"Oss" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 183.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(París 9.8.1905 - 16.8.2001) Escritor, pintor e escultor. Comezou os seus traballos artísticos en 1967, aínda que a sona internacional chegoulle en 1982 gracias á súa participación na Documenta 7. Participou no círculo literario de Rainer M. Rilke, André Gide, Pierre Bonnard e Georges Bataille, e colaborou cos realizadores cinematográficos Raúl Ruiz e Pierre Zuca. Traduciu e interpretou a Sade e a Nietzsche e escribiu Sade mon prochain (1947) e a triloxía Les Lois de l’hospitalité (1965).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Creta, preto da actual Candia (ou Hēráklion). Habitada desde a época neolítica (VI-V milenio a C), destaca polos palacios construídos durante a época minoica. Arthur Evans dirixiu as primeiras escavacións, a restauración da cidade e estableceu a súa cronoloxía. Os restos do primeiro palacio, construído cara ao ano 2000 a C, mostran influencias de Exipto e do Oriente. Ao redor dun patio rectangular situáronse unha serie de construcións illadas. Cara a 1700 a C un terremoto arruinou o palacio. A reconstrución mantivo como eixe central o patio ao que se abriron as distintas dependencias, unidas mediante columnas e escaleiras. As columnas eran de madeira pero tiñan base de pedra, o fuste era liso, de cor vermella, e a medida que se achegaba ao capitel facíase máis ancho. O capitel formábano unha moldura convexa e un bloque prismático. A cuberta dos edificios tiña forma de terraza. No lado O do patio situouse a zona administrativa e cortesá, na que destaca o salón do trono,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Rostock 1853 - Heidelberg 1927) Fisólogo, bioquímico e médico alemán. Investigou sobre as proteínas e determinou a súa acción nas bacterias. Identificou os ácidos nucleicos, illou a adenina e a guanina e descubriu a histidina nos espermatozoides. Tamén fixo traballos sobre a formación da urea, xunto con H. Dakin. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1910 polos seus estudios sobre química celular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Burkina Faso (13.177 km2; 217.866 h [estim 1997]). A súa capital é Nouna (16.014 h [1985]).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Monok, actual Borsod-Albaúj-Zemplén 1802 - Turín 1894) Político húngaro. Foi o principal líder da revolución democrático-burguesa de 1848 en Hungría, que proclamou a independencia e o nomeou gobernador presidente. Trala vitoria das tropas austro-rusas, exiliouse en Turquía e despois en Inglaterra e Italia.
-
PERSOEIRO
Pintor. Proxectou a decoración de Saint-Louis-des-Invalides e na cúpula pintou San Luís entregando a súa coroa e a súa espada a Cristo (1705). En Versailles decorou o Salón de Diana co Sacrificio de Ifixenia e o Salón de Apolo con A alborada. Realizou obras de pequeno formato coa técnica do claroscuro, como Moisés salvado das augas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Charles La Fosse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Modalidade da transposición de Hofman en que a descomposición dos acilos derivados (como o benzoilo), con axuda de bases como catalizadores forma os isocianatos, que se descompoñen e dan lugar ás aminas primarias.
-
FILOSOFOS
Filósofo ruso. O seu pensamento en lóxica propugnou unha teoría do xuízo a partir do contido dos conceptos e, en metafísica, expuxo un idealismo de orientación plotiniana. Das súas obras destacan Fundamentos do intuicionismo (1906) e Manual de lóxica (1921).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e político. Fundou a revista Blanco y Negro en 1891, na que incorporou as últimas novidades técnicas para a prensa gráfica, e en 1903 o xornal ABC. En 1909 creou o grupo Prensa Española. Moi ligado á monarquía e aos sectores máis conservadores do país, foi deputado nas Cortes (1893) e senador (1903). Foi condecorado coas grandes cruces de Isabel la Católica e Alfonso XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de lepidópteros, da familia dos esfínxidos, que se caracterizan por presentar unha espiritrompa moi longa, o que lles permiten tomar o néctar sen necesidade de parar o voo. Destaca a especie M. tStellatarum, bolboreta que voa durante o día e que se coñece polo zumbido que fai cando voa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Camiseta de cor rosa que leva o líder e o gañador do Giro de Italia.
-
GALICIA
Músico. Foi mestre de capela da catedral de Tui desde 1892. Na catedral tudense hai máis de 50 pezas súas, arranxos doutros autores e transcricións varias, entre as que destacan o Himno triunfal a la Santidad de León XIII, Tantum Ergo (1870) e Trisagio a la Santísima Trinidad (1880). Foi o instrutor musical de Xosé A. Veiga Paradís.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo estado do centro-oeste de Brasil (1.264.966 km2; 4.582.354 h [2000]). A metade N é tributaria da conca do Amazonas e a S do Paraguay. A maior parte do territorio está cuberto de selva. Destacan os cultivos de mate, café e arroz, e os xacementos de manganeso. Desde 1979 o estado quedou dividido en Mato Grosso e Mato Grosso do Sul.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Brasil (906.807 km2; 2.504.353 h [2000]). A súa capital é Cuiabá.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de Brasil (358.159 km2; 2.078.001 h [2000]). A súa capital é Campo Grande.
-
PERSOEIRO
Pintor. Foi discípulo de B. E. Murillo, e membro (1666-1673) e mordomo (1668-1669) da Academia de Pintura de Sevilla. Rematou os cadros do altar maior da igrexa dos capuchinos de Cádiz, que Murillo deixou sen rematar, e pintou San Felipe Neri adorando a la Virgen e San Cirilo de Alejandría.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno de emisión e absorción resoante de raios por núcleos atómicos. Cando un núcleo excitado libre emite un fotón, este sae cunha enerxía Ejj= E - R, onde E é a diferenza entre a enerxía do núcleo e os estados final e inicial, e R (R = E2 /2 cm2, sendo m = masa do núcleo) a enerxía coa que retrocede o núcleo para non violar a conservación do momento lineal; polo contrario, cando un fotón é capturado polo núcleo e este volve ao estado excitado, a enerxía do fotón é Ejj= E + R.
-
PERSOEIRO
Físico alemán. Estudou na Universidade de Múnic, onde se doutorou en 1958. Traballou no Instituto Max Planck (Heidelberg), na Universidade de Múnic, no Instituto de Tecnoloxía de California e dirixiu Instituto Max von Laue en Grenoble (Francia). Os seus estudos sobre as aplicacións dos raios gamma e os fenómenos de resonancia, iniciados en Heidelberg e en Múnic e continuados no Instituto Tecnolóxico de California, conducírono ao descubrimento do efecto que leva o seu nome. Efectuou mesturas no campo das partículas atómicas e verificou algunhas previsións teóricas de Einstein. En 1961 recibiu, conxuntamente con R. Hofstadter, o Premio Nobel de Física.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista francés. As súas aportacións pertencen a dúas vertentes fundamentais: os problemas monetarios, tratados en obras como Le système international de Bretton Woods (1948) e La politique monetaire (1971), e os problemas da economías socialista, en L’économie socialiste (1968).
VER O DETALLE DO TERMO