"Ife" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 256.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten dedos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso regresivo no que as células de diferentes tecidos adquiren unhas características moi semellantes ás das células indiferenciadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que contén diamantes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia cristalina que presenta escamas incoloras, insoluble en auga e soluble en disolventes orgánicos, con punto de fusión de 54°C. Obtense por quentamento do clorobenceno (derivado do benceno) coa anilina. Emprégase na obtención de colorantes, como estabilizador da nitrocelulosa, e na fabricación de produtos farmacéuticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia que se presenta en forma de láminas lustrosas, soluble en alcohol e insoluble en auga, que se funde entre os 69-71°C. Úsase como axente de transferencia de calor e coma funxicida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto aromático que ten dous grupos hidroxilo en átomos de carbono do núcleo.
-
-
-
Calidade pola que unha persoa ou cousa se distingue doutra.
-
diferencia específica
Calidade ou conxunto de notas que na definición dun concepto o distinguen doutros correspondentes ao mesmo xénero.
-
-
Falta de acordo, causa de disensión ou materia de controversia entre dúas ou máis persoas. OBS: Emprégase normalmente en plural.
-
-
Magnitude ou cantidade que resulta da substracción entre dúas magnitudes ou cantidades da mesma natureza.
-
cálculo de diferencias
Estudio das propiedades dunha función da que só se coñece un conxunto finito de valores f(x 0 ), f(x 1 ),..., f(x n ), que corresponden aos argumentos x 0 , x 1 ,..., x n , os que, habitualmente, se collen en progresión aritmética x r =x 0 +r w . Defínese o operador diferenza D mediante a expresión Df(x)=f(x+ω)-f(x), e o operador incremental E, definido por E w f(x)=f(x+ω)+f(x)+Df(x), de maneira que E=1+D. Tamén se estableceron unha gran cantidade de fórmulas para determinar os resultados da integración numérica de funcións.
-
diferencia de conxuntos
Dados dous conxuntos A e B, conxunto formado polos elementos do primeiro conxunto A que non pertencen ao segundo B, é dicir, A«B’.
-
diferencia dividida
Dado un conxunto de n argumentos, x0,...,xn, dunha función f(x), cada unha das cantidades empregadas no cálculo de diferencias, que teñen como forma xeral (de orde j) a representada por [x0 x1...xj]. O seu valor é
FORMULA -
diferencia simétrica
Entre dous conxuntos A e B, conxunto ADB = (A∪B) - (A3B).
-
-
...
-
-
-
Que se pode diferenciar.
-
Aplícase á función que ten diferencial.
-
-
-
Acción e efecto de diferenciar ou diferenciarse.
-
Aplicación que fai corresponder a cada función diferenciable, nun certo conxunto aberto, a súa función diferencial no conxunto mencionado.
-
Proceso mediante o que as células, os tecidos e os órganos cambian de estrutura e de forma, desde a máis simple á máis complexa, para efectuar funcións específicas. O concepto aplícase especialmente á diferenciación celular. Esta ten lugar durante o desenvolvemento embrionario ou en procesos de rexeneración, e dá lugar a grupos de células funcional e morfoloxicamente distintas. A diferenciación celular pode ser profunda e definitiva desde os primeiros estadios, como no caso das células nerviosas, ou ben ser mínima, como no caso dos histiocitos, que conservan a totipotencia e isto permítelles intervir en procesos de rexeneración. As células xerminativas son absolutamente indiferenciadas e poden converterse en calquera clase de célula.
-
-
Fenómeno que consiste en que dous fonemas contiguos tenden a aumentar as súas diferencias articulatorias, ou ben un fonema, durante a súa emisión, tende a distinguir diversos matices articulatorios.
-
posición de diferenciación máxima
Contexto fonolóxico que permite a maior distinción posible na realización dun fonema.
-
-
-
diferenciación magmática
Proceso mediante o que, a partir dun magma común, se orixinan diversos tipos de rochas ígneas, que poden formar parte, ou non, da mesma masa. Cando o magma arrefría, comezan a cristalizar os minerais que teñen o punto de fusión máis alto. A cristalización do magma é, polo tanto, fraccionada. Coma os primeiros minerais que se separan adoitan ser os ferromagnéticos, como a olivina e os piroxenos, as rochas formadas ao fondo das masas plutónicas son máis básicas, pola súa gran densidade, ca as superficiais. A diferenciación dun magma tamén se pode traducir por fenómenos de compresión, xa que a fracción fluída pode escapar máis facilmente ás zonas de menor presión, mentres os cristais forman un tipo de malla ou esponxa que se concentra no mesmo lugar onde se orixinara.
-
diferenciación metamórfica
Conxunto de procesos mediante os que, durante o metamorfismo, se orixinan asociacións minerais diferentes a partir dunha roca nai inicialmente uniforme.
-
diferenciación magmática
-
Caracterización dun produto que se presenta aos consumidores como distinto doutros que o poderían substituír. Refírese á apreciación subxectiva que fan os consumidores, condicionada, entre outros aspectos, pola publicidade, pola presentación ou polas condicións de venda.
-
...
-
-
-
de diferenciar ou diferenciarse.
-
Aplícase ao tecido embrionario que está nun estadio do seu desenvolvemento no que só se pode diferenciar nunha determinada dirección, sen posibilidade de distinguirse en calquera outra.
-
-
-
Que diferencia.
-
Dispositivo ou circuíto que dá un sinal de saída proporcional á derivada, é dicir, á velocidade de variación do sinal de entrada.
-
-
-
-
Relativo ou pertencente á diferencia.
-
Que indica ou constitúe diferencia.
-
-
Aplícase aos circuítos e dispositivos electrónicos, entre outros, os que tanto o seu funcionamento como a resposta dada dependen da diferenza entre dous sinais de entrada.
-
Aplícase aos instrumentos que serven para medir a diferenza entre dúas magnitudes, pero non os seus valores absolutos. Un exemplo sería o barómetro diferencial.
-
-
Incremento infinitamente pequeno dunha cantidade variable.
-
diferencial dunha función nun punto
Aplicación lineal de On en O tanxente a f no sentido que
FORMULA
dada f: U DO, U aberta de On. En coordenadas escríbese
FORMULA2
onde dxiÎ (On, O) é sacar a coordenada i. Dise que f é diferenciable se ten diferencial en calquera punto de U. A diferencial dá información para o estudo local dunha función como, por exemplo, no cálculo de extremos.
-
-
Mecanismo que se monta nos automóbiles para transmitir o movemento ás rodas motrices e que permite que, nas curvas, xiren á velocidade adecuada, é dicir, que a roda exterior xire máis rápido ca a roda interior. Un diferencial consta dunha roda con dentado cónico que se denomina coroa, no que engrena o piñón de ataque do eixe do motor. Dentro da caixa do diferencial hai montados catro piñóns, chamados satélites, que poden xirar libremente. Sobre estes piñóns, e en puntos diametralmente opostos, dúas coroas fixas, chamadas planetarios, engrenan con cada un dos semieixes aos que se suxeitan as rodas. Cando estas xiran a velocidades iguais, o conxunto móvese solidariamente, pero se unha das rodas se retarda, os piñóns comezan a xirar e a coroa unida á outra roda xira máis rápido. Nos diferenciais autobloqueadores, por medio duns discos de freo, todo o conxunto tende a comportarse como ríxido. En vehículos todoterreo móntanse diferenciais de bloqueo total, que dispoñen dun sistema de encravamento...
-
Diferencia que hai entre dous valores dunha mesma ou de dúas variables económicas, nun momento ou durante un breve período. Existen, entre outros, diferenciais dunha taxa de cambio, dunha taxa de interese entre dous mercados, dunhas rendas e da inflación.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude do que busca diferenciarse de algo ou de alguén.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao diferencialismo.
-
-
Percibir a diferencia entre dúas ou máis cousas ou persoas.
-
Ser algo o que discirne dúas persoas ou dúas cousas.
-
Calcular a diferencial dunha función.
-
Amosarse, unha cousa ou persoa, diferente doutra.
-
Facerse alguén relevante ou famoso por ter feito algo ou polas súas calidades.
-
-
-
Que non é igual.
-
Que non é o mesmo.
-
Máis dun ou un número máis ou menos numeroso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode diferir.
-
-
de diferir.
-
Emisión ou programa, tanto en televisión como en radio, que se retransmite un certo tempo despois de ser gravado. OBS: Emprégase frecuentemente a locución en diferido.
-
-
-
Deixar a realización dunha cousa para máis tarde ou para outro momento.
-
-
Ser diferente unha persoa ou cousa doutra.
-
Ter unha opinión diferente ou estar en desacordo con algo ou alguén.
-
-