"Mali" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 112.

  • PERSOEIRO

    Atabeg de Damasco (1146-1174), fillo e sucesor de ‘Imād al-Dīn Zangī. En loita cos croatas, defendeu o condado de Edessa (1146-1150) e de Damasco (1154).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo internacional que ten como finalidade ditar as normas pertinentes para facilitar o intercambio de bens e servizos, e de desenvolver o traballo conxunto no campo intelectual, científico, técnico e económico. Creada en 1946, substituíu a International Standard Associaton (ISA), que fora fundada en 1926. Das súas propostas de normalización internacional destacan o sistema de transliteración de alfabetos non latinos (como o árabe, o grego, o cirílico ou o hebreo).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de ortonormal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ortogonalización que determina unha base ortogonal e normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordo firmado o 12 de xaneiro de 1988 en Vitoria-Gasteiz por Alianza Popular, Centro Democrático y Social, Euskadiko Ezkerra, Partido Nacionalista Vasco e Partido Socialista de Euskadi-PSOE. Nos 17 puntos dos que consta, os asinantes rexeitaron o uso de violencia e fixaron a erradicación do terrorismo como obxectivo común fundamental da acción de todas as institucións e forzas políticas. Destacaron a figura do Estatuto de Gernika como marco xurídico que debe utilizar a sociedade vasca para acceder ao autogoberno e regular a sua convivencia pacífica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía hereditaria consistente nunha alteración da forma do núcleo dos leucocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plan de normalización lingüística aprobado, por unanimidade, polo Parlamento de Galicia o 22 de setembro de 2004. Este Plan, no seu conxunto, está orientado a informar e a poñer en práctica unha serie de medidas -presenta catrocentas corenta e cinco propostas- que permitan a recuperación de falantes, unha maior dignificación da lingua e a súa asunción con naturalidade. A dirección técnica e redacción do proxecto, así como a supervisión e coordinación dos traballos das diferentes comisións sectoriais, foi asumida por unha comisión técnica formada por catro especialistas e presidida polo académico Manuel González; ademais formáronse oito grupos de traballo (comisións e subcomisións sectoriais) con máis de sesenta especialistas que se responsabilizaron da selección, definición e proposta do inventario de obxectivos específicos e de medidas ponderadas para cada un dos sectores en que se estruturou o Plan. Igualmente hai outras contribucións de persoas ás que se lles pediron achegas a través...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta perenne, de ata 60 cm de altura, co talo anguloso e as follas superiores lanceoladas e as inferiores oblongas cos bordos serrados, e flores azuis. Florece no verán en toda Galicia. É unha planta velenosa que produce ardor na boca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Famoso polos seus za ǧ al, o seu árabe dialectal, con numerosos mozarabismos, é unha fonte moi importante para o coñecemento da fala da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de liques, da familia das ramalináceas, en forma de arbustos laciniados, ríxidos ou colgantes, a miúdo moi sorediados, que se dan sobre a cortiza das árbores e sobre rochas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • renormalizable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que admite renormalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de cálculo empregada en teoría cuántica de campos e en mecánica estatística, que consiste en substituír os valores teóricos ou arbitrarios dalgunhas constantes físicas por valores realmente observables, mediante o chamado grupo de renormalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizadora cinematográfica e fotógrafa alemá. Coñecida como Leni Riefenstahl, comezou na danza. Da interpretación en Der Heilige Ber (1926) e SOS Eisberg (1933), pasou á dirección, onde amosou especial interese polo corpo humano. Dirixiu Das Blaue Licht (1932) e os documentais para o III Reich Triumph des Willens (1935) e Olympia (1936). Tras a Segunda Guerra Mundial foi considerada unha colaboracionista do réxime nazi. Dedicada á fotografía antropolóxica, fotografou a tribo nuba en África, que plasmou en Die Nuba von Kau (1973) e Mein Afrika (1982), e realizou fotografía submarina en The Coral Garden (1973). Publicou as autobiografías Memoirs (1987) e os documentais Die Macht del Bilder (1992) e Impressionen unter Wasser (2002).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actriz. Coñecida como Amália Rodrigues, está considerada unha das intérpretes máis importantes de fados. Participou nas operetas Rosa cantadeira (1944) e Mouraria (1946), no drama A severa (1955) e nos filmes Os amantes do Tejo (1955), Fado Corrido (1964) e As Ilhas Encantadas (1965). Da súa discografía destacan Mouraria (1945), Novo Fado da Severa (1953), Povo que Lavas no Rio (1963), Estranha Forma de Vida (1964), Lágrima (1983), Maldição (1992) e Segredo (1998). Recibiu o Premio MIDEM (The International Music Market) en 1967, 1968 e 1969.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, regado polo Guadiana e situado na chaira de Serena (4.339 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sultán aiúbida (1198-1218), irmán de Saladino I. Loitou contra os francos na Terceira Cruzada (1188). Á morte so seu irmán reconstruíu o imperio, que incluía Siria, Mesopotamia e Exipto.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente a Somalia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

      2. Natural ou habitante de Somalia.

      1. Relativo ou pertencente ao pobo somalí.

      2. Individuo do pobo somalí.

      3. Pobo de raza etiópica que vive en Somalia. Son gandeiros nómades de camelos, bois e años. Están islamizados.

    1. Lingua cuxita do grupo oriental do phylum afroasiático que se fala ao longo da costa entre Xibutí e Kismaayo, e que comprende varios dialectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de África Oriental, situado entre Xibutí ao NO, Kenya ao SO, Etiopia ao O e bañado polo Océano Índico polo L e S, e o golfo de Adén polo N (637.657 km2; 10.390.000 h [estim 2001]). A súa capital é Mogadixo.
    Xeografía

    Xeografía física
    O relevo está formado por chairas e mesetas desérticas, sobre a que se eleva ao N, nunha marxe abrupta, unha cadea montañosa que acada no Surud Ad, a 2.408 m, a súa maior altitude. As costas son baixas, areosas e rectilíneas no litoral do Océano Índico e rochosas no golfo de Adén. O clima é moi caloroso e desértico en gran parte do país, con pouca oscilación térmica estacional e diúrna e unha escasa pluviosidade. Os ríos son pouco importantes e teñen un réxime irregular. Os principais, con réxime regular, son o Jubba e o Shabeelle, que forman no seu percorrido os principais vales onde se asenta a poboación. Nas terras baixo-meridionais e nas zonas próximas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo protectorado británico (1887-1960) de África Oriental. Acadou a independencia en 1960 e integrouse no estado de Somalia.

    VER O DETALLE DO TERMO