"Mir" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 483.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Chantada. Románica do s XII, ten unha soa nave e unha ábsida rectangular. No testeiro atópase unha pequena ventá semicircular con columnas acobadeladas nas xambas. O arco triunfal é semicircular peraltado, elevado sobre semicolumnas pegadas. A nave ten unha cuberta de madeira a dúas augas mentres que a ábsida se cobre cunha bóveda de canón da mesma directriz que o arco triunfal. A portada principal e a sur están formadas por unha dobre arquivolta semicircular sostida por columnas acobadeladas nas xambas. A espadana é do s XVIII. A tradición conta que a igrexa se erixiu en lembranza dunha batalla librada no s IX entre Ramiro I e os normandos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta e crítico. Licenciado en Filosofía e Letras, especializouse en artes gráficas. Empregou o pseudónimo de Alejandro Finisterre. Foi colaborador de radio, televisión e prensa de distintos países. Fundou a revista Paso a la juventud (1946); xunto co poeta Rafael Sánchez Ortega, foi redactor xefe do xornal bilingüe L’Espagne e director da empresa editorial Ecuador 0° 0’ 0, Revista de poesía universal, en México. Amais, foi o inventor do futbolín. Publicou os poemarios Cantos Quintos (1946), Cantos esclavos (1948), Cantos rodados (1950), Café, coñá y puro (1956) e Rial (1964), entre outros, o ensaio Con, sin, sobre, tras la poesía (1959) e a peza dramática Del amor y de la muerte (1961). Como autor de antoloxías poéticas hai que destacar a súa obra Poesía de Galicia contemporánea (1961), acompañada dun estudo preliminar. Tamén realizou os estudios Seis danzas catalanas (1947), Historia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de boiardos de orixe tártara establecida en Moldavia no s XVII. Foron príncipes de Moldavia, Constantino (1685-1693) e os seus fillos Antíoco (1695-1700 e 1705-1707) e Dimitri (1710-1723); este último axudou a Pedro o Grande contra os turcos e destacou como historiador coa Historia incrementorum atque decrementorum aulae othomanicae (Historia da grandeza e da decadencia do Imperio Otomano). Escribiu tamén outras obras sobre Moldavia e Valaquia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cantante e compositor. Coñecido como Teo Cardalda, foi compoñente do grupo Golpes Bajos, xunto con Germán Coppini, na década dos anos oitenta. En 1983 formou o grupo Cómplices con María Monsonís. Colaborou con artistas e compositores de música rock e pop como José María Cano, Antonio Vega, Jaime de Urrutia, David Summers e os irmáns Urquijo. Realizou a banda sonora para a serie Nada es para siempre. En solitario gravou o disco Uno (1997) e entre os seus traballos discográficos co grupo Cómplices destacan Manzanas (1983), Ángeles Desangelados (1989), La Danza de la ciudad (1990), Está llorando el sol (1991), Preguntas y flores (1993), Básico (1994), Cousas de meigas (1999) e Cómplices (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Adscrito á escola barroca madrileña, inicialmente se dedicou á pintura relixiosa e realizou os frescos da igrexa de San Antonio dos Portugueses, do Palacio Real de Madrid, da catedral de Toledo, así como diversas versións de La Inmaculada. En 1671 foi nomeado pintor de cámara e especializouse no retrato. Influído por Velázquez e Van Dyck, a súa pintura caracterízase pola serenidade, a elegancia e a pincelada vigorosa. Entre as súas obras destacan os retratos de Carlos II e da raíña Mariana, do duque de Pastrana (1670) e do embaixador ruso Ivanovič Pot’omkin, e entre as súas últimas creacións, diferentes retratos de bufóns da corte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e músico. Estudiou a carreira de perito e profesor mercantil, e realizou estudios musicais na Coruña. Foi arquiveiro e bibliotecario na Asociación Musical Andrés Gaos e director da coral Galicia Nova. Como musicólogo publicou, entre outros traballos: Música popular galega e coros no ano 70 (1971), O romance popular galego e a nosa música (1972) e Dúas músicas galegas: a popular e a popularizada (1972). Escribiu a música para a peza de Manuel Lourenzo Edén, representada pola Escola Dramática Galega en 1980, e realizou a adaptación teatral de Paco Pixiñas e A nave espacial, sobre textos de Celso Emilio Ferreiro e Isaac Díaz Pardo para O Facho (1977), en colaboración con Xosé Manuel Rabón. Tamén traduciu varias obras: Conto dos cinco camiñantes, de I. García para Tespis (1979) e O retábulo da peste, de I. Bergman para O Facho (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor portugués. Diplomouse na Escola de Belas-Artes do Porto no ano 1968, onde despois exerceu como profesor. Recibiu unha bolsa da Fundação Calouste Gulbenkian e ampliou estudios na Saint Martin’s School of Fine Arts de Londres entre 1971 e 1973. A súa obra, de tendencia abstracta, céntrase na experimentación sobre os metais e a pedra, e no tratamento dos volumes. Entre os seus galardóns sobresaen o Gran Premio de Escultura de Vila Nova de Cerveira (1982) e o Premio de Escultura da Fundação Calouste Gulbenkian (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantautor. Comezou a súa carreira en Barcelona, onde   contactou coa nova cançò catalana. O seu repertorio incluía cantares de cego, poemas de autores como C. E. Ferreiro -por exemplo, María Soliña-, ou cantigas de Afonso X o Sabio. Deu recitais por toda a Península e en Francia. Formou parte do grupo Voces Ceibes e a finais da década dos setenta formou o grupo Doa, no que foi cantante e instrumentista. No eido teatral, compuxo a música para as pezas Entremés famoso sobre da pesca no río Miño (1973), Zardigot (1974) e Os vellos non deben de namorarse (1977). Na súa discografía destaca: Ti Galiza (1977), cos textos das cancións traducidos por vez primeira a todas as linguas oficiais de España, e Treboada (1978).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ramiro Casabella López .

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Foi presidente do Consello no 1893 e durante esta etapa, tomou duras medidas contra os anarquistas e rexeitou a separación entre Igrexa e Estado. Nomeado presidente da República no 1894, dimitiu un ano despois.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prenome de orixe eslava que procede da forma Kazimierz ‘grande no mando’, logo alterada en Kazimir ‘que destrúe a paz’. Na fin do s XVIII espallouse por todo o Occidente coa forma latinizada Casimirus. Houbo dous santos polacos de familia real que levaron este nome: san Casimiro (1458-1484), gran duque de Lituania, que se celebra o 4 de marzo, e san Casimiro (1609-?), patrón de Polonia e dos xastres.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Grande (Kowal, Cuiavia 1309 - Cracovia 1370) Rei de Polonia (1333-1370), fillo de Ladislao I. Puxo fin ás guerras contra a orde teutónica (Paz de Kalisz, 1343) e contra Xoán de Bohemia, que aspiraba á coroa polaca (Tratado de Višegrad, 1335). Reformou a lexislación polaca, fundou hospitais e colexios, e creou a Universidade de Cracovia en 1364.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Polonia (1444-1492). Da familia dos Jagellons, sucedeu o seu irmán Ladislao III. En 1440 foi elixido gran duque de Lituania. Entrou novamente en guerra coa orde teutónica, coa que asinou a Paz de Thorn en 1466, que lle valeu a posesión da Prusia occidental, mentres que a oriental quedaba baixo a súa vasalaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Polonia e gran duque de Lituania, fillo de Casimiro IV de Polonia e de Isabel de Habsburgo, tivo como preceptor a Xoán Dlugloss, o célebre cóengo de Cracovia coñecido como Loginos. Cando o seu irmán maior Ladislao foi nomeado rei de Bohemia, converteuse en herdeiro directo da coroa polaca. Durante a ausencia de seu pai ocupouse da gobernación de Polonia "2 Stone Sans";"2 Stone Sans"; ( 1481-1483 "2 Stone Sans";"2 Stone Sans"; ) . O Papa León X declarouno beato e Adriano VI decretou a súa canonización en 1522. Escribiu poesías latinas dedicadas á Virxe. Na arte iconográfica leva manto e coroa principesca e, como atributos persoais, unha azuzena, símbolo da súa pureza, e unha pluma de ave, símbolo do seu labor literario; ás veces, leva tamén un lirio na man e unha coroa aos pés para reflectir a súa renuncia a loitar pola coroa de Hungría. É patrón de Lituania e a súa festividade celébrase o 4 de marzo. "2 Stone Sans"; "2 Stone Sans";

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Polonia. Logo de casar coa viúva de seu irmán, chegou a ser coroado rei en 1648. Non obstante , en 1669 decidiu abdicar para entrar no mosteiro parisino de Saint Germain-des-Prés, onde chegaría a cardeal. Na arte iconográfica leva unha coroa e un cetro real tirados aos seus pés, como símbolo da súa renuncia á dignidade real. É patrón de Polonia e dos xastres. "2 Stone Sans";"2 Stone Sans";

    VER O DETALLE DO TERMO