"Irán" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 118.
-
-
1 ribeirego.
-
ribeirense.
-
-
PERSOEIRO
Poeta. Despois de residir en Italia (1521-1526), onde coñeceu a Bembo, Sannazaro e Ariosto, introduciu as formas renacentistas italianizantes en Portugal con Fábula de Mondego e a égloga Alexo (1527). A súa tarefa innovadora concretouse na introdución da comedia en prosa e na adaptación de novas estrofas e novos subxéneros. Escribiu tamén obras de tipo tradicional e alternou as linguas portuguesa e castelá, debido á pertenza, nesa época, de Portugal á coroa castelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor. Despois de debutar no filme La miel (1979, de Pedro Masó, iniciou unha destacada carreira que lle levou tamén ao medio televisivo. Das longametraxes en que participou destacan Valentina (1982), Si te dicen que caí (1989, Premio Goya ao mellor actor), Amantes (1991), Belle Époque (1992), La niña de tus ojos (1998) e El lobo (2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo montañoso do centro da illa de Honshū, Xapón, que acada a súa máxima altitude na cima Kitadake con 3.192 m.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Club de remo fundado en Moaña en 1993 tras a fusión dos clubs San Xoán e Nosa Señora dos Remedios. Gañou tres campionatos de España de traiñeiras (1961, 1996 e 1997) e dous de traiñeiriñas (1997 e 1998).
-
-
Relativo ou pertencente a Terra de Soneira ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Terra de Soneira.
-
-
PERSOEIRO
Químico e farmacéutico. Foi profesor en París e catedrático de Farmacoloxía da facultade de Medicina. Fixo numerosas investigacións sobre química farmacéutica, o que lle permitiu obter o cloroformo. Escribiu un Tratado de farmacia teórica e práctica (1936).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das orquidáceas, con raíz tuberosa, follas ovais ou elípticas e flores brancas ou verdosas, de pequeno tamaño e dispostas en espiral. En Galicia pódense atopar en lugares húmidos as especies S. aestivalis e S. spiralis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen é demasiado alto para a súa idade, fraco e pouco xeitoso.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estreito do Mar Vermello que comunica co golfo de ‘Aqaba, entre o extremo meridional da península do Sinaí e Arabia.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Moaña. Construída en estilo románico no s XIII, ten unha soa nave e ábsida de planta rectangular, que é do s XVIII. O arco triunfal é de directriz apuntada e con aresta viva. A portada principal está formada por tres arquivoltas de sección cuadrangular que se apoian en columnas acobadeladas con capiteis vexetais.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade Deportiva Tirán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canción e danza popular española, de compás 3/4 ou 6/8, que foi moi difundida na segunda metade do s XVIII.
-
CAPITAIS
Capital de Albania e do rrethi homónimo (300.000 h [estim 1991]). Está situada ao pé do Dajt, no inicio dunha chaira suavemente descendente ata o mar. É un centro cultural e económico. Ten fábricas de cemento, de maquinaria, de vidro e porcelana, de papel, téxtiles e alimentarias. Non se converteu nun centro importante ata que foi erixida en capital do novo estado de Albania en 1920.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rrethi de Albania (1.238 km2; 384.010 h [estim 1993]). A súa capital é Tirana.
-
-
Relativo ou pertencente a Tirana ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Tirana.
-
-
-
Poder dunha soa persoa exercido dunha maneira opresiva. Na evolución social e política da Grecia antiga representa un estadio de transición entre o dominio da nobreza (aristocracia) e o estado popular (democracia). O fenómeno da tiranía produciuse dunha maneira xeneralizada en todas as cidades gregas, a excepción de Argos e Esparta, a finais do s VII e durante o s VI a C, e en Sicilia no s V a C. A perda de poder da aristocracia terratenente, fronte a unha nova clase enriquecida pola industria e o comercio, a depauperación dos pequenos propietarios e a presenza de numerosos refuxiados provenientes de Xonia favoreceron que algún nobre, co apoio das clases máis desherdadas, tentase reunir nas súas mans todos os poderes efectivos. Para contrarrestar este feito, os tiranos protexeron os campesiños, diminuíron os impostos para favorecer os máis pobres e chegaron a cancelar as débedas. Destacaron as tiranías de Periandro en Corinto, de Clístenes en Sición, de Teáxenes en Megara, de Pisístrato...
-
Abuso opresivo de poder ou autoridade.
-
Dominio irracional que exerce unha paixón ou un afecto sobre a vontade de alguén.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao tiranicidio ou ao tiranicida.
-
Persoa que mata a un tirano.
-
-
-
Acción de matar a un tirano.
-
Doutrina que sostén a licitude da morte violenta do tirano. Admitida por escritores gregos e romanos, no s XII foi recollida por Xoán de Salisbury. Tomé de Aquino afirmou a súa ilexitimidade, pero pensaba que o castigo do tirano era competencia exclusiva das autoridades públicas. O pensamento político e xurídico do Renacemento distinguiu entre o exercicio opresor da tiranía e a súa falta de lexitimidade (ex defectu tituli). Os teólogos xesuítas precisaron a definición de tirano en función do deber de exercer o poder polo ben dos seus súbditos e xustificaron a resistencia armada contra o monarca tirano e o tiranicidio.
-