"Mau" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 189.

  • GALICIA

    Político. Foi alcalde da Coruña (1890-1891 e 1893-1894), interveu no seu desenvolvemento industrial e realizou importantes melloras nas infraestruturas da cidade, como foi a creación da praza de María Pita, a instalación da iluminación eléctrica ou a realización da traída de auga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir, fillo do centurión san Marcelo. Foi martirizado xunto cos seus irmáns Fausto e Xauriano. A súa festividade celébrase o 30 de xuño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro, músico e pedagogo. Preocupado pola música electrónica, en 1928 creou un novo instrumento musical, as ondas Martenot, que ensinou a manexar no conservatorio de París (1947-1970) e que suscitou un grande interese entre os compositores de vangarda. Estableceu o método Martenot (1952), baseado na práctica do canto e o xogo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Cualedro, no concello homónimo. O seu cumio acada os 883 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade secreta político--relixiosa creada en 1948 en Kenya, no seo das tribos kikuiu, embu e meru. En 1952 organizou unha sublevación campesiña contra os propietarios británicos e asiáticos, como protesta pola enaxenación das súas terras en favor destes colonos brancos. A terrible represión dos británicos -que declararon o estado de sitio ese mesmo ano- contra os membros do Mau-Mau, concluíu coa detención (1952) de Jomo Kenyatta, presidente da Kenya African National Union e considerado como o seu líder, así como a desaparición do grupo cara a 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de São Paulo, Brasil, situada ao SL da aglomeración de São Paulo (364.968 [1998]). Posúe industria petroquímica e refinería de petróleo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Timor Oriental ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Timor Oriental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e enxeñeiro estadounidense. Foi o coinventor, xunto con J. P. Erckert, do primeiro ordenador e integrador dixital (ENIAC) en 1945. Construíu o EDVSC (1946), o primeiro ordenador comercial UNIVAC (1951) e o calculador de peto BINAC.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Christian-Jacque, a maioría da súa obra vincúlase co xénero historicista. Dos seus filmes destacan Le bidón d’or (1932), La Chartreuse de Parme (1948), Barbe-Bleue (1951), La seconde vérité (1966), La vie parisienne (1977) e Carné, l’homme à la caméra (1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Baden-Württemberg, Alemaña (3.339 h [1980]). Está situada preto de Heidelberg, na beira do río Elsenz, afluente do Neckar. En 1907 atopouse unha mandíbula fósil correspondente ao Homo heidelbergensis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Desenvolveu en Inglaterra a súa obra novelística e teatral. Describiu as miserias dos arrabaldes de Londres nas novelas Liza of Lambeth (1897), Mrs. Craddock (1902) e Cakes and Ale (1930). En teatro dirixiu The Land of Promise (1913) e The Letter (1927).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Chile, situado na rexión homónima (282 km). Nace nos Andes, na chaira de Maule, e desemboca no Océano Pacífico, en Constitución, despois de atravesar a Cordillera de la Costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Chile (30.302 km2; 922.843 h [estim 2001]). A súa capital é Talca.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor austríaco. Formouse na academia de Viena, onde posteriormente foi profesor. Influído por Giambattista Pittoni, pintou nun estilo rococó caracterizado por un sfumato vibrante e unha gran liberdade de concepto. Traballou en grandes decoracións en Austria, Bohemia, Moravia e Hungría.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán apagado situado en Hawaii. É o máis alto das illas e o seu cumio acada os 4.205 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • olcán en actividade das illas Hawaii (4.168 m). Situado no centro da illa e ten cinco cráteres, dos que destaca o Kilauea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor francés. Flaubert dirixiu a súa vocación literaria e Turgenev orientouno na técnica novelística. A primeira obra destacada, Boule de Suif (1880), levouno a dedicarse de cheo á literatura. Practicou un tipo de novela naturalista, onde destacan os relatos curtos La maison Tellier (1881), Contes de la bécasse (1883), Contes du jour et de la nuit (1885) e Le Horla (1887). Tamén publicou as novelas Una vie (1883), Bel-ami (1885), Mont Oriol (1887) e Pierre et Jean (1888), así como a peza teatral La paix du ménage (1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Estadista. Chanceler de Francia (1768), aboliu o parlamento de París (1771) e intentou establecer un goberno que eliminase calquera oposición á monarquía. Trala morte de Luís XV de Francia (1774) foi destituído.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático bretón. Enunciou o principio da mínima acción (acción 25), coñecido tamén como principio de Maupertius. Foi presidente da Academia Real de Prusia, pero abandonou esta carreira e trasladouse a Basilea, onde morreu.

    VER O DETALLE DO TERMO