tiranicidio
tiranicidio
(< lat tyrannicidĭu)
-
s
m
Acción de matar a un tirano.
-
s
m
[HIST]
Doutrina que sostén a licitude da morte violenta do tirano. Admitida por escritores gregos e romanos, no s XII foi recollida por Xoán de Salisbury. Tomé de Aquino afirmou a súa ilexitimidade, pero pensaba que o castigo do tirano era competencia exclusiva das autoridades públicas. O pensamento político e xurídico do Renacemento distinguiu entre o exercicio opresor da tiranía e a súa falta de lexitimidade (ex defectu tituli). Os teólogos xesuítas precisaron a definición de tirano en función do deber de exercer o poder polo ben dos seus súbditos e xustificaron a resistencia armada contra o monarca tirano e o tiranicidio.