"ISS" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 194.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Lleida, Catalunya (3.581 h [2001]). A industria converteuse na fonte principal de riqueza. No municipio está a Cooperativa Agropecuaria de Guissona, unha das empresas de produtos alimentarios máis importantes de España. Antiga cidade romana de Ieso, foi conquistada polos bispos de Urgell en 1024. Do seu patrimonio cultural destacan os restos da antiga cidade romana e o palacio gótico dos bispos de Urgell.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chadiano. Primeiro ministro durante a presidencia do xeneral F. Malloum, acadou a presidencia entre 1982 e 1990. En 1990 os coroneis I. Deby e M. Dada, co apoio de Libia, derrocaron o réxime ditatorial de I. Habré, que se refuxiou en Camerún.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Numismático. Realizou traballos de síntese sobre as moedas da Península Ibérica. Das súas obras destaca Descripción general de las monedas hispano-cristianas desde la invasión de los árabes (1865).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estación Espacial Internacional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento de Costa de Marfil (3.590 Km2; 195.663 h [1988]). A súa capital é Issia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Oblast’ de Kirguizistán (43.100 km2; 413.149 h [1999]). A súa capital é Issyk-kul’ (64.300 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Marrocos (8.305 km2; 486.000 h [estim 1994]). A súa capital é El-Khémisset (88.839 h [estim 1994]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei franco de Neustria e Soissons (561-584), fillo de Clotario I e Ingunda. Tivo que aceptar a división do reino franco cos seus irmáns Cariberto I, Guntram I e Sixeberto I de Austrasia. Casou (556) coa princesa Galsvinta, pero asasinouna para poder casar coa súa amante Fredegunda. Isto provocou unha guerra con Austrasia, onde reinaba Sixeberto I, casado con Bruniquilda, irmá de Galsvinta. A súa muller matou a Sixeberto I. Morreu asasinado durante unha cacería.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos kissi ou á súa lingua.

    2. Individuo do pobo kissi.

    3. Pobo de África occidental que habita en Serra Leona e Liberia. Dedicados tradicionalmente á agricultura, a súa economía compleméntase cunha pequena gandería. Profesan de xeito maioritario unha relixión animista que lle rende culto aos antepasados. A súa sociedade organízase en pequenas comunidades dirixidas por un xefe local e con familias patriarcais.

    4. Lingua níxer-congo que se fala en Sierra Leona e Liberia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión administrativa de Guinea (8.872 km2; 183.236 h [1983]). A capital é Kissidougou (30.724 h [1965]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Fürth, Baviera 23.5.1923) Político alemán. De orixe xudía, en 1938 emigrou a EE UU e licenciouse en Dereito en Harvard. Nomeado secretario de Estado, marcou as directrices da política exterior baixo as presidencias de R. Nixon (1973-1974) e G. Ford (1974-1977). Propugnou unha distensión simultánea coa URSS e China, pero non conseguiu solucionar o conflito en Oriente Próximo e a súa política intervencionista orixinou tensións cos países europeos e posibilitou a aparición de ditaduras enAmérica Latina. Durante a presidencia de R. Reagan elaborou o “Informe Kissinger” (1984), en apoio do intervencionismo, que foi rexeitado polo Congreso. Pola súa participación nos acordos de paz con Vietnam concedéronlle, xunto a Le Duc Tho, o Premio Nobel da Paz en 1973.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Peterburgo 1864 - 1910) Actriz rusa. Iniciouse no teatro afeccionado, concretamente na Sociedade da Arte e da Literatura de Moscova, onde traballou con Stanislavskij e onde aprendeu os principios organizativos e estéticos do que logo sería o Teatro de Arte de Moscova. En 1896 entrou no Teatro Alexandriski de Peterburgo, onde protagonizou A Gaivota. En 1902 creou a súa propia compañía, coa que produciu obras dos autores máis importantes do momento, como Chekhov, Gorki, Ibsen ou Maeterlinck. Apostou decididamente pola renovación teatral e contratou para a súa compañía a directores como Vsevolod Meyerhold ou Nikolai Evreinov ou a escenógrafos como Serge Soudeikine.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma estrófica ou tirada de versos de diversa lonxitude, propios da poesía épica medieval, sobre todo da canción de xesta francesa, que acostuma ter unha soa rima asonante ou consonante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Expresión francesa propia da escola fisiocrática para designar a doutrina que preconiza a non intervención do estado na vida económica e defende o capitalismo e a libre competencia. Fai referencia ao principio segundo o que se se permite a libre actuación dos individuos no terreo económico, perseguindo cada un o seu interese persoal, actuará seguindo unhas leis inmutables polas que se establecerá unha harmonía económica natural. Esta idea foi retomada por Adam Smith e polos economistas clásicos británicos, e sintetizou o pensamento político liberal oposto ás monarquías absolutas e ao conservadorismo que defendían a liberdade económica, o constitucionalismo e a ausencia de intervención estatal no comercio exterior e nas prácticas mercantís. Esta teoría foi ampliada por economistas británicos como David Ricardo e John Stuart Mill. A finais do s XX rexurdiu debido as privatizacións industriais feitas polo estado e pola diminución do papel do sector público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade de Tessalia, Grecia, capital do nomós homónimo (113.426 h [1991]). É un importante nó de comunicación entre Atenas e Salónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nomós de Tessalia, Grecia (5.381 km2; 270.612 h [1991]). A capital é Larissa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lección que non concorda cunha pasaxe paralela cando dúas ou máis pasaxes tratan o mesmo suceso, dada a tendencia dos copistas a harmonizar máis da conta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curvas que aparecen na composición de dous movementos vibratorios harmónicos perpendiculares entre eles. Obtéñense curvas moi diversas, en xeral abertas, pero se a relación entre os períodos dos dous movementos é racional, a curva obtida é pechada e o movemento resultante é periódico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico francés. Estudiou os movementos vibratorios e introduciu as coñecidas curvas de Lissajous. Débeselle un dispositivo óptico que foi adaptado posteriormente por Helmholtz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jelijezer Marcovich Lisickij.

    VER O DETALLE DO TERMO