"Most" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 99.

  • Antigo mosteiro situado na illa de San Martiño ou do Sur no arquipélago das Illas Cíes. A súa orixe relaciónase co mosteiro de Santa María de Oia. Documéntase en 1228 cando o Rei Afonso IX doou a illa ao mestre Pedro que vivía nela con outros ermitáns. Consérvase un pequeno pavillón.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro dúplice situado no Incio. De propiedade real, Vermudo II doouno en 991 ao abade de Samos, Mandino, que xunto ao seu irmán Vitiza o cedeu un ano despois para administración do propio mosteiro de Samos. A igrexa, de estilo románico, ten planta rectangular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Marín que pertencía á igrexa de Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abadía beneditina situada 50 km ao SL de Burgos. De estilo románico, foi fundada polo conde Fernán González (919). A igrexa, consagrada en 1088, foi refeita (s XVIII) por Ventura Rodríguez. O claustro (ss XI-XII) foi famoso polos baixorrelevos dos ángulos e pola colección animalística dos capiteis. Das obras de ourivaría que se conservan destacan un cáliz mozárabe de prata dourada (s XI) e o frontal románico de cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado na illa do Faro ou do Norte, no arquipélago das Illas Cíes. A súa orixe remóntase á doazón da illa que Afonso VII fixo ao mosteiro de San Salvador de Celanova (1152), que á súa vez deixou o privilexio do couto sobre ela ao mosteiro de San Salvador de Coruxo. Tras a reforma beneditina, San Salvador de Celanova cedeuno (1378) ao bispado de Tui, e despois adheriuse á regra franciscana. Debeu sufrir os ataques dos piratas ingleses na metade do s XVI, feito que propiciou a súa decadencia e ruína. O edificio conventual conservado, de planta rectangular e con dúas alturas, debeuse erixir durante a segunda metade do s XVIII e posteriormente recuperouse para converterse no Centro de Interpretación dentro do Parque Natural das Illas Cíes. En 1992 atopáronse no seu contorno restos dunha necrópole medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Sobradelo (Vilagarcía de Arousa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Coñecido como Xosé Guillermo, a súa obra é de raíz expresionista e mostra, en ocasións, a influencia do muralismo mexicano. Nos debuxos emprega as cores intensas e achégase, ás veces, ao surrealismo pero sen afondar no onírico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Abadía beneditina situada no País do Loire, Francia, na ribeira esquerda do Sarthe, no departamento homónimo. Fundado no s XI, foi incendiado polos ingleses (1425?) e reconstruído nos ss XV-XVI. Pertenceu aos maurinos. Suprimido durante a Revolución Francesa, P.L.P Guéranger restaurou (1833) a vida bieita. Foi centro dunha importante congregación e de restauración do canto gregoriano e onde se iniciou o movemento litúrxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro ortodoxo da Serbia, situado a 27 km ao SO de Rankovicevo. Fundado por Estevo I de Serbia (1183), as súas edificacións de mármore constitúen o mellor exemplo do estilo da Raska (mestura de elementos bizantinos e románicos). Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Folgoso do Courel. Afonso II o Casto pasou unha tempada nel, refuxiándose dos seus inimigos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • termostable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ás substancias, como os polímeros, que non se descompoñen nin cambian de propiedades ao variar a temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da termodinámica que estuda os sistemas térmicos en equilibrio baseándose en datos macroscópicos e que require que os procesos estudados non dependan do tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao ambiente que está a unha temperatura constante.

    2. Aplícase ao dispositivo que mantén constante a temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Regulador que permite manter constante a temperatura do interior dun recinto. Consta dun elemento termométrico que detecta as variacións de temperatura e acciona un órgano de mando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro situado en Triós (Pereiro de Aguiar). Documentado en 942, converteuse en priorado de Celanova en 949.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Páramo baixo a advocación de santa Eufemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mosteiro de monxes xerónimos situado en Cuacos (Cáceres). Fundado en 1402, destacan a igrexa, os dous claustros e o palacio onde Carlos V pasou os últimos 18 meses da súa vida (1557-1558). Foi declarado BIC en 1931.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Esterol que se obtén da levadura.

    VER O DETALLE DO TERMO