"OLP" (Contén)

Mostrando 12 resultados de 92.

  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como Randolph Crane, converteuse en prototipo do heroe do Oeste. Destacan os filmes Jesse James (1939), Western Union (1941), Colt 45 (1950), Comanche Station (1960), Guns in the Afternoon (1961) e Ride the High Country (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación musical creada en Celanova en 1975. Fundouse para promocionar a música na vila mediante concertos e audicións. Posteriormente crearon a Coral Polifónica Solpor, un grupo de baile e o grupo de teatro Solpor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Momento en que o sol se pon.

    2. Acción de ocultarse o sol no horizonte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome alemán de Slupsk.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pensador e escritor francés. A súa posición filosófica comportou unha explicación da historia a partir de leis equivalentes ás das ciencias da natureza. As súas investigacións centráronse no ámbito cultural e na súa morfoloxía. Destacan Le positivisme anglais (1864), Philosophie de l’art (1865-1869) e Les origines de la France contemporaine (1876-1893).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Contribuíu ao acceso ao trono de Luís Filipe de Orléans. Elixido deputado en 1830, dirixiu o partido moderado. Como ministro do Interior (1832 e 1834-1836) reprimiu a conspiración lexitimista da duquesa de Berry de 1832 e as revoltas republicanas de París e Lyon de 1834. Presidiu o Consello de Ministros en 1836 e en 1840, pero en ambas as dúas ocasións dimitiu por diferenzas de criterio co Rei Luís Filipe I. Chamado outra vez para dirixir o goberno en 1848, non puido salvar a monarquía. Despois da derrota francesa na Guerra Franco-prusiana, foi nomeado xefe do poder executivo da república, pero desa­migouse cos monárquicos e, en 1873, dimitiu.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico. Estudou as algas, das que descubriu o mecanismo da fecundación, e identificou as zoósporas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das asteráceas, con capítulos con flores provistas de lígulas de cor amarela e froito en aquenio con lanuxe. En Galicia florece, entre maio e xullo, en lugares areosos a especie T. barbata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico e médico alemán. Foi catedrático de Botánica da Universidade de Rostock. Dedicouse especialmente á anatomía e á fisioloxía, e descubriu os movementos do protoplasma celular, a individualidade das células vexetais e a orixe dos vasos leñosos. É autor de Physiologie der Gerwächse (1835-1838) e de moitos estudos monográficos sobre o mundo vexetal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Erlangen, Baviera 1835 - Berlín 1917) Economista. Na lei Wagner estableceu unha relación entre o desenvolvemento económico e social e as actividades crecentes da administración pública. Escribiu Finanzwissenschaft (1877-1901).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Ideou un interruptor electrolítico para alta frecuencia, coñecido co seu nome. Fixo investigacións sobre os tubos electrónicos, de raios catódicos e de raios X, e introduciu os metais alcalinotérreos no cátodo para mellorar a emisión electrónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador da arte. Estudou a arte italiana do Renacemento e o Barroco. Destacan Architectural Principles in the Age of Humanism (1949) e Art and Architecture in Italy, 1600-1750 (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO