diferencial

diferencial

(< diferencia)

  1. adx
    1. Relativo ou pertencente á diferencia.

      Ex: A cor é un método diferencial para clasificar os distintos tipos de fabas.

    2. Que indica ou constitúe diferencia.

      Ex: A variación na cor da pel das persoas non debe implicar un trato diferencial.

  2. adx e s [FÍS]

    Aplícase aos circuítos e dispositivos electrónicos, entre outros, os que tanto o seu funcionamento como a resposta dada dependen da diferenza entre dous sinais de entrada.

  3. adx [METROL]

    Aplícase aos instrumentos que serven para medir a diferenza entre dúas magnitudes, pero non os seus valores absolutos. Un exemplo sería o barómetro diferencial.

  4. [MAT]
    1. s f

      Incremento infinitamente pequeno dunha cantidade variable.

    2. diferencial dunha función nun punto

      Aplicación lineal de On en O tanxente a f no sentido que


      FORMULA


      dada f: U DO, U aberta de On. En coordenadas escríbese


      FORMULA2



      onde dxiÎ (On, O) é sacar a coordenada i. Dise que f é diferenciable se ten diferencial en calquera punto de U. A diferencial dá información para o estudo local dunha función como, por exemplo, no cálculo de extremos.

  5. s m [TECNOL]

    Mecanismo que se monta nos automóbiles para transmitir o movemento ás rodas motrices e que permite que, nas curvas, xiren á velocidade adecuada, é dicir, que a roda exterior xire máis rápido ca a roda interior. Un diferencial consta dunha roda con dentado cónico que se denomina coroa, no que engrena o piñón de ataque do eixe do motor. Dentro da caixa do diferencial hai montados catro piñóns, chamados satélites, que poden xirar libremente. Sobre estes piñóns, e en puntos diametralmente opostos, dúas coroas fixas, chamadas planetarios, engrenan con cada un dos semieixes aos que se suxeitan as rodas. Cando estas xiran a velocidades iguais, o conxunto móvese solidariamente, pero se unha das rodas se retarda, os piñóns comezan a xirar e a coroa unida á outra roda xira máis rápido. Nos diferenciais autobloqueadores, por medio duns discos de freo, todo o conxunto tende a comportarse como ríxido. En vehículos todoterreo móntanse diferenciais de bloqueo total, que dispoñen dun sistema de encravamento mecánico.

  6. s m [ECON]

    Diferencia que hai entre dous valores dunha mesma ou de dúas variables económicas, nun momento ou durante un breve período. Existen, entre outros, diferenciais dunha taxa de cambio, dunha taxa de interese entre dous mercados, dunhas rendas e da inflación.

  7. cálculo diferencial [MAT]

    Parte da análise matemática e, máis concretamente, da análise infinitesimal que trata de todas as cuestións relacionadas cos conceptos fundamentais de derivada (ordinaria ou parcial) e da diferencial dunha función. Considérase unha teoría conceptual, estendida tamén coa técnica de cálculo, que permite traducir as propiedades xeométricas e físicas do espazo de forma analítica.

  8. diferencial semántico [LING/PSIC]

    Atribución dun concepto a un punto dunha escala graduada do espazo semántico, é dicir, o ámbito dentro do que se pode colocar e cambiar de valor. Concepto que pertence á psicosemántica de Ch. E. Osgood; con sete divisións permite situar o termo nun espazo semántico n-dimensional, segundo a situación de fala e a función comunicativa máis relevante en cada caso. Despois de reducir algunhas escalas, as tres dimensións básicas que distingue Ch. E. Osgood son: potencia (forte, débil, etc), actividade (rápida, lenta, etc) e avaliación (bo-malo, etc).

  9. relevo diferencial [XEOG]

    Relevo resultante da erosión sobre as rochas de diferente dureza e estrutura.