"Kola" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 100.
-
PERSOEIRO
Político e militar ruso. Membro dunha familia principesca rusa, foi embaixador en Polonia (1763-1769), á que converteu nun protectorado ruso, e gobernador de Estonia e Livonia (1794).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Director de orquestra. Dirixiu o Teatro Bolšoj (1964-1979), a Ópera de cámara de Moscova, fundada por el mesmo en 1974, a Filharmónica de Estocolmo (1974-1977; e desde 1991) e a orquestra da BBC (1978-1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora rusa. Das súas obras destaca Virineja (1925), unha das primeiras narracións sobre a emancipación da muller na Unión Soviética.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Químico físico. Investigou sobre cinética química, especialmente as reaccións en cadea e os estoupidos térmicos. En 1956 foille outorgado, conxuntamente con C. N. Hinshelwood, o Premio Nobel de Química. Escribiu Chemical Kinetics and Chain Reactions (1934) e Some Problems of Chemical Kinetics and Reactivity (1954).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. Coñecido como Sergej Nikolajevič Sergejev-Censkij, foi un dos representantes do realismo crítico. Con Sevastopol’skaja strada (Os tempos penosos de Sebastopol, 1937-1939) obtivo o Premio Estatal 1941.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dramaturgo ruso. Coñecido como Nikolaj Pogodin, describiu o traballo socialista e creou o tipo da nova sociedade. Destacan Poema o topore (Poema da machada, 1930), Posl’e bala (Despois do baile, 1932) e Aristokratakh (Os aristócratas, 1934), onde fala da reeducación de criminais mediante o traballo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Descubriu o principio do campo eléctrico rotatorio (1881), construíu alternadores e motores trifásicos, contribuíu ao desenvolvemento industrial da corrente alterna polifásica e patentou máis de 700 inventos. Posteriormente, en 1889, dedicouse á telegrafía, á telefonía e ás correntes de alta frecuencia, e ideou en 1892 a bobina que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político ucraíno. Primeiro vicepresidente do consello de ministros da URSS (1976-80) e membro do Politburó (1979-85), en 1980 sucedeu a A. N. Kosygin como xefe do goberno e colaborador de Brežnev. En 1985, unha vez instalado no poder M. Gorbačov, dimitiu por razóns de saúde.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Cantor romántico da revolución, as súas baladas Orda (1920-1921) e Braga (Néctar, 1921-1922) tiveron unha gran popularidade. A novela Vojna (A guerra, 1931) representa unha aposta máis decidida polo realismo socialista. Combinou a poesía coa prosa e foi un autor moi premiado, con obras como Kirov s nami (Kirov connosco, 1941, Premio Stalin 1942), Gruzinskaja vespa (Primavera xeorxiana, 1948, Premio Stalin 1949) e Šest’kolon (Seis columnas, 1969, Premio Lenin 1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Etólogo. Investigou a psicoloxía animal e estableceu o valor do estímulo como signo, no sentido de que os sinais transmitidos polos animais inclúen secuencias de conduta, que denominou mecanismo innato de liberación, relacionado coa existencia dunha unidade coordinadora no sistema nervioso. Destacan The Study of Instinct (1954) e The Animal in Its World. Field Studies (1932-1972). En 1973 recibiu, xunto con Konrad Lorenz, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor ruso. De familia nobre, a súa primeira novela foi Detstvo (A infancia, 1852), á que seguiron Otročestvo (A adolescencia, 1854) e Junost’ (A primeira xuventude, 1857). Analizou e denunciou a realidade da guerra en Sevastopol’skije rasskazy’ (Relatos de Sebastopol, 1855-1856), influenciado pola súa experiencia no Cáucaso e a Guerra de Crimea. A primeira viaxe a Europa (1857) levouno a formular graves problemas morais e filosóficos e a atacar a inxustiza social. Durante a década de 1870, moitos críticos e escritores menosprezaron a perfección formal e as investigacións literarias, e Tolstoj, que non se mostraba de acordo con esta postura extrema, tamén participou na literatura desde un punto de vista moralista. Esta época representa o momento culminante da súa arte. De novo en Jasnaja Pol’ana, dedicouse á educación dos nenos e dos campesiños, fundou unha escola na súa propiedade e outras ao redor do distrito, editou a revista Jasnaja...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Etnólogo e lingüista. Profesor na Universidade de Moscova (1915) e de Viena (1922), participou activamente nas tarefas do Círculo Lingüístico de Praga, onde se converteu nunha das figuras vangardistas da fonoloxía. En colaboración con Jakobson e Karcevski, redactou as teses, básicas para a fonoloxía, presentadas no Primeiro Congreso de Lingüistas da Haia (1928). Especialista en linguas eslavas, ugrofinesas e caucásicas, publicou Descrición fonolóxica da lingua rusa (1934) e Grudzüge der Phonologie (Principios da fonoloxía), publicado postumamente en 1939.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal ruso. Adheriuse á Revolución de 1917 e foi posto á cabeza do Exército Vermello. Fixo retroceder aos checos ata os Urais, loitou contra A. I. Denikin e comandou a ofensiva soviética na Guerra Ruso-polaca (1920). En 1937 foi un dos xulgados nos Procesos de Moscova e, acusado de traizón, foi executado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
č (Purtomazovo, Tver 1888 - Moscova 1972) Enxeñeiro aeronáutico ruso. Distinguiuse como construtor de diversos modelos de avións, militares e comerciais (modelos TU-114 e TU-144) e en 1933 proxectou o Maxim Gor’kij. Recibiu o Premio Stalin e o Premio Lenin (1957).
-
PERSOEIRO
Escritor ruso. Das súas novelas destacan Zizn i neobicajne prikljucenija soldata Ivana Conkina (As memorables aventuras do soldado Ivan Conkin, 1975) e Monumental’naja Prppaganda (Propaganda monumental, 2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
P’otr Nikolajevic Wrangel.
-
PERSOEIRO
Militar lituano. Oficial da garda imperial rusa, uniuse ás forzas antibolxeviques. Conseguiu numerosas vitorias na Rusia meridional e formou un goberno que foi recoñecido por Francia. Foi vencido polos bolxeviques no istmo de Perekop e en Sebastopol.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Monxe e teólogo ruso. De nome Xoán Sanin, fundou un mosteiro en Volokolamsk, preto de Moscova, en 1479. Defendeu a posesión de bens por parte dos mosteiros para fomentar a cultura, mentres que a pobreza tiña que ser individual, e a orixe divina do poder civil e propugnou unha Igrexa poderosa e aliada co tsar. Foi canonizado pola Igrexa Rusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Natali Wood, caracterizouse polo seu temperamento dramático. Destacou en Rebel Without a Cause (1955), The Burning Hills (1956), Splendor in the Grass (1961), West Side Story (1961) ou Brainstorm (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e matemático ruso. Fixo estudos sobre mecánica teórica e especializouse en aeronáutica e aerodinámica. Entre os seus resultados destaca o teorema que estableceu en 1905 sobre movementos dos fluídos, teorema que en 1902 deu a coñecer o físico alemán Martin Wilhelm Kutta (1867-1944), denominado teorema de Kutta- Zukovskij.
VER O DETALLE DO TERMO