"Lob" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 251.

  • Proteína presente nos eritrocitos dos vertebrados que ten como función fundamental o transporte de O2 aos tecidos. É a que lle dá ao sangue a súa cor característica. A molécula de hemoglobina está constituída por catro cadeas polipeptídicas (dúas cadeas α e dúas cadeas β). As dúas cadeas α teñen cada unha 141 residuos de aminoácido, e as β teñen 146, cada unha das catro cadeas contén, unido por forzas non covalentes, un grupo hemo onde o átomo de Fe+2 é capaz de combinarse de forma reversible ao O2 . A hemoglobina transporta o O2   desde os pulmóns aos tecidos, cáptao a través do sangue dos vasos capilares que están en contacto cos alvéolos do pulmón e libérano a través dos capilares tisulares, e transporta o CO2   desde os tecidos aos pulmóns para a súa eliminación. O grupo hemo tamén ten unha grande afinidade polo monóxido de carbono (CO), do que pequenas concentracións poden bloquear a fixación vital do osíxeno,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia anormal de hemoglobia no plasma sanguíneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico que se dá a un conxunto de alteracións hereditarias que comprometen a estrutura normal da hemoglobina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Presencia de hemoglobina na urina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista de humor satírico creada en Madrid en maio de 1972 polo humorista Chumy Chúmez. Xurdida en pleno declive de La Codorniz, foi unha publicación en que prevaleceron as ilustracións de gran tamaño sobre os textos, emulando ao semanario francés Charlie Hebdo. Apareceu durante unha suspensión administrativa da revista Triunfo, ambas pertencentes ao grupo Prensa Periódica. Ops, Forges, Perich ou Cándido foron algúns dos humoristas que pasaron polas súas páxinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos hilobátidos.

    2. Primate da familia dos hilobátidos.

    3. Familia de primates antropoides,  da superfamilia dos hominoideos, que se caracterizan polo seu talle pequeno, a presenza de calosidades isquiáticas e o gran desenvolvemento dos membros superiores, que chegan á terra  cando o animal está de pé. De réxime vexetariano, e exclusivamente arborícolas, habitan no SL de Asia e Insulindia. Son coñecidos co nome de xibóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • poliglobulia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Basidio típico, non septado, con catro esporas apicais, que é propio dos homobasidiomicetos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao ovo con segmentación total e igual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da área metropolitana e da provincia de Barcelona, Catalunya (239.019 h [2001]). Vinculado historicamente á cidade de Barcelona, o seu desenvolvemento económico e urbano está en estreita relación co da capital, pois debido ao seu carácter limítrofe converteuse nunha das primeiras áreas de expansión residencial e localización industrial periférica. Esta expansión desembocou nunha auténtica conurbación; malia todo, puido manter a súa identidade municipal, incluso cando en 1974 se integrou na entidade supramunicipal da área metropolitana de Barcelona. Do seu patrimonio cultural destacan as ermidas románicas de Santa Eulàlia de Provençana e de Bellvitge e as construcións industriais modernistas Can Serra e Can Espanya, declaradas Ben de Interese Cultural (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de primates, da familia dos hilobátidos, ao que pertencen os xibóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de insectos coleópteros, da familia dos curculiónidos, que acada uns 14 mm de lonxitude, de cor escura e antenas amarelas e negras. Causa grandes estragos na cortiza dos troncos tenros de abetos e piñeiros, mentres que as larvas furan as raíces mortas destes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vedra baixo a advocación de santo André.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Pontellas (Betanzos). Realizada en cachotería de granito, a súa planta achégase á forma dun L e conserva unha torre que sobresae en altura, remodelada a principios do s XX. Está rodeado por un muro e conserva construcións adxectivas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade situada no estado de Oyo, Nixeria (199.000 h [1996]). Situada á beira dun afluente do río Oshum, é un centro agrícola e comercial dunha área de sabana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cada unha das proteínas (A, M, G, D, E) que poden separarse por inmunoelectroforese do grupo das gammaglobulinas. Son producidas polas células plasmáticas e adoitan ter actividade de anticorpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á curva que une os puntos da superficie da Terra onde as variacions da presion atmosférica son iguais no mesmo intervalo de tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás isalóbaras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués, fillo do nobre Pero Soarez de Alvim e dunha dama galega, probablemente de Lobeira, na Baixa Limia; daquela, medio irmán do trobador Martin Perez Alvin e sobriño de Men Soarez de Melo, conselleiro de Afonso II. Activo entre 1258 e 1304, viviu na corte de Afonso II desde 1261 e despois na de don Denís, onde se relacionou con outros trobadores cortesáns, como Fernan Fernandez Cogominho, Johan Perez d’Aboim e Johan Soarez Coelho. Consérvanse da súa autoría 5 cantigas de amor (unha dialogada), transmitidas no Cancioneiro da Biblioteca Nacional de Lisboa -non no Cancioneiro da Biblioteca Vaticana por mor da súa acefalia- e un escarnio persoal conservado en ambos, todos rexistrados pola Tavola Colocciana. A ausencia do xénero de amigo pode deberse ao ton abstrato e intelectual do corpus deste autor. Así, o escarnio -retrato moral dun cabaleiro, que esconde unha crítica sutil e medida da corte e dos seus vicios- destaca pola súa singularidade no corpus...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Globulina que forma parte das proteínas do leite de vaca.

    VER O DETALLE DO TERMO