín. Recibiu o Premio Fernández Latorre (1977) polo seu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital da provincia de Nam Ha, Vietnam, situada no delta do Hang Ho, ao S de Hanoi (171.699 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político angolano. Cursou estudos universitarios en Coimbra e Lisboa. Militou no Movemento Popular de Libertação de Angola (MPLA), que presidiu (1962-1977), e foi presidente da República Popular de Angola (1975-1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político vietnamita. Coa axuda de EE UU derrotou ao príncipe Buu Doc (1954) e ao Emperador Bao-Dai. Proclamou a República, que presidiu (1955), e foi primeiro ministro (1956). A oposición budista (Hué, 1963) e a Fronte de Liberación Popular provocaron a súa caída e o seu asasinato nun golpe de estado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Vietnam (1.384 km2; 839.900 h [estim 1993]). A súa capital é Ninh Binh (26.454 h [1992]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cetona que se emprega para a análise cualitativa e cuantitativa de α-aminoácidos que proceden da hidrólise de proteínas e para a avaliación de aminoácidos en cantidades pequenas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego descendente dunha liñaxe da pequena nobreza galega que se asentou na provincia de Pontevedra. Organizou a frota para reconquistar Sevilla en 1248, e as crónicas atribúenlle a destrución da ponte do Guadalquivir que servía como nexo para o abastecemento dos musulmáns. En 1292 foi nomeado Adiantado Maior de Galicia, e, entre 1284 e 1286, foi nomeado almirante do mar e meiriño maior (meirinho-mor) de Galicia desde 1290. A partir de 1284 converteuse nunha figura de importancia para o Rei Sancho IV, a quen acompañou a Santiago de Compostela, e desde aquela ata a súa morte permaneceu en Galicia, onde exerceu diversos cargos. Participou na axitada vida política dos reinos de León e Castela ata que foi asasinado en 1295 por Rui Perez Tenoiro -os seus restos están enterrados no convento franciscano de Pontevedra-. Casou con Maria Giraldez Maldonado e conseguiu o señorío de Rianxo. Pola súa colocación nos cancioneiros e pola súa resposta á cantiga “madeira” de Afonso Lopez...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor. Iniciouse na década de 1970 no postsurrealismo influído por Cruzeiro Seixas, membro fundador do grupo surrealista de Lisboa. Na década de 1980, a súa obra caracterizouse polo dominio da xeometría e un detallado estudo da figura humana. A partir de 1988 fixou a súa residencia en Narón. A mediados da década de 1990 evolucionou desde o representativo cara ao obxectual. Realizou as súas obras preferentemente en aceiro, que lle permitiu a construción de volumes xeométricos, deixando o cobre e o latón para os detalles. Destacan as series Silencios do Día e Clérigos de Lugo e os monumentos públicos A vida nun puño (Narón), Animalalma (Madrid) e o monumento a Revolução dos Cravos en Póvoa de Santa Iria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador galego. Fillo de Johan Rodrigues de Valadares e Teresa Anes Marinho, e activo a finais do s XIII segundo consta na documentación da chancelaría de Sancho IV, dubídase sobre o seu parentesco cos tamén trobadores Martin e Osoir’Anes Marinho. Puido ter certa relación con Johan Vasquiz de Talaveira e, en tempos de Afonso X, con Johan Airas. Incluso puido seguir activo no reinado de Fernando IV, a quen acompañaría na conquista de Alxeciras. Da súa obra consérvase unha cantiga de amor, “Boa ssenhor, o que me foy miscrar”, dirixida contra todos aqueles que pretenden dispoñer a señor contra o amado, e que se presenta como un contrafactum ou resposta a outra cantiga de amigo elaborada por Johan Airas. Ambas as dúas composicións repiten a fórmula silábica e o esquema estrófico e rítmico. No seu contido, onde se amosa innovador, como no emprego de ‘dizedor’, identificado con ‘intrigante’, presenta un léxico pouco utilizado noutras composicións de características semellantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista portugués. Coñecido como Vitorino Nemésio, doutorouse en Filoloxía Románica na Universidade de Letras de Lisboa, da que tamén foi reitor. Creador da Revista de Portugal (1937), en que apareceron destacadas figuras modernistas e vangardistas, foi director do xornal O Dia (1975). A súa primeira obra poética foi Canto Matinal (1916). O recordo das Açores e a memoria da infancia son os dous polos que centran a súa poesía, especialmente no libro Nem toda a noite a vida (1950). Destacado ensaísta e investigador, explorou o mundo do conto en Paço do Milhafre (1924) e a novela en A casa fechada (1937) e Mau tempo no canal (1944). Recibiu o Premio Nacional de Literatura de Portugal (1965) e o Premio Montaigne (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor portugués. Na década de 1950 instalouse en Múnic e colaborou na formación do grupo KWY, xunto a outros artistas portugueses asentados en París. Comezou cunha pintura de corte expresionista, caracterizada polo lirismo e a violencia cromática e evolucionou cara a propostas poscubistas. Na década de 1970 aproximouse á linguaxe conceptual a través dos seus proxectos-arte. Da súa obra destaca a serie dos Príncipes de Portugal (1968-1970) e O astronauta e o planeta cósmico (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do sheng de Hebei, China, situada á beira do golfo de Liaodong (364.972 h [1991]). Centro dunha rexión carbonífera, destaca pola función comercial do seu porto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Vietnam (5.939 km2; 889.600 h [estim 1993]). A súa capital é Hong Gai (127.484 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Complexo de transferencia de carga constituído por unha molécula de p-benzoquinona e unha de hidroquinona.

    2. Eléctrodo baseado no sistema redox constituído pola p-benzoquinona e a hidroquinona. Non se pode empregar en disolucións alcalinas de pH superior a 8, pola ionización da hidroquinona e a súa facilidade de oxidación nestas condicións.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jean Baptiste Reinhardt.

    VER O DETALLE DO TERMO